Facer Arte en Galicia
Pasado recente e perspectivas de futuro

Vista de la exposición de Alfonso Galván en el Museo MARCO de Vigo. / Elías Regueira
FARO DA CULTURA foi testemuña nos últimos vinte e catro anos da evolución das artes plásticas en Galicia e no contexto internacional. Nas súa páxinas puidemos enxergar como o panorama de inicios do novo século estaba claramente marcado polos ventos multiculturais que dominaban os discursos da arte desde a década anterior. Era un ambiente que, como lembraba nesa altura o estudoso da arte contemporánea Jean Clair, a partir dunha posición universal abstracta situaba toda cultura local nunha relación de subordinación, desde un multiculturalismo que sinalaba unha xerarquía cuase que «colonial». O mesmo autor subliñaba que fronte á utopía totalitaria do global precisabamos unha alternativa, un humanismo do locus, unha comunidade de memoria e futuro.
A arte galega deste século insírese, pois, neste contexto problemático mais non estaba nin está exenta de singularidade, creativiadade e dunha reflexión sobre esta problemática. Desenvólvese nos camiños abertos que a plástica e a imaxe, no ámbito global, posibilitan nos diferentes soportes en que hoxe se manifesta a creación artística. Porén, os nosos creadores e o noso contexto reflexivo mostran que o presente artístico, a pesar de todas as mudanzas, continúa a ser un ben común. Percibimos neles os elementos de continuidade da longa tradición da arte, desde os procesos globais ao máis locais, detectando como sobreviven, como se prolongan trazos provenientes das vangardas do século XX en diferentes soportes nun continuo diálogo do cal se pode tirar a conclusión da permanencia de certa tradición, en especial pictórica e escultórica, que se ben ten de compartir peso na arte actual con diferentes vehículos expresivos, e mesmo estar atenta á constante posta en cuestión, mostra a súa vitalidade nos diferentes soportes e transmite a súa estrutura profunda, mesmo cando se aplica a medios desemellantes.
Esta situación da arte, que pervive no noso presente afrontando novos retos na nova realidade tecnolóxica e político-social, mostra, certamente, as tensións da sociedade actual -tamén da galega e do seu espazo cultural-, as súas pulsións, permitindo percibir, por exemplo, como a pintura é obxecto dunha translación, xa que nela se poden enxergar procedementos que a sitúan nun tránsito, mesmo físico, cara a outros soportes e mundos visuais, un tránsito que tivo momentos de apoxeo no contexto da vangarda histórica, que o levou ao seu límite, situando a arte nunha experiencia limiar e abisal ao tempo.

Vista de la exposición de Darío Basso en Espazo Sirvent. / Elías Regueira
Pero o presente sitúanos alén dos debates da vangarda histórica. Encádranos, máis ben, nun contexto distinto –o actual- en que a arte é plenamente consciente da súa historicidade, mais tamén da súa carga de intensa cultura visual. Asistimos daquela a un exercicio duplo: introspectivo e extensivo ao tempo, en que os campos de exploración van desde o diálogo coa historia da pintura ao mundo dixital como novo territorio de narración pictórica, pasando polas diferentes representacións da realidade fragmentada, ou a utilización e reflexión sobre o tempo, a sociedade ou a identidade para conseguir un tipo de percepción diferente e máis profunda. Ao final podemos chegar á conclusión que a arte é, en esencia, un problema de consciencia e sen ela a obra perde calquera valor e capacidade de comunicación.
A ollada sobre un tempo que é practicamente o noso seméllanos dunha riqueza de suxestións moi considerábel. As novas miradas, froito dunha sociedade que sufriu unha evolución intensísima -a pesar dos tópicos que se seguen a deitar sobre Galicia- e que tenta manter unha comunidade de memoria e ao mesmo tempo romper barreiras e abrir físgoas de liberdade, son dunha enorme intensidade e, sobre todo, pluralidade, que os artistas poden transmitir en toda a súa complexidade e riqueza de matices.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas