Futuros de arrepío
As distopías na gran pantalla

Fotograma de «Children of men» (2006).
Unha distopía é unha advertencia de como pode chegar a ser o futuro dunha sociedade se non transformamos, ou eliminamos, as tendencias do presente. Por iso, cando analizamos unha distopía, apenas somos capaces de extraer conclusións sobre como será o futuro, pero, en cambio, si podemos realizar certas afirmacións sobre como era o presente cando alguén imaxinou esa sociedade do futuro. Polo tanto, a distopía non trata dun posible futuro, senón dun presente real.
Un dos maiores acertos da longametraxe Children of men (Alfonso Cuarón, 2006) —baseada na novela homónima de P. D. James que retrata unha sociedade ao borde da desaparición por mor da infertilidade humana— radica na súa capacidade para readaptar no relato fílmicos referentes visuais recoñecibles polo espectador, xa que, por aquelas datas, os presenciou de forma moi recorrente nos informativos televisivos: estampas das torturas de Guantánmo, imaxes da guerra dos Balcáns, novas sobre a represión do colectivo inmigrante, disturbios na rúa, terrorismo yihadista, etc. É dicir, Alfonso Cuarón, compuxo un mosaico distópico a partir de pequenas teselas extraídas da realidade.
Este vínculo entre futuro distópico e realidade queda moito máis claro no final de O planeta dos simios (Planeta of the Apes, Franklin J. Schaffner, 1968) cando, perdón polo spoiler, ten lugar a «anagnórise» do personaxe principal (Charlton Heston). Ao descubrir a Estatua da Liberdade semi-enterrada na area, decátase de que en realidade non estaba noutro planeta, senón que se atopaba nun futuro arrasado pola guerra nuclear. Isto é, unha imaxe que fai retornar o espectador ao seu propio presente —daquela, a ameaza dunha guerra nuclear— e que, ademais, trae consigo a premisa do filme.
O uso irresponsable dos avances tecnolóxicos adoita ser un dos puntos de partida das distopías. Na literatura, un exemplo emblemático desta veta é Un mundo feliz (Aldous Huxley, 1932), pero na gran pantalla Metrópolis (Fritz Lang, 1926) é o gran fresco dunha visión futurista estremecedora, con esa cidade clasista, na que os señores gozan da súa vida na superficie mentres os escravos habitan nun inframundo cheo de máquinas terribles. Blade runner (Ridley Scott, 1982) ou Matrix (irmás Wachowski) inciden nesa temática que repara na deshumanización do individuo, moi presente tamén na serie británica Black Mirror.
Outro contexto inicial para o desenvolvemento dunha distopía atopámolo no poder, máis concretamente, no uso despótico do poder. George Orwell puxo a primeira pedra literaria na concepción dun mundo dominado por unha autoridade «ultracontroladora», o Grande Irmán, e que, décadas despois, o avance da tecnoloxía acabaría por converter nunha posibilidade máis que factible. A adaptación de 1984 realizada polo cineasta inglés Michael Radford foi estreada o mesmo ano ao que fai referencia o título da novela.
Pola contra, François Truffaut rescatou a obra de Ray Bradbury Fahrenheit 451 para profundar no abuso de poder desmedido pero remarcando a deshumanización da sociedade que, neste caso, era consecuencia da aniquilación da literatura. Esa concepción humanística incide na desvalorización do ser humano, privado do seu modo auténtico de pensar e de ser, e que se presenta como consecuencia última dunha sociedade distópica. Polo tanto, trátase máis ben dunha concepción moral por riba de todo. De aí que se nos presente, se cabe, algo insuficiente a definición que o diccionario da Real Academia Galega ofrece do termo distopía: «Mundo imaxinario que se considera como fortemente negativo», sen facer mención á deshumanización, mentres que o a Real Academia Española engade o matiz «causante da alienación humana».
Trump e «O conto da criada»
Hai unhas semanas fíxose viral un vídeo gravado no despacho oval no que un grupo de líderes relixiosos rezaba en torno ao presidente de Estados Unidos, Donald Trump, para solicitar «sabedoría e protección». A posta en escena deste momento pon enriba da mesa unha concepción teocrática do actual goberno estadounidense, como tamén a caricaturesca intención de elevar aos altares da divindade ao actual inquilino da Casa Branca.
Na década dos oitenta, a partir dunha visión feminista, Margaret Atwood describiu en The Handmaid’s Tale (O conto da criada), unha sociedade clasista, misóxina e deshumanizada a partir de referentes que semellaban situarnos séculos atrás. A versión televisiva emitida en formato serie converteuse nun «aviso a navegantes» sobre o que pode chegar a pasar cando un tirano aglutina tanto poder. Atwood pretendeu actualizar a distopía cunha secuela publicada en 2019 e cuxa adaptación vai ser estreada o 8 de abril en Disney+.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano