Nos lindes da pintura
«Andar por las ramas», a mostra de Manuel Eirís no espazo de arte SVT de Sirvent

Exposición «Andar por las ramas» de Manuel Eirís no espazo de arte SVT de Sirvent. / Eli Regueira
O espazo de arte SVT de Sirvent presenta en Vigo a mostra Andar por las ramas de Manuel Eirís. A exposición está composta por óleo sobre lenzo de formatos pequenos de recente realización.
O traballo de Eirís é moi autorreflexivo, con referencias a tradición da modernidade pictórica. O artista entende a actividade creativa ligada a unha intensa dualidade, marcada pola tensión entre a vontade de continuidade da creación pictórica e o seu cuestionamento, incidindo na maneira en como as formas mudan ao seren transportadas a contextos diferentes, cando se sae do marco en sentido conceptual e literal.
Para ese propósito o artista segue estratexias de produción artística que actúan sobre o soporte e o lenzo, desde o borrado á intervención pictórica sobre o soporte, entendendo o conxunto como unha serie prácticas que posibilitan pór en cuestión os diferentes ámbitos de ligazón co espazo concreto, apostando pola análise do impacto de contexto.
Na obra de Manuel Eirís a creación é froito dunha actitude reflexiva en que o importante é patentizar a vontade de crear un modo de pensamento que se encontra entre as premisas ontolóxicas e as formulacións empíricas, relacionado con aquilo que non resulta tan evidente e que alude á reflexión sobre o que podemos definir, parafraseando a Roland Barthes, como o «grao cero da pintura». Este proceso analítico faise inserindo diferentes camadas de pintura monócroma, que agacha a anterior.

Unha das obras da mostra. / Eli Regueira
O sentido da obra de Eirís, implícito no título da mostra, é o resultado do seu particular ollar, lateral e non alleo ao irónico, nunha permanente reflexión plástica e conceptual. Lonxe da perspectiva científica de matriz sociolóxica, o método de Eirís baséase na capacidade de concibir o mundo á maneira de tránsito entre vida e creación. Para iso utiliza unha engrenaxe conceptual ligada ás ideas de transitoriedade, tradición e memoria, reflexionando sobre o esencial do feito creativo.
O labor artístico de Eirís parte no esencial dunha dialéctica entre o espazo, obxecto e pensamento, complementándose cunha importancia relevante dada á acción e ao aspecto procesual da obra, ben representado na mostra, coa acción de traballar nos lindes da creación e na superposión de camadas pictóricas.
Referencias á tradición
Manuel Eirís propón unha formulación construtiva que deixa en esencia o paradoxo dunha pintura que se refuxia na súa propia ocultación, conforma a obra por superposición, xustaposición, repetición ou axuste. A utilización de referencias espaciais e cromáticas son citas que reforzan a idea de estrañamento a respecto de certos aspectos da modernidade. O artista sitúanos fronte a un tipo de traballo que parte dunha idea de reflexión do sentido vital máis fondo e que incide en análises de extrema actualidade, no formal e no temático. Unha obra que mestura o pulo vital, a memoria e o conceptual, partindo dunha reflexión intensa, todo realizado cunha acción plástica medida que funciona como resorte en primeiro termo para logo favorecer unha actitude reflexiva.
Deste xeito o artista afronta o feito creativo como un intento de dar solución a un reto (formal e temático) con fórmulas de intenso contido vivencial que funcionan como liberadores e enriquecedores, como pulo para se mergullar na comprensión e na interpretación do seu mundo e do seu tempo, producíndose unha interrealación de logros formais e desenvolvemento temático.
Mais en medio desa análise, a tradición da modernidade aparece como explícito territorio para a indagación sobre a pasado e o presente. Coas súas ligazóns o artista activa un particular ritual intimo que é reforzado polo contacto directo co lenzo e a cor, instrumentos que liberan o traballo da súa reclusión ao rachar os límites dos discurso ideolóxicos máis convencionais, sendo este o seu xeito de engulir e dixerir os discursos tópicos sobre a experiencia vital, expulsándoos, para así facer xurdir unha nova realidade, que poida ser fermento de novas formas de creatividade.
Suscríbete para seguir leyendo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- Indra contratará a 170 personas en Galicia y centrará en Vigo su centro de ingeniería para guerra electrónica
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Papá y mamá te acompañan: Carla Lago se estrena en la Vig-Bay tras perder a sus padres en dos años por inesperadas enfermedades
- El Nicolás Peña, el centro de salud joven y pequeño que cierra sus puertas para integrarse en el que será el mayor de Galicia