Con perspectiva social
Novos tempos, novos retos

Fachada da Facultade de Xeografía e Historia da USC. / FDV
Se tivésemos que facer un balance do eido do coñecemento nos anos que levamos do presente século, non cabe dúbida de que as ciencias sociais ocuparían un posto no podio. A súa expansión máis alá das disciplinas tradicionais pretende dar resposta aos retos que a evolución das nosas sociedades, cada día máis complexas, esixe.
Cómpre encarar fenómenos como as migracións entre continentes, as crecentes desigualdades sociais a consecuencia dunha economía de mercado non sempre xusta ou as complexidades dos comportamentos humanos. E para darlles resposta, os centros de estudo tiveron que diversificar unha oferta que ata finais do século XX se limitaba a unhas disciplinas xenéricas.
Hoxe, as novas sociedades esixen un nivel de especialización que poden distraer da elemental necesidade dunha perspectiva xeral. Os novos graduados licéncianse co título da materia e o engadido dun adxectivo sen ver, moitas veces, contidos semellantes paralelos. Árbores que case sempre agochan o bosque dun saber amplo e xeral.
Unha situación que levou, despois das reformas emanadas da Declaración de Boloña (EESS), a unha redución nos estudos universitarios que sempre esixe un curso de mestrado posterior. E non por ampliar a oferta formativa -no caso de Galicia coas universidades da Coruña e Vigo - dáse resposta suficiente ás necesidades da sociedade do século XXI.
Sciedades cambiantes, pois, e con novos retos no que fai ás persoas, especialmente por razóns de idade. Sexan os nenos con situacións antes non diagnosticadas, sexan as persoas maiores, cuxa maior esperanza de vida fai emerxer patoloxías que antes quedaban agochadas pola morte. Ou ante o reto, ineludible, da pluralidade de identidades humanas que non podemos deixar sempre aos estudos de parte, necesarios pero con frecuencia lastrados polo dogmatismo de pensamento. A nosa perspectiva (branca, binaria, cristiá) xa non pode ser a única e iso demanda que as ciencias sociais saiban dar resposta nas diversas facetas da vida.
As ciencias sociais no seu conxunto teñen que encarar a formación de novos especialistas para esas necesidades e desenrolar ferramentas de pensamento e reflexión para afrontalas. Non só na estrita dimensión material e cotiá senón tamén na modulación da percepción das sociedades de recepción. Destas, ben axiña, formarán parte plenamente os nosos novos concidadáns.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas
