O solpor das clases medias
Benestar e liberalismo

Aglomeración de automóbiles nas festas de Nadal. / Arquivo
Agás de catástrofes naturais ou bélicas, o diñeiro compórtase como a enerxía: non se destrúe senón que se transforma. É dicir, o que entra nun peto sae por outro a un terceiro peto alleo. A diferenza, para saber se un sistema social é xusto, é se esas saídas van a outros moitos petos en pequenas cantidades ou a uns poucos que o acaparan todo. Hoxe sabemos empiricamente que cada vez hai máis pobres (e máis pobres) mentres que os ricos son máis ricos.
Cando en Europa se produciu a chamada ás cidades desde as zonas rurais, ese crecemento urbano xerou o fenómeno das clases medias. Estamos a falar dese sector social que se situaba entre a clase capitalista e a inmensa lexión de traballadores, normalmente explotados. A clase media emerxente crecía cos negocios, as profesións liberais, o sector financeiro (banca, seguros, enerxía) e o conxunto de burocracias públicas.
A harmonización social do Estado do benestar chegou a nós a partir do Plan de Estabilización de 1959, cando as migracións ás cidades —á chamada da nova industrialización— fixo máis cómoda a vida. Unha situación que con limitacións durante a ditadura e con melloras xa en democracia, chegou ata o noso século.

PI STUDIO
Pero tamén sucede, e máis nestes nosos tempos acelerados, que os diversos fenómenos da historia social chegan e temos que participar neles queiramos ou non. Sucedeu, por exemplo, coa febre hipotecaria de comezos de século e coas súas consecuencias, das que aínda estamos a pagar as consecuencias. Xa con certa perspectiva, podemos analizar que se fixo mal e con que intención. Agora a principal preocupación é a imposibilidade de acceso á vivenda e a sociedade española está a percibir que xa non hai cans aos que atarlles salchichas.
Ante tal situación, hai dúas maneiras de encarar causas e solucións. Rachar —como pretende sen éxito a esquerda— con medidas drásticas ou, como defende a dereita, deixar que sexa o mercado (libre, salvaxe) quen poña orde e sálvese quen poida.
Desta segunda maneira de ver as cousas, dun xeito supostamente neutral e obxectivo, é exemplo o libro de Ana Samboal El final de la clase media (Almuzara). A autora e xornalista participou en diversos medios de comunicación que actúan de voceiros (públicos e privados) dese novo capitalismo asilvestrado. Non por iso temos que caer no apriorismo, pero orienta. Samboal vaticina ese solpor das clases medias que cada día son máis pobres. Por non resistir, non o faría nin ese segmento social da chamada clase media aspiracional que pensa que por votar o PP ou levar os nenos á escola concertada poden pasar a formar parte do estrato económico superior.
Ana Samboal sitúa os síntomas, o diagnóstico, pero sen definir as causas. Como se a crise adquisitiva que estamos a padecer fose resultado dun designio divino. En troques, considera que foron as políticas sociais da esquerda as causantes de tal declive. No seu libro, non sitúa a liberalización do solo como inicio da febre construtora e hipotecaria, que actuou de chamada para millóns de inmigrantes. Vivendas novas que lonxe de baixar de prezo pola oferta, os subiron polos créditos fáciles que en ausencia de depósitos, foron subcontratados no estranxeiro e que houbo que devolver vía rescate público.
Hoxe, as políticas conservadoras están a reducir o peso dos sectores públicos en beneficio dos privados. E en paralelo, propostas como a expansión dos voos baratos, favoreceu o secuestro de pisos de uso habitacional a prol do uso turístico. Antes iamos a Baiona para unha despedida de solteira; agora que menos que tres días en Milán.
Unha política que desterrou a cultura do esforzo na educación (imputable tamén ás esquerdas boístas) e que emprega o lecer xuvenil (velaí os grandes concertos, as drogas ou a moda) como vía extractiva de cartos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
