Música e subversión
Corcheas para a liberdade

The Clash.
V. Neira
Música e subversión sempre foron da man. A música como ferramenta de resistencia e resiliencia, como martelo implacable e, así mesmo e/ou en consecuencia, motor de cambio social e de denuncia.
Nun mundo baixo o poder de quen nos prefire homoxéneos, mansos, controlados e calados, as cancións poden conformarse como mudanza e alicerce de sociedades; ou, polo menos, axeitalas máis sensibles e empáticas.
A historia está chea de exemplos: velaí o Taki Unquy nos Andes do século XVI, rexeitando o cristianismo e mais a ocupación española en Perú a golpe de canto e de emocións. Himnos como A Marsellesa (1795) ou A Internacional (1871) como ventos de movementos sociais, obreiros e de clase e que aínda a día de hoxe funiciona como vitamina historicamente imprescindible.
O blues do Mississippi contra a opresión racial. Aquela «Strange Fruit», na voz de de Billie Holiday en 1939, protestando contundentemente contra o racismo e mais os linchamentos de afroamericanos nos Estados Unidos daqueles tempos, a que nos soa?
Tamén a mesmísima canción de autor española dos 60 e 70, erguendo a voz e armando metáfora contra a ditadura franquista e coa luz de cantautores como Joan Manuel Serrat, Lluís Llach, Raimon, Luis Eduardo Aute ou grupos como Jarcha empregando a música para clamar pola liberdade, a chegada da democracia e incluso poñendo no centro do discurso asemade as línguas silenciadas entre censuras e detencións.
Como asemade o folk americano, a denunicar as inxustizas sociais, a pobreza, a desigualdade e mais as políticas gobernamentais desde a Gran Depresión, con pioneiros como o santo Woody Guthrie, Pete Seeger ou figuras posteriores e tan popularmente veneradas como Bob Dylan, influíndo en movementos sociais, globais, pacifistas e de dereitos civís.
A canción de protesta latinoamericana, Víctor Jara, León Gieco, Mercedes Sosa ou Silvio Rodríguez, por citarmos algúns nomes xa símbolos de loita contra a represión: incluso aquel xenial, incontrolable e tan imposible de etiquetar Charly García, falando dos dinosauros en nome de todas aquelas e aqueles que desapareceron por seren militantes, artistas, escritores ou pensarem diferente do que a ditadura de Videla propoñia naquela Arxentina desangrada do 76 ao 83.
Ou eis aínda o punk do 77, ouveando alto dende a Inglaterra de James Callaghan e xa adoecidos con aquela Margaret Thatcher, a golpe de distorsión, rabia e atitude. O rap, desde uns iniciáticos anos 70, funcionando como marabillosa crónica social e ferramenta de concienciación e de protesta altamente politizada na loita contra a opresión racial, a mala praxe policial e a marxinalización económica dende as comunidades afroamericanas e latinas de barrios coma o propio Bronx en Nova York...
E, como non?, tamén Nova Canción Galega e mais as Voces Ceibes daquel 68 estudiantil na Universidade de Santiago de Compostela: Benedicto, Bibiano Morón, Miro Casavella, Vicente Araguas ou Fuxan os Ventos, por citarmos algúns. O rock bravú dos 90 e todo o rock irmandiño e a música galega contemporánea, políticamente comprometida dende aqueles tempos e ata hoxe. A música é liberdade, é comprimiso cun tempo e unha terra. É imprescindible como crónica, como voz de clase e nin debe nin paga traidores.
Estes días puxéronse de «moda» as novas sobre as discrepancias de moitas estrelas da música norteamericana coas políticas do seu presidente, incluso de músicos que pouco encaixan no perfil subversivo, e igual aquí tamén estaría ben copiar, neste caso o bo, e poñer máis o foco das moitas problemáticas sociais na voz das nosas «estrelas» máis populares aínda que sexa a risco de perderen subvencións e desaparecer de certos escenarios.
O pobo somos todos e a música, e a arte, débense ao pobo e non aos poderes que compran, maquillan e intentan calar a realidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- ¿Por qué Marruecos complica cada vez más las cosas a la conserva gallega y Chile compromete a los bateeiros?
- Juan Taboada, coordinador de Meteogalicia: «Hay indicios de que en la segunda quincena de febrero podría dejar de llover»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años