Non saír na foto
Imagoplastia e censura

Foto de Lenin arengando aos soldados da que foron borrados Trotski e Kamenev.
Hai unhas semanas escribín sobre a presenza na cultura dos executados pola ditadura franquista. Cando escribín o artigo, non coñecía o magnífico traballo de Roger Mateos, xornalista da axencia EFE, El verano de los inocentes (Anagrama), porque daquela aínda non saíra do prelo. Recoméndoo aos lectores deste suplemento e aos vigueses en xeral, nin que sexa para non perder a memoria de Xosé Humberto Baena Alonso. Roger Mateos recoñece que ten unha teima: coleccionar libros da época de Enver Hoxha, o dirixente comunista albanés. Lembremos que o PCE(m-l), no que Baena Alonso militaba, tiña o paraugas político e financeiro de Albania.
Nun destes libros coleccionados por Roger Mateos –procedente, obviamente, de Albania- hai unha fotografía do ditador albanés nunha recepción dada aos principais dirixentes do PCE(m-l). Dous dos presentes, o italiano Fosco Dinucci (antigo partisano escindido do comunismo oficial para formar o PCI-ml) e Mehmet Sehu (militar, membro das Brigadas Internacionais, «suicidado» en 1981), aparecen ocultados. Mateos procurou a foto orixinal e comprobou a manipulación, evidente. O antigo propietario «adaptara» o seu exemplar á doutrina oficial unha vez Hoxha decidiu apartar os disidentes.
Sempre me chamou a atención a teima de eliminar, fisicamente e da memoria colectiva, aos discrepantes. Na Roma imperial, cando alguén caía en desgraza para sempre, aplicábaselle a damnatio memoriae: calquera referencia era eliminada. Coa chegada do estalinismo, o máis normal era a eliminación física, sempre camuflada como «limpeza revolucionaria». Velaí os procesos impulsados por Stalin contra os vellos bolxeviques, entre os cales Zinóviev, Kámenev e Bukharin, en 1938 ou xa despois, en 1952, os chamados «procesos de Praga» contra diversos dirixentes comunistas checos na corrente anticosmopolita (antisemita).
O borrado de Ttrotski
Nos procesos da chamada «Gran Purga» estaba ausente Lev Trotski; expulsado da URSS en 1929, Stalin quixo que a súa memoria desaparecese, incluso das fotografías. Trátase dun fenómeno estudado por David King en O comisario desaparece: así, temos unha fotografía de Trotski arengando ao Exército Roxo perante o teatro Bolshoi en 1920 (con Lenin e Kámenev á súa dereita, abaixo): foi «retocado» por Petre N. Staronosov de maneira que o orador pasou a ser Lenin. Ou a foto máis coñecida, feita por G. P. Goldstein, cando Lenin, coa pucha na man, se dirixe aos soldados que van á fronte, con Trotski e Kamenev á súa esquerda abaixo: desapareceran e o retocador tivo que refacer os chanzos da escaleira da tribuna.
Outra foto, obra de Leódinov, que mostraba a Lenin e Trotski con diversos dirixentes, foi retocada: despois de eliminar a Totski cun aerógrafo, o seguinte foi Artashes Khalatov, comunista xeorxiano desde 1898 que en 1959 morreu en estrañas circunstancias. O mexicano Diego Rivera pintou «Detalle de guerra mundial» (na serie «Proxecto de América») no que recuperou a Trotski pero esquece o xeorxiano. Pero a eliminación das fotos non abundaba: en México, o catalán Ramon Mercadé matouno cravándolle un piolet na cabeza.
Alexander Rodchenko deseñou en 1934 un libro con técnicas de deseño innovadoras, A dez anos de Uzbekistán. Cando Stalin decidiu reorganizar o poder uzbeko tres anos despois, había alguén que sobraba: o xeorxiano Avel Ienukidze, malia ser un dos autores da haxiografía do líder soviético. Xulgado, condenado e executado en apenas cinco días, a súa foto foi eliminada da obra citada: o retocador tivo que debuxar o traxe do persoeiro de detrás.
Pero se pode ser estalinista nos feitos con aparencia de demócrata. Disque Alfonso Guerra o deixou establecido: «Quen se mova non sae na foto». E se non foi súa, vale esta outra: «Fóra [do partido] vai máis frío». E rite ti de Moscova.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marcos, el niño de 6 años que acertó a última hora con el primer premio del sorteo del Niño
- Argentina autoriza la entrada en sus aguas a barcos chinos por un fuerte temporal; pesqueros gallegos, a la capa
- Una familia lituana-holandesa compra una casa en Santa María de Oia que convertirá en alojamiento para turistas y peregrinos
- Un ingeniero vigués diseña el primer chip capaz de funcionar al filo del cero absoluto de temperatura: -268 ºC
- Familias que deciden no celebrar Papá Noel: «Hay que pararse a pensar qué queremos en vez de dejarse llevar por la corriente»
- Lluvia de millones en Galicia con un repartido primer premio y un segundo casi íntegro en O Porriño
- La Armada Argentina intercepta un pesquero de Freiremar dentro de sus aguas nacionales
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo