A moda é arte
O novo «kitsch» do exceso

A cantante Sabrina Carpenter na MET Gala 2025. / Justin Lame
O acontecemento mundial máis relevante no eido da moda é, sen dúbida, a gala do Costume Institute no Metropolitan Museum of Art de Nova York que se celebra anualmente o primeiro luns de maio. A convocatoria deste ano levará por título «Fashion is art» e pon en relación a semiótica de relevantes esculturas, pinturas e outras obras de arte con pezas de indumentaria téxtil e moda. A priori, o leitmotiv da festa non parece moi arriscado, dada conta da madura relación que existe na actualidade entre arte e moda, con esta última plenamente incorporada aos museos, á academia e ás universidades. Pero o que si agocha esta convocatoria é a vontade de procurar e salientar referentes estéticos contrastados da historia da arte e divulgalos entre a masiva audiencia da moda.
A sobreexposición ás noticias no que habita o século XXI provoca unha confusión estética nas audiencias e nos mercados. A revisión da historia por parte das novas xeracións provoca as relecturas de feitos pasados de acordo cos valores actuais e a cancelación de persoeiros ou feitos que antes eran paradigmáticos. As novas evaluacións do que é doado levan, ademais, un envoltorio formal ou estético que vén de ser construído pola acumulación de toda a información do pasado dende os ollos dos usuarios do mundo dixital. Así, o filósofo Gilles Lipovetsky, no seu último libro A nova era do kitsch, explica que nos atopamos nunha civilización do exceso onde nada é demasiado e predomina una nova forma de kitsch nas cuestión estéticas.
No cinema vemos títulos onde ese kitsch, ou estética de mal gusto trocada en paradigma global no novo milenio, aparece como preferida das audiencias. Por exemplo o film Sinners (2025) de Ryan Coogler narra una historia no delta do Mississippi ambientada en 1932. A escenografía, a fotografía e mesmo a interpretación dos actores é realista ou historicista até o momento en que, nun troco de realismo máxico, a cinta convértese nunha historia de vampiros daquelas chamadas de serie B. Ese kitsch absoluto do argumento levou o film a ser premiado en todos os certames incluídos os premios Oscar, pois coincide plenamente co gusto ecléctico dominante.
A moda, que na actualidade é o maior espectáculo do mundo, como outrora fora o fútbol, está tamén a experimentar o novo kitsch da civilización do exceso. As coleccións das casas de moda xa non son dúas ao ano, para outono/inverno e primavera/verán, agora hai ademais cruceiro, alta costura, prêt-à-porter e metiers d´art o que leva os mercados a viviren nun carrusel de presentacións e desfiles.
O negocio da moda é maduro, saturado, competitivo, contaminante e moi rendible, precisando captar sen fatiga a atención das audiencias. Daquela, os creadores e produtores publicitan sen acougo, sensacionais novidades de formas e cores, extraordinarias invencións de materiais e galopantes trocos estéticos para conseguir un bo posicionamento de mercado e abultadas vendas. Claro que os mecanismos para facer todo iso conlevan sangue, esforzo, suor e bágoas. O da moda é un eido perfecto para o novo kitsch do exceso.
John Galliano en Zara
O incesante troco dos directores creativos das grandes empresas de téxtil e moda fai que se nos fagan familiares nomes como o de Maria Grazia Chiuri, Demna Gvasalia, Pier Paolo Piccioli ou J.W. Anderson. O gran público con cultura de moda está tan familiarizado con estes personaxes efémeros como coas empresas para as que traballan que son históricos axentes da historia da moda, como Fendi, Valentino, Balenciaga ou Dior.
Un destes senlleiros, mais efémero, personaxe da moda universal é John Galliano, quen foi enfant terrible da moda británica logo do seu desfile de graduación na Escola Central Saint Martins de Londres. Foi ademais o brillante inventor do Dior do século XXI cos seus desfiles teatrais e os perfumes e bolsos debullados a partir das coleccións temáticas que se converteron an auténticas iconas da cultura pop. O perfume «J'adore» e o bolso «saddle» ou cadeira de montar a cabalo son algunas das súas xenialidades best-seller. Pero o reino de Galliano esvaeceuse por causa dunhas declaración antisemitas que fixera o xibraltareño en plena borracheira. Levoulle anos recuperar o prestixio co seu traballo discreto e marabilloso á fronte de Maison Margiela.
Agora, no baile kitsch de directores creativos, Galliano vai colaborar coa empresa galega Zara, levando a alta costura até as masas. Con Inditex o modisto xibraltareño vai facer unhas edicións de autor dúas veces ao ano sobre prendas dos arquivos da marca. A deconstrución e reconfiguración do pasado será a base para crear as prendas do futuro. Nunha sociedade do exceso non hai nada máis novo kitsch que as supervendas de Zara coa super provocación de Galliano, creando prendas intelectualizadas con vocación de cabalo gañador.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional