Libros destacados da semana

FdV / FdV
VV. AA.
Beleza entre a violencia
A forma do mundo nas mans do artista
Lois Alcayde Dans
Galicia é territorio en constante transición e superposición de planos. Após 1975, os artistas plásticos atoparon nela un lugar onde a política resultou unha máis das problemáticas perspectivas dun mundo explicable máis polo seu mecenado que pola súa voz individual. Porén, non con Francisco Miguel.
El foi foi quen de atopar a liberdade para dicir unha maneira de estar no mundo. A súa vida e a súa pintura quedaron atravesadas por unha circunstancia tráxica que condicionou a forma na que foi lembrado: a súa condición de vítima da violencia da Guerra Civil acabou por eclipsar a lectura da súa obra. Velaí, pois, o paradoxo dun creador con presenza nos círculos internacionais da vangarda, mais apenas estudado na súa propia tradición.
Na xeografía de noso, a obra do pintor tivo un lugar na Casa da Felicidade, aquel pequeno paraíso de Santa Cruz, en Oleiros. Entre ese lugar e revista Alfar, o artista foi evoluíndo cara a unha pintura cada vez máis reflexiva. De feito, a súa estancia no París dos anos 20 funcionou como unha porta de entrada directa ao clima artístico europeo, mentres que os anos posteriores en América ampliaron ese horizonte.
A súa pintura avanzou cara o íntimo, construída a partir da liña e dun particular sentido do estrañamento. Nas súas obras aparecen paisaxes mariñas, obxectos naturais ou escenas aparentemente sinxelas. Porén, ao reorganizarse no espazo pictórico, adquiren unha atmosfera inquedante, aínda máis sabendo da traxedia que veu despois. Esa tensión entre o recoñecible e o misterioso achéganos ao realismo máxico.
Detido tras o golpe militar, Francisco Miguel foi asasinado o 28 de setembro de 1936. Durante décadas os seus restos permaneceron nunha foxa común ata a súa recuperación recente pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. O verdadeiro reto consiste en devolverlle á súa obra o lugar que lle corresponde e a isto contribúe esta nova achega de Carlos L. Bernárdez, quen acerta por brevidade, concisión e cariño, sumo cariño, para entender a Francisco Miguel e mais o seu mundo. Neste sentido, este traballo de investigación revisa e contextualiza a súa produción artística, amén de ser un paso decisivo para a súa divulgación.
Directa, sincera, dura
Da palabra e da dignidade
Xosé Feixó
Da cor do leite, de Nell Leyshon, recoñecida novelista e dramaturga británica, publicada agora por Rinoceronte, en tradución ao galego de Estela Villar, é a confesión, en primeira persoa, de Mary, moza labrega adolescente na Inglaterra rural de 1830. Con voz directa, sincera e dura, relata un ano decisivo da súa vida, marcado pola pobreza, o traballo duro e a violencia cotiá; situación que cambia cando vai servir á casa do vicario para coidar da súa muller enferma. Descobre un mundo novo e máis refinado, pero tamén cheo de silencios e desigualdades.
A relación coa muller do vicario dálle por primeira vez un espazo de afecto e recoñecemento. O propio vicario ensínalle a ler e escribir, co que isto significa, abríndolle as porta á expresión verbal e á liberdade intelectua; e esa mesma aprendizaxe convértese para ela nunha arma de poder e autonomía cando o vicario quere abusar dela, aproveitando a súa vulnerabilidade.
A novela avanza cara a un final inevitable: Mary decide contar a súa historia con crueza e sen adornos, deixando por escrito o que lle pasou. A súa voz, inocente e firme, convértese nun acto de resistencia fronte á inxustiza e á opresión; unha denuncia poderosa das estruturas patriarcais e de clase, e, ao tempo, a celebración da palabra como refuxio de dignidade.
Amor e destino
Calidade literaria, compromiso
María Navarro
Diríase que a historia do lendario expedicionario irlandés E.H. Shackleton foi a faísca que prendeu a concepción da obra gañadora do XVIII Premio Raíña Lupa e na que a súa autora, Rosa Aneiros, presenta dunha forma orixinal o desenvolvemento vital dunha familia na que non faltan os desencontros, doenzas perpetuas, devoción pola Antártida...e tamén moito amor, pouco convencional pero si moi xeneroso, porque «o amor non reside na proximidade física nin nas ataduras férreas senón na liberdade máis absoluta» para deixar que cada un elixa o seu propio destino.
Tras numerosas investigacións, a científica Olalla Caínzos decide emprender unha expedición á Antártida e con iso a afastarse da súa familia, os que fican na casa e que deberán aceptar a marcha, algo que non é doado para a adolescente que se rebela contra un mundo que non entende, cunha imaxe da súa nai ausente que adora na intimidade e que non soporta cando outros ollan.
O relato en primeira persoa, a estrutura circular, a conciencia ecolóxica, a presentación do amor, máis alá da visión romántica, e o uso dunha lingua actual fan de Unha historia de amor como outra calquera un texto que devén de certo paradigmático no eido da narrativa galega dos nosos días.
O prezo da represión
Unha xoia no esquecemento
Pilar Ponte
Referencia do teatro underground, especialmente nos USA, nado en Xeve en 1925, considerado un maldito polo franquismo, José Ruibal sería pioneiro da temática da Guerra Civil española na nosa literatura de terse publicado a súa obra composta arredor de 1950. Galaxia saca á luz agora estas dúas narracións inéditas, Triquiñóns e 18 días á sombra. O volume conta cunha introdución de X.E. Acuña que nos achega o contexto histórico do autor e a súa experiencia vital no exilio. O escritor reflicte a violencia executada no Concello de Xeve en tempos de represión e nomeadamente a narración do asasinato colectivo executado nas Barronqueiras.
Violencia de todo tipo executada e sufrida por personaxes ficticios pero dos que, cando menos dalgúns, se ofrecen datos abondos para poder deducir de quen se trataba en realidade. Extorsións, redes de corrupción, colaboracionismo entre alzados e virachaquetas, o contrabando, personificado no personaxe de Coitelo, o estraperlo (sobre todo o da fariña) ou o negocio das trampas aos seguros incendiando as casas previo baleirado dos obxectos de valor como método de subsistencia dos pobres completan a temática da obra na que, máis unha vez, o papel subordinado da muller está ben presente a través das extorsións e dos abusos sexuais.
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo