De camiño das urnas
A Transición española (III)

Primeiras eleccións da democracia, o 15 de xuño de 1977. / EFE
Alfredo Iglesias Diéguez
As eleccións celebradas o 15 de xuño de 1977 non xurdiron da nada: foron o resultado dunha serie de decisións políticas tomadas por un Congreso e un goberno que non saíran das urnas. Efectivamente, o 18 de marzo de 1977 aprobábase o Real Decreto-Lei no que se establecían as normas electorais que fixaron as eleccións que se celebrarían o, xa sinalado, 15 de xuño de 1977: primeira, o límite de idade legal para emitir o voto sitúase nos 21 anos, polo que deixaba sen dereito ao voto a unha parte da mocidade máis politizada á esquerda; segunda, por presión de Fraga, estableceuse a circunscrición electoral provincial, determinouse un número mínimo de escanos por provincias e unha distribución que priorizaba as provincias rurais -con voto previsiblemente conservador- que quedaban sobrerrepresentadas -vulnerando o principio de igualdade-; terceira, establécense candidaturas con listaxes pechadas; e, cuarta e totalmente decisiva, establécese que a distribución de escanos aos partidos que obtivesen máis do 3% dos votos -o que excluiría a moitas formacións-, se realizaría mediante a aplicación da lei d’Hont, un sistema que neutralizaba a proporcionalidade ao favorecer os dous partidos máis votados, unha concesión a Fraga -realmente a súa aspiración era o sistema maioritario-, que aspiraba á creación dun sistema bipartidista de tipo canovista.
Paralelamente, coa intención de garantir que as eleccións fosen aceptables para a maioría da sociedade española, o «sábado santo vermello», así quedou rexistrado na historia de España o 9 de abril de 1977, o goberno de Adolfo Suárez legalizaba o PCE. Era a expresión dunha estratexia ben definida dende os primeiros días da Transición: incorporar aos comunistas do PCE ao «diálogo social» pola súa representación no Congreso, non pola súa forza na rúa.
Ademais, era fundamental desligar ao PCE doutros grupos de esquerda, como a ORT, o PTE, a Liga ou o MC, que seguiron ilegalizados ante a celebración das eleccións, como tampouco foron legalizados os partidos republicanos -incluída ERC- nin o Partido Carlista, polo que os seus actos eran brutalmente reprimidos por unha policía aínda franquista. Porén, malia a súa vinculación co «terrorismo negro», non foron ilegalizados partidos como a Falange ou Fuerza Nueva.
A disolución da II República
Ao son de «Libertad sin ira», de Jarcha, e «Habla, pueblo, habla», de Vino tinto, e baixo as limitadas condicións democráticas existentes, o 15 de xuño de 1977 celebráronse as eleccións que tiveron como resultado o triunfo da Unión de Centro Democrático (UCD), o partido do goberno, con 165 deputados (dun total de 350) mentres que o PSOE obtivo 118 deputados, o que o situaba nun moi cómodo liderado da oposición, xa que a moita distancia quedaban o PCE (20), Alianza Popular (16), a minoría catalá (13, incluído Heribert Barrera, deputado de ERC que sorteou a ilegalización do partido presentándose nunha candidatura alternativa), o PNV (8), o PSP-US de Tierno Galván (6), unha candidatura aragonesista (1) e o vello falanxista Ortí Bordás, que acabou na Alianza Popular.
As Cortes saídas desas eleccións tiñan unha misión histórica: elaborar e aprobar o texto constitucional da nova realidade democrática do país.
Ao mesmo tempo, o 21 de xuño de 1977, apenas uns días despois de coñecerse os resultados electorais, o presidente republicano José Maldonado, xunto co xefe do Consello de Ministros Fernando Varela, declaran formalmente a disolución da II República, logo de recoñecer a lexitimidade das novas Cortes constituíntes e tras recoñecer cumprida a misión histórica de manter a lexitimidade democrática durante a ditadura franquista.

Os líderes políticos na asinatura dos Pactos da Moncloa. |
Os Pactos da Moncloa
O 8 de outubro reuníronse na Moncloa os comisionados dos principais partidos políticos representados no Congreso co obxectivo de concretaren un programa de reformas económicas e políticas, coñecidos co nome de Pactos da Moncloa.
Os acordos económicos, impulsados por Fuentes Quintana, establecían unha serie de medidas para o saneamento da economía en materia monetaria e de prezos, así como unha reforma fiscal progresiva, entre outros asuntos. Ademais, entre eses acordos establecéronse as directrices en materia educativa e de seguridade social.
Os acordos en materia política e xurídica, que non asinou Fraga, establecían os dereitos de reunión e asociación, así como os límites da liberdade de expresión en relación coa prensa e os secretos oficiais; así como a despenalización dalgúns dereitos relacionados coas mulleres e a anticoncepción, entre outras cuestións.
O 27 de outubro o Congreso tomou coñecemento deses acordos, que definiron o contido fundamental da Constitución de 1978, así como de dous documentos posteriores: os acordos coa Santa Sé (1979) e o Estatuto dos Traballadores (1980).
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia