«Section spéciale» de Costa-Gravas
A xustiza innobre cumpre 50 anos

Fotograma de «Sección especial» (Costa-Gravas, 1975).
Avelina R. Gil
Antes de que o cinema de Costa-Gravas o confirmase, a Historia advertíunolo: aqueles que pensan que se pode saír indemne das narrativas reaccionarias viven -perigosamente- na inconsciencia. O 21 de agosto de 1941, Pierre Félix Georges, acompañado por outros dous mozos pertencentes á Resistencia francesa, mataba a tiros na estación Barbès-Rochechouart o oficial alemán Alfons Moser en represalia pola execución sumaria (innobre, inxusta, inhumana) do comunista xudeu Samuel Tyszelmann. Dous días despois, o 23 de agosto, o Estado Francés creaba ad hoc un novo tribunal, as «sections spéciales»: un grupo de xuíces procedentes do Tribunal Supremo dispostos a resolver dun modo expeditivo e nun tempo récord a detención, procesamento e execución de persoas inocentes.
Sección especial (1975) supuxo un desvío -algo que a maior parte da crítica especializada da súa época non soubo ou no quixo comprender- dentro da traxectoria cinematográfica de Costa-Gravas. Moitos pensaron erroneamente que se trataba dunha obra continuadora dentro do seu ciclo de filmes políticos. Mais había algo dentro da súa articulación narrativa que o afastaba de traballos como Z (1969), A confesión (L´Aveu, 1970) ou Estado de sitio (État de siège, 1972).
Se todos eles sustentaban o mesmo propósito, desenmascararen o papel da Xustiza nos réximes totalitarios, no caso de Sección especial a súa peculiar gramática diferenciábao radicalmente dos seus predecesores. Neste caso non só se trataba dunha ficción inspirada soamente en feitos reais, senón tamén na meticulosa reconstrución duns acontecementos históricos -recollidos punto por punto dos arquivos xudiciais alemáns- que a día de hoxe seguen avergoñando Francia.
En certo sentido, o que experimentamos revisitando as imaxes deste filme necesario, que acaba de cumprir medio século o pasado 2025, resulta abrumadoramente contemporáneo. Algunhas das súas escenas e diálogos, mesmo a situación dalgúns dos seus protagonistas na súa parte final, semellan extraídos das crónicas xurídicas que nestas últimas datas sublevan a conciencia moral dos cidadáns. Secuencias en que observamos figuras ataviadas con togas e barretes fronte a cidadáns indefensos, acusados fría e falsamente por un Estado ominoso. Uns e outros debaténdose nun Maelström de iniquidade do que todos se pretenden salvar, aínda que desde posicións antagónicas. Trátase da eterna loita entre a verdade e a inxustiza que a día de hoxe segue a golpear as nosas sociedades.
Sección espcial foi presentada no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1975 onde conseguiu o premio ex aequo á Mellor dirección xunto ao filme canadiano Les Ordres de Michel Brault (cuxa historia alicerza nos violentos sucesos que tiveron lugar en Quebec durante os disturbios de outubro de 1970, que acabaron co encarceramento de inocentes).
A fórmula do éxito do noso cineasta era idéntica á dos seus traballos anteriores: unha mestura de excelencia na elaboración do guión (unha adaptación da novela de Hervé Villeré por Jorge Semprún) xunto cunha esmerada selección dos actores. O director de orixe grega procura en cada unha das súas propostas redefinir a dignidade humana en oposición aos poderes máis sombríos.
Pierre Félix Georges foi capturado e conducido ao cárcere de Fresnes en 1943. Alí foi torturado con saña até que finalmente logrou escapar para continuar a súa loita pola liberdade e contra o fascismo. O 25 de agosto de 1944 contribuíu á liberación de París e o 27 de decembro morreu en Alsacia mentres tentaba desactivar unha mina. Os seus restos descansan na rúa Gandon de París.
Algunhas das máis importantes leccións que nos dá a Historia comezan cando o relato culmina, cando xa non fica nada máis que contar, cando nos percatamos da exemplar vida dos heroes e comprendemos que o seu desaparecemento no fondo é unha exhortación.

Fotograma de «Eyes Wide Shut» (Stanley Kubrick, 1999). / FdV
O que Epstein lle contou a Kubrick
E postos a falar de infamias e canallas, non nos podíamos esquecer do grande protagonista do ano 2025. Adulador de políticos, personalidades e «figuretis», o falecido pederasta Jeffrey Epstein acaparou a atención de todo o mundo coa publicación, hai poucos días, dunha gran parte (e fican aínda moitas máis) das súas repugnantes imaxes. O chamativo do caso é que ningún de nós lembrase que un director neoiorquino do Bronx xa nolas mostrara había 26 anos.
Uns días antes do seu falecemento, o 7 de marzo de 1999, Stanley Kubrick facía un pase privado da súa derradeira obra: Eyes Wide Shut. Ao evento asistían o matrimonio Kidman-Cruise e a súa propia familia, pero ningún dos executivos da Warner cuxo descoñecemento do contido da obra era absoluto. O estudio levaba dous anos financiando un proxecto de primeiro nivel con varios soldos de superestrelas sen saber de que trataba.
Eyes Wide Shut (Ollos completamente fechados) xira ao redor dun relato de Arthur Schnitzler, onde o director estadounidense logrou plasmar a máis terríbel das historias: aquela que Epstein lle contou un día a Kubrick.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los profesores rechazan participar en las excursiones por el mal comportamiento del alumnado
- El virus sincitial releva a la gripe como principal causa de ingreso en Medicina Interna
- Argentina identifica a un barco gallego por un posible caso de «pesca ilegal»
- ¿Por qué Marruecos complica cada vez más las cosas a la conserva gallega y Chile compromete a los bateeiros?
- Prohibida la circulación de camiones por la A-52 entre Ourense y Ponteareas desde este viernes y hasta nuevo aviso ante la previsión de nevadas por Ingrid
- El despido de una trabajadora con la que se casó dos meses después termina en sanción por fraude
- Juan Taboada, coordinador de Meteogalicia: «Hay indicios de que en la segunda quincena de febrero podría dejar de llover»
- La solidaridad en Xinzo: bares y panaderías llevan provisiones a los ganaderos que protestan en la A-52