País e Constitución
A Transición española (e IV)

Cidadás participando no referendo constitucional, o 6 de decembro de 1978. / Mariscal / Efe
O 6 de decembro de 1978 o pobo español, en exercicio da súa soberanía, referendou a Constitución. Finalizaba así, na nosa estima, a Transición e abríase un longo proceso que rematou o 27 de xaneiro de 1994, cando o goberno González mantivo a súa política económica desoíndo os sindicatos.
Os pais da Constitución
Unha vez celebradas as eleccións, a primeira opción do executivo presidido por Adolfo Suárez foi presentar un texto elaborado, ben polo ministerio de Xustiza ben por un grupo de expertos nomeado polo goberno. Non obstante, a maioría parlamentaria logrou que o 1 de agosto de 1977 a comisión constitucional designase un grupo de relatores que redactaron o anteproxecto constitucional: Gabriel Cisneros, José Pérez-Llorca e Miguel Herrero Rodríguez de Miñón, pola UCD, Miquel Roca, pola minoría catalá, Manuel Fraga, por AP, Gregorio Peces-Barba polo PSOE e o comunista Jordi Solé Tura; aos que se veu sumar Enrique Tierno Galván, redactor do preámbulo.

Os «sete pais» da Constitución de 1978. / .
O anteproxecto da constitución publicouse o 5 de xaneiro de 1978 e aprobouse no Congreso o 21 de xullo e no Senado o 13 de outubro; secasí, as discrepancias entre o texto aprobado no Congreso e no Senado motivaron a creación dunha comisión mixta que presentou un novo texto aprobado o 31 de outubro. Finalmente, a redacción definitiva foi referendada polo 87,87% dos votantes, que representaban o 67,11% do censo electoral, o 6 de decembro.
Os debates constitucionais
Nas 29 sesións celebradas entre agosto e decembro de 1977 na comisión, así como nas sesións posteriores en Pleno, a forma política do Estado, isto é, a monarquía parlamentaria, nunca estivo en cuestión; de feito, afírmase que a monarquía é o símbolo da unidade e permanencia do Estado e desígnase como «lexítimo herdeiro da dinastía histórica» ao rei Xoán Carlos para pechar calquera discusión sobre a lexitimidade no trono.
Así mesmo, malia que non se cuestiona a iniciativa privada na economía, introdúcense unha serie de disposicións que son unha concesión ao socialismo: a posibilidade de planificar a economía, o obxectivo dunha xusta distribución da riqueza, a promoción das sociedades cooperativas, o acceso dos traballadores á propiedade dos medios de produción, a subordinación de toda a riqueza do país ao interese xeral e, entre outras, o establecemento dun sistema tributario progresivo.

Unha mesa electoral na xornada do 6 de decembro de 1978. / Efe
O 15 de xaneiro de 1978 Julián Marías, nese tempo senador real, publicou un artigo en El País no que abría o debate público en torno á cuestión da nación; nese artigo sostiña que non afirmar explicitamente que España é unha nación, equivalía a dicir que España non o era..., polo que finalmente o artigo 2 establece a «indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois»: unha concesión á dereita, mentres que a inclusión do «dereito á autonomía das nacionalidades» conforma unha deferencia cos nacionalismos periféricos.
Canto á fórmula «a soberanía nacional reside no pobo español», tal foi unha proposta de Jordi Solè Tura coa que aspiraba a conciliar a unidade co recoñecemento da realidade plurinacional española, expresada nas diferentes nacionalidades e rexións, polo que se establecerían dúas vías cara á descentralización territorial.
A Conferencia Episcopal mantivo una posición moi crítica co anteproxecto xa que consideraba que non incorporaba os valores morais propios do catolicismo, como a defensa da vida, a estabilidade do matrimonio e a protección da familia, e non recoñecía a importante presenza da fe católica na sociedade española, abrindo un debate que se resolveu na 3ª aliña do artigo 16, na que se establece a «aconfesionalidade» do Estado, sen chegar a empregar a forma clásica de «separación Igrexa-Estado».
Sen loitas non hai conquistas...
Entre 1978 e 1994 España asistiu a unha profunda transformación. Foron anos nos que se desenvolveu un sistema tributario progresivo; consolidouse o sistema sanitario público e universal; ampliouse o acceso á educación e democratizouse o acceso á universidade; estableceuse un sistema de pensións para protexer a vellez; ampliouse a cobertura fronte o desemprego; desenvolveuse unha ampla rede de bibliotecas e pavillóns deportivos..., medidas que levaron á redución da pobreza, o aumento da esperanza de vida e a plena alfabetización, condicións necesarias para a consolidación dunha sociedade democrática asentada na «liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político».
Fronte a eses avances sociais e democráticos, foron asemade os tempos da reconversión industrial e da precariedade laboral, que permitiron quebrar a capacidade de loita da clase traballadora. Así, unha vez desmobilizada aquela, puxéronse en marcha as reformas fiscais e laborais regresivas fronte a conquistas anteriores e establecéronse as condicións necesarias para frear dereitos recollidos na Constitución.
Suscríbete para seguir leyendo
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla