Unha paixón privada
Na cámara das marabillas

San Sebastián de Guido Reni (ca.1615). / Museo de Strada Nuova (Xénova)
Román Padín Otero
O profesor Xosé Manuel Buxán trae o seu universo ao Museo de Pontevedra nunha mostra arredor das representacións de San Sebastián. A simboloxía desta icona do homoerotismo aparece na sala a través da visión de múltiples artistas nunha convocatoria de non perder.
Hai creadores como os cineastas Luchino Visconti ou Wes Anderson que nos levan polos tópicos estéticos ao longo das súas produccións, concibindo un xeito de narrar que constitúe parte da historia mesma. Non podemos pensar en Visconti exento de preciosos interiores ou vestiarios suntuosos. Non podemos pensar en Anderson exento do seu ritmo cómico característico nin do xogo de cámara das marabillas propio da súa mirada.
Tal é o caso do profesor Buxán quen, dende una perspectiva estruturada e académica, aborda as cuestións gais, lésbicas, bisexuais, trans, queer, intersexuais e diversas aportando contidos de data e procedencia varia, pero sempre cohesionados pola súa «joie de vivre», espírito integrador e leve estética camp.
Buxán xa nos levou pola arte de xénero e as cuestión gais e lésbicas na súa senlleira mostra Radicais libres que se celebrara no auditorio de Galicia de Santiago de Compostela no ano 2005. Daquela, un cumio de obras de arte de creadores galegos e portugueses foron seleccionados por Buxán para contar a moi complexa e combativa arte de narrativas homoeróticas, feministas e doutras sensibilidades.
Entre a magnífica e ecléctica selección atopabamos obras do pintor Gabriel Morcillo ou do escritor Eduardo Blanco Amor. Tamén pezas do artista multimedía Vasco Araújo ou da artista Azucena Vieites. Aquel encontro coas afinidades electivas de Buxán foi una magnífica obertura para a obra (ópera) magna que haberá de ser o seu corpus ecléctico e intertextual arredor da aparencia, identidade e representacións dos homes, as mulleres, os andróxinos e os mitos.
Despois, no 2017 e en Santiago de Compostela de novo, presentou no CGAC o seu arquivo de fotografías atopadas nos mercados de vello. Buxán, como bo flaneur, pasa moito tempo camiñando polos mercados e anticuarios de toda Europa. E como bo coleccionista curioso, ten un certo interese por todas aquelas representacións que non constitúen o principal, o xa coñecido, da historia da arte.
A mostra chámabase Bañistas: fotografías encontradas 1880-1963. Era unha sorte de literatura en cadáver exquisito, pois Buxán foi seleccionando retratos de parellas de homes vestidos con roupa de baño en distintos enderezos, e logo diso debullou un guión con contidos sentimentais e biográficos a partir das imaxes dadas: unha encantadora proposta que fusionaba arte de vangarda e coleccionismo para contar a historia borrada dalgunhas relacións sentimentais esquecidas voluntariamente por causa dos complexos burgueses, as relixións e as convencións sociais.
Agora chega Buxán ao museo de Pontevedra con San Sebastián: corpo de beleza e dor, unha paixón privada. Nesta mostra aprehendemos as variadas e fascinantes representacións do santo ao longo da historia en diversos soportes, dende gravados até portadas de publicacións.
O que se aprecia é o reduto de sensualidade que conformou a imaxe do santo cravado con frechas e a natureza privada da apreciación destas representacións que formaban parte en moitos casos dos gabinetes reservados nas bibliotecas e os salóns. Agora San Sebastián -só e un, en primeiro plano, con anxos, coas santas mulleres ou noutros escenarios-acércase a nós en liberdade e baixo a luz do día.
O martirio e Sebastiane
A estrea de O martirio de San Sebastián de Claude Debussy en 1911 no teatro do Châtelet en París foi un grande escándalo. Quen interpretaba o santo era unha muller xudía, a bailarina Ida Rubinstein, e o seu andróxino e marmóreo corpo levantou a ira do arcebispo de París, quen pediu aos católicos que non foran ao teatro. Malia esa estrea fracasada, a obra de Debussy segue a formar parte do repertorio máis doado. Esa peza forma parte da cámara das marabillas da arte.
Anos despois, no 1976, Derek Jarman dirixiu o filme Sebastiane que narraba con estética camp a biografía do santo como gladiador no século IV baixo unha perspectiva queer e homoerótica. A cinta foi moi aplaudida pola comunidade gay. Certo que o filme non foi prato de cine de masas pero si puido impulsar o cinema británico de temática LGTBIQ+ e foi a semente do premio Sebastiane no festival de cine de San Sebastián. Daquela outra peza de cámara das marabillas da arte
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo