A intensidade mata
Os discursos de Oliver Laxe

Oliver Laxe nos Bafta. / Tolga Akmen | EFE
Fálase moito de Oliver Laxe e mais da súa pelicula Sirât, un filme que conta con importantes premios e nominacións. Pero a pesar destes recoñecementos, hai moitas críticas aínda sobre o director. E cal é o motivo para que un cineasta con tanto éxito sexa tan cuestionado? Sabemos que o éxito desperta o peor de nós. Sucede, entón, por iso ou, acaso, é polos contidos do discursos do propio Laxe?
Deberiamos alegrarnos de que un compatriota triunfe internacionalmente. Porén, parece que Oliver Laxe incomoda a bastante xente. Por que? Molesta porque se pasea polo mundo co chándal de andar por casa, sen peitearse e como se fose un espírito inspirado que acaba de botar unha sesta debaixo dun castiñeiro? Perturba porque fala como se a ansiedade non o controlase e habitase nunha burbulla atemporal? É polo que di ou pola forma na que di o que di, tal e como se a súa ferralla mental fose o equivalente ao pensamento transcendente da maioria, unha maioría que se pregunta que pensa este tío cando se esforza moito —ou pode que non se pregunten nada—. Molesta porque fala de cousas utópicas?
Tal vez sexa porque no seu discurso asoman as súas lecturas filosóficas, «o invisíbel é máis real que o visíbel», e iso que xa hai tempo que desterramos a filosofía do sistema educativo? Pode que se trate de que di cousas complicadas, e mentres te suspendes para pensar nelas perdiches o resto da entrevista. Ou, se cadra, acontece que subliña cambios necesarios, con aires visionarios, espiritualidades, liberdades urxentes e medos que requiren valentía. Que condena a Igrexa católica!: ten o patrimonio exlusivo da consciencia espiritual e non se pode mentar a espiritualidade sen pensar nela.
Xa sei: é porque fala de dignidades, da morte digna? Ou da vida digna, dos condicionamientos que nos escravizan, das angustias existenciais, das dificultades do cambio no ser humano, da necesidade dunha mirada introspectiva, de mirar dentro. Pero se só sabemos mirar fóra!: un despropósito coa cantidade de cartos que gastamos nas guerras para deshumanizar a mirada. Ou será que incomoda porque di que o cinema é demasiado fálico, demasidado retórico? Porque di «demasiado» demasiadas veces? Porque fala de sentir a finitude, de apreciar a propia morte?
Laxe diserta da vida con maior nitidez e tranquilidade. Sinala que hai que saír das dialécticas protectoras: a súa aparente serenidade e mais a neurose fano construír esa imaxe. Afirma que hai que vivir máis desapegados. Explica que o contacto coa natureza é o antídoto da soidade. Ten a idea disparatada de que é dificil serenarse para a morte cando non tes unha visión sagrada da vida. Que hai que profundizar nunha mirada mística sobre un, o sexo e o universo. Entende, en fin, da dimensión da alma. Cita a Rumi...
Ah, non! O problema está en que resulta moi intenso… E tanta intensidade non acompaña os ritmos das pantallas, a realidade infinita das redes, eses espazos tan cargados de sentidos. Hai que ser superficiais e imbéciles; así podemos facernos moitos selfis para identificarnos narcisistamente con eles e mirar as series de Netflix e esquecelas axiña para poder ver a seguinte, aquí non hai tempo nin necesidade de pensar! Sobra quen pense por nós.
Temos que ser menos intensos para ser capaces de non respectar a vida nin a ninguén, para anestesiar o corpo e a mente co que sexa e practicar sexo dende os trece anos para satisfacer unha conduta consumatoria sen máis, puro pracer orgásmico para a vida.
A ver se vai ser polo do pan Bimbo. Claro, Oliver: non se pode ofender as tradicións gastronómicas dun pobo. Bendita intensidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas