«Estaba a escoitarte en diagonal»
Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025

Candela Sierra, xunto á portada do seu cómic. / FdV
O pasado mes de marzo anunciouse a nova convocatoria anual do Premio Nacional de Cómic por parte do Ministerio de Cultura de España, motivo que trouxo novamente á mente a novela gráfica premiada o ano pasado, Lo sabes aunque no te lo he dicho (Astiberri, 2024), da autora malagueña Candela Sierra (Ronda, 1990). A Semana Santa parece un momento magnífico para recuperalo, non só polas ovellas que se mostran na cuberta, que tamén, senón porque -seguimos elixindo crer- se trata dun período de reflexión.
Lo sabes aunque no te lo he dicho é unha obra necesaria. Podería describirse como un retrato das miserias dunha sociedade capitalista, a nosa, ou simplemente como un anecdotario da vida actual. Con humor e capacidade crítica, Candela Sierra mostra o embiguismo imperante, a incapacidade de recoñecer o outro, a superficialidade das relacións de calquera carácter e todos eses trazos sintomáticos da (in)comunicación que define o tempo no que vivimos.
Múltiples relatos breves costumistas entrelázanse debido a casualidades, ben argumentais ou gráficas, compoñendo un crisol de historias «anticlimáticas» onde o importante non é tanto o que ocorre senón por que ocorre; o implícito sobre o explícito. Esta ausencia de xiros argumentais alimenta a súa sutileza expositiva, que brilla nos matices. Cunha narrativa pausada e contemplativa, atravesamos escenas onde posiblemente poderemos recoñecernos en situacións de certa estreiteza moral, dun narcisismo tan potente como involuntario. Ben, non involuntario, máis inconsciente e inercial. Porque talvez iso defina a «esencia» desta era; máis aló do ennui (ou, en chairo, apatía existencial), o enganche extremo á oxitocina e as redes sociais ou a precariedade expandida como esa Nada d’A historia interminable: a inconsciencia e a inercia que nos levan a comportarnos como auténticas ovellas. Unha abulia e o cansanzo constantes que brandimos desarmados como bandeira para eludir conflitos e, por tanto, compromisos.
O estilo de debuxo é limpo e sinxelo; evita o exceso de detalle para centrarse na expresividade. Unha simpleza elegante que en ocasións lembra o belga Olivier Schrawuen ou mesmo a Andrés Magán ou Joan Cornellá. A composición de páxina é bastante clásica, aínda que a rompe cos encadres, co uso do espazo en branco e mais a composición de viñetas, creando unha atmosfera lineal, moi da man coa elección narrativa da autora. A pesar diso, Candela Sierra emprega con soltura recursos gráficos e narrativos para potenciar a expresividade: desenfoca e deforma imaxes, inclúe metáforas visuais e chistes metalingüísticos nos que os personaxes se enfadan por fallos de rácord, sepáranse por causa dunha unha elipse ou desaparecen detrás de bocadillos ególatras.
Unha radiografía da sociedade actual entre deprimente e divertida, feita desde a experimentación visual con moito humor acedo.

Viñetas da BD «Lo sabes aunque no te lo he dicho». / FDV
Candela Sierra é a quinta muller gañadora do Premio Nacional de Cómic desde a súa inauguración en 2007. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Granada e cursou un máster especializado en cómic en Angulema. Asistiu ás residencias artísticas Maison des Auteurs en Angulema e á Fundación Antonio Gala, en Córdoba. En 2018 Candela gañou o premio á mellor película de animación do festival Notodofilmfest con Lingua et Veritate; en 2022 foi a gañadora do Premio Valencia de Novela Gráfica pola súa obra Rotunda, publicada en 2023 por Andana Gráfica.
Lo sabes aunque no te lo he dicho recibiu así mesmo a axuda á creación Injuve, foi nomeada ao Premio Miguel Gallardo á autora revelación en Cómic Barcelona e gañou o Premio Autora Emerxente de ACDCómic.
O Garaxe Hermético
O Premio de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético, creado en 2019, é un certame anual impulsado pola escola pontevedresa de cómic inicialmente xunto a Edicións Xerais, para promover as creacións en galego de novas autoras e autores nacionais. O galardón consolidouse como unha plataforma crave para recoñecer e promocionar talento emerxente, xa que a obra gañadora é publicada pola recoñecida editorial.
Nesta nova e última convocatoria, o VII Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, a escola asóciase coa Editorial Galaxia e crea dúas convocatorias diferenciadas: «Infantil e xuvenil» e «Adulto». Ademais, nesta última categoría, requírese que a obra presentada sexa unha adaptación da novela de Álvaro Cunqueiro Merlín e familia, publicada en 1955 pola propia Editorial Galaxia. Poderán presentarse ao concurso todos aqueles alumnos matriculados no terceiro curso ou os ex estudantes que acabasen a súa formación alí nos últimos catro anos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hallan muerta a la artista viguesa Seila Esencia tras dos semanas desaparecida
- Una familia británica ofrece casi 69.000 euros al año por cuidar de su perro y vivir en su finca
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Recupera 400 euros perdidos en el Álvaro Cunqueiro tras ser localizada por las cámaras la persona que los cogió del suelo
- Vende 4 pisos en 2022 y exige que se los devuelvan porque ahora son más caros
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Comienza la invasión militar en Vigo: el Ejército comienza a instalar el campamento en As Travesas