O futuro segundo a LIX
Textos para soñar

Mural en Vilalba coa imaxe de Agustín Fernández Paz. / Mon Devane
Non é un subxénero. Antes ben, a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) conforma un dos sectores máis dinámicos do sistema literario galego. Vivimos, ademais, unha «idade de ouro» creativa que traspasa fronteiras e que ten acadado recoñecementos internacionais.
Varios son os piares que sosteñen esta traxectoria. O século XXI consolidou autores que eran referentes pero abriu paso a unha xeración que entende a LIX como literatura de pleno dereito.Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey ou Xabier Docampo marcaron o camiño. Ledicia Costas, Antonio Manuel Fraga, María Solar, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, María Canosa, Patricia Mallo, Lucía Mojón…aportan temáticas novas que conectan e cos intereses da cativada e dos adolescentes.
A ilustración, coa súa linguaxe propia, acadou unha auténtica revolución visual na LIX. A nomes clave como Miguelanxo Prado, Xosé Cobas, Luz Beloso… veñen unirse outros -Laura Cid Rascado, Bea Gregores, Sandra Lodi- que están recibindo recoñecemento e premios e velaíque a ilustración de noso viaxa á Feira de Boloña onde demostra que a estética galega é universal.
Pero o éxito da LIX non se entende sen a valentía de editoriais que apostaron por formatos de luxo e traducións de calidade. Tanto Xerais como Galaxia mantiveron coleccións históricas como «Merlín» ou «Árbore» que se foron renovando esteticamente. Kalandraka revolucionou o mercado co seu concepto de ‘libros para soñar’, exportando o modelo a múltiples idiomas e, xunto con OQO, devén fundamental nesa proxección. Tamén pequenos proxectos como Lela Edicións, Aira, Embora, Rinoceronte ou Cumio están achegando frescura con formatos innovadores e temáticas moi actuais.
Ao longo destas dúas décadas, a LIX galega veuse incentivada por un sistema de premios que garante a calidade e visibilidade das obras. Premios como o Merlín ou Jules Verne, que promove Xerais; o Raíña Lupa da Deputación da Coruña ou O Barco de Vapor de SM Xerme téñense convertido nun escaparate importante. Ademais, institucións como a Xunta de Galicia, as Deputacións e os Concellos colaboran a través de axudas, aínda que a demanda do sector sempre apunta á necesidade de máis promoción exterior e máis presenza nos medios de comunicación. E como o libro non chega ao lectorado por arte de maxia, é de xustiza destacar o papel da librarías especializadas: Libraría de Mulleres de Santiago de Compostela, Banda deseñada e Cartabón en Vigo ou moitas que abren as súas portas a iniciativas como presentacións e obradoiros que atrapan a atención de pequenos que serán pronto lectores maiores.
Por outra banda, o profesorado e os bibliotecarios escolares son os heroes silenciosos. A Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE) é un modelo de éxito recoñecido a nivel nacional. Grazas aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e aos proxectos como 21 Días co Galego e+ a LIX sae dos andeis e convértese en conversas no recreo.
Xa de cara ao futuro, a LIX galega presenta retos e esperanzas. Debe competir coas pantallas e, por iso, o camiño ha de ser explorar o transmedia e o audiolibro. Sen dúbida, o maior perigo é a perda de falantes; por iso, a LIX xa non só procura entreter, senón que se converte nun espazo de resistencia e prestixio para o idioma.
E para finalizar, como non, recoñecer o labor de suplementos como o FARO DA CULTRUA que coas súas propostas, semana tras semana, alimenta o imaxinario dos que hoxe len e mañá liderarán: mil números sendo o espello da nosa palabra; mil razóns para seguir construíndo un país que se le, se escribe e se soña en galego.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas