Premios literarios
A eterna mazá da discordia

Entrega do Premio Xerais. / FDV
Dende que o FARO DA CULTURA, que hoxe conmemora os seus primeiros mil números, botou a andar hai agora case un cuarto de século moita ten sido a historia da nosa escrita que fluíu a través dos premios literarios e abondo o que mudou dende aquela ata os nosos días.
Entre outras cousas, o panorama de primeiros dos dous mil contaba con vedraios galardóns que desapareceron (velaí, por poñer só un par de exemplos, o Modesto R. Figueiredo de Narracións Curtas ou o Premio Cidade de Ourense de Poesía) e outros moitos foron agromando con forza neste tempo (poño por caso, os premios Manuel Lueiro Rey ou Manuel Leiras Pulpeiro de poesía, os premios Vilar Ponte, Álvaro Cunqueiro ou Neira Vilas de narrativa ou os premios Roberto Vidal Bolaño e Abrente de teatro).
Cando o FARO DA CULTURA era aínda un naipelo, había en Galicia dúas ducias de certames de narrativa, unha ducia longa de poesía, menos dunha decena de teatro e investigación, unha vintena de premios infantoxuvenís e outros tantos escolares. Na actualidade superan o medio centenar os de narrativa, son máis dunha corentena os de poesía, hai unha decena deles de investigación, máis dunha trintena infantoxuvenís, outro medio cento escolares e aínda outros tantos entre os de natureza mixta e os que se conceden ao labor dunha vida, segundo datos dos Informes de Literatura do Centro Ramón Piñeiro.
E a pregunta segue a ser a mesma: que papel xogan os premios literarios na escrita de calquera país e tamén na do noso? A súa existencia é desexable, proveitosa, necesaria, conveniente, inevitable? Evidentemente, aquí as respostas multiplícanse e depende de a quen se lle pregunte no campo literario. Na miña modesta pero informada opinión como xurado de certames, coido que o haber segue a pesar máis que o debe: estimulan a creación, dan visibilidade e prestixio, dinamizan cultural e produtivamente o sistema, apuntan modelos, consolidan o canon, aumentan o patrimonio bibliográfico e actúan como posible guieiro lector.
Porque cos certames literarios ocorre o mesmo que co ben polémico Día das Letras Galegas: a pesar de todo, ambos ofrecen un saldo positivo nesa máis que complexa álxebra. Os premios non fan mal, fano os que non premian ben. Se cadra no Finisterrae Homero dorme de máis nos brazos de certos xurados, pero non por iso imos privarnos nin da Ilíada nin da Odisea.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- ¿Por qué Marruecos complica cada vez más las cosas a la conserva gallega y Chile compromete a los bateeiros?
- Juan Taboada, coordinador de Meteogalicia: «Hay indicios de que en la segunda quincena de febrero podría dejar de llover»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
