«A Semente do Caos», o novo disco de Urko
Oito novas cancións coa marca da casa chantada no espírito e nas sonoridades do metal pesado dos anos 90

Os tres de Urko. / FdV
V. Neira
A banda metaleira Urko acaba de publicar o seu novo disco, Capítulo II: A Semente do Caos, un traballo que vén completar, e continuar, a súa carta de presentación, Capítulo I: Retorno do Abisal, co que debutaban no 2024.
Aquí preséntannos oito novas cancións inéditas e coa marca da casa chantada no espírito e nas sonoridades do metal pesado dos anos 90, cun son tremendamente enérxico, lembrando os clásicos mais marcando o territorio con trazos de personalidade ben propia e asentada na experiencia dun trío que xa ten moito escenario sachado en bandas anteriores: Mario César (Túzaros, Invivo, Deseqilibrio Mental) nas voces e guitarra, Pat (Medomedá, Biribirlocke, Flúe) no baixo e voces e Rafa «Fulas» (Tungsteno, Flúe) na batería.
O disco conta coas colaboracións de Mini Rivas, José Ledo, coa súa guitarra, en «Flor de Lirio» e David Nández, ao piano en «Conta atrás», mentres para a produción contaron, de novo, con traballo de Diego López.
Oito cancións nas que se fai evidente a calidade dunha desas propostas nas que penaliza ser e vivir nun país que consume moito metal pero que non acaba de espertar para facerlle caso a grupos que, como Urko, pouco teñen que envexar a propostas foráneas que venden todo o papel nos nosos festivais.
Un disco que nos agasalla pezas dunha feitura metaleira sobresaínte con títulos como «A verdade absoluta», «Flor de lirio» ou a nosa preferida e fantástica «Pico sacro» que, asemade da súa eficacia e solidez, presentan textos de moi considerable calidade lírica poñendo a man no centro dun discurso social, crítico e humano que lle confiren ao disco unha ben merecida atención.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas
- «Cuando el intestino lo tenemos bien, las arrugas aparecen más tarde»
- Todos los MIR de último año de Medicina de Familia se interesan por trabajar y ocho aceptan incorporarse ya
- De rozar el 9 en Bachillerato a una FP
- Lisboa anuncia un acuerdo para reemplazar las tripulaciones portuguesas en la pesca por marineros indonesios