Construíndo o futuro
A Transición española (II)

Legalización do PCE en abril de 1977.
Alfredo Iglesias Diéguez
O 22 de novembro de 1975, seguindo o plan previsto, Xoán Carlos de Borbón é proclamado rei en sucesión de Francisco Franco. O novo xefe do estado ratifica a decisión do ditador e Arias Navarro continúa, entón, á frente da xefatura do goberno.
Vén ser, pois, nese contexto cando se libra unha loita desigual entre as clases dominantes, que van aferrarse ao poder que controlaban en todas as súas esferas (política, económica, xudicial, policial e militar, académica e universitaria...), e mais as clases populares, que van loitar en contra, buscando a dignidade proletaria (condicións laborais, salarios...), as liberdades democráticas e o recoñecemento dos dereitos civís (reunión...) e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
Ora ben, nesa «transición dunha ditadura de clase a unha democracia de clase», segundo a expresión de Vidal Beneyto, foron as clases populares as que máis pularon pola transformación da sociedade herdada.
A clase traballadora en pé
A clase traballadora, na volta do ano 1976, acadara unha capacidade de loita que se traduciu na convocatoria de máis de 40.000 folgas que involucraron miles de traballadores e traballadoras e que culminaron na folga xeral do 12 de novembro de 1976, na que se mobilizou máis de un millón de persoas.
Froito desa acción -diante da cal as forzas represivas do réxime e grupos armados da dereita provocaron centos de feridos e varios mortos: salientan os cinco obreiros asasinados en Vitoria o 3 de marzo de 1976-, as Cortes, aínda franquistas, aprobaron a Lei de Relacións laborais que regulaba cuestións relativas á prohibición do traballo das persoas menores de idade e mais a igualdade de xénero no ámbito laboral.
Posteriormente, o 19 de xullo aprobábase unha reforma do Código Penal para ampliar o dereito á reunión e asociación e limitar o dereito á folga, que non quedou regulado até o 4 de marzo de1977. Así mesmo, nese contexto de gran conflitividade social, o 18 de novembro de 1976 -apenas unha semana despois da exitosa folga xeral-, o pleno das Cortes aprobaba a Lei para a Reforma política, que se publicou o 4 de xaneiro de 1977 con rango de «lei fundamental». Por medio da mesma, quedaban regulados os límites da apertura constitucional, pechando calquera posibilidade a unha ruptura democrática.
Neste contexto, á violencia policial sumábase á violencia da extrema dereita -sucesos de Montejurra (9 de maio de 1976)-, esoutra do independentismo vasco -velaí están os dezaoito asasinatos de ETA asasinou tras da morte de Franco e antes da masacre de Atocha- e aínda a causada polo ultresquerdismo do GRAPO.
A estratexia da tensión: de Atocha á Moncloa
Entre xaneiro de 1977 -marcado pola semana tráxica, na que salienta a masacre de Atocha- e o mes de outubro dese mesmo ano, cando se asinan os Pactos da Moncloa, unha vez que a Lei para a Reforma política sinalaba o camiño a seguir, era preciso neutralizar a forza da clase traballadora.

Sinatura dos Pactos da Moncloa en outubro de 1977. / .
Para acadar ese obxectivo, as clases dominantes despregaron dúas estratexias complementarias: incorporar os comunistas do PCE no «diálogo social», polo que era necesario legalizar o partido (9 de abril de 1977) e que este participase nas eleccións xerais (15 de xuño de 1977), limitadando así a súa forza ao número de escanos e non á presenza nas rúas; e reproducir a estratexia do terror para desmobilizar as clases populares, que en 1976 deran mostrar dunha capacidade de acción notable.
A aceptación da monarquía e o marco democrático liberal polo PCE conformaba así o resultado da correlación de forzas neses anos, o que explica tamén o alcance dos Pactos da Moncloa e da Lei para a Amnistía, ambos textos aprobados durante o mes de outubro de 1977.
A matanza de Atocha
Ás 11 da noite do 24 de xaneiro de 1977, tres individuos penetraron nun despacho de avogados laboristas situado no número 55 da rúa Atocha de Madrid e, sen mediar palabra, abriron fogo contra as persoas alí presentes. O resultado: cinco vítimas mortais e catro persoas gravemente feridas.
Eses acontecementos encádranse nunha semana tráxica que comezara o domingo 23 co asasinato de Arturo Ruiz, quen viña de participar nunha manifestación a prol da amnistía; o luns 24, ademais, os GRAPO secuestran o tenente xeral Villaescusa e Mariluz Nájera.
Unha rapaza que participaba nunha manifestación en protesta polo asasinato de Arturo Ruiz, morre asemade asasinada a mans de pistoleiros de extrema dereita, protexidos por axentes do ministerio do Interior, o que lles permitía moverse con total impunidade. Ou, polo menos, esa é a tese de Carlos Portomeñe en La matanza de Atocha (Atrapasueños, 2022): a masacre de Atocha e outros asasinatos cometidos por membros dunha rede internacional de extrema dereita, foron, en realidade, crimes de Estado que seguen impunes.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- Abel Caballero exige 9 millones de euros a la Xunta: «Si a Santiago lo apoyan con tres por capitalidad, a Vigo le tienen que dar nueve como ciudad más importante de Galicia»