Presenzas de Aida e Rosa
A lección das Cantadeiras de Moscoso

Aida e Rosa, as Cantadeiras de Moscoso (Pazos de Borbén). / Archivo Rocío Cibes
V. Neira
Aida e Rosa foron dúas irmás naturais de Moscoso, en Pazos de Borbén que nos deixaron hai xa uns anos. Segundo contan os estudosos, foron -e conintúan a selo- unha fonte inesgotable de riqueza musical e de tradicións para moitas e moitos que pasaron pola súa casa cunha gravadora e con ganas de recolleren todo o coñecemento do seu inmenso repertorio. Elas seica facían un tándem perfecto á hora de cantar: Rosa gozaba dunha voz prodixiosa e dunha técnica envexable mentres Aida, á súa volta, viña resultar posuidora dunha grande memoria tanto para as coplas como para as melodías asemade que de moito coñecemento do xeito de cantar de antes e da maneira de facer os adornos pertinentes. Manexaban, relatan os estudosos, un repertorio de máis de mil coplas que levaban unha vida enteira cantando e repasando mentres o oficio de costureira as tiña man con man, e entre fíos e agullas, interpretando o que a cabeza e mais o corazón lles pedía en cada momento. Pola súa cociña pasaron xente como Xisco Feijoo ou Leilía, por citarmos apenas algúns dos moitos nomes que por alí acudiron, ou incluso unhas noviñas Tanxugueiras que a elas se achegaron para aprenderen e sorprendérense con tanto talento e tanta alfaia humana e musical.
Tamén, e desde moi novo, pasou por aquela cociña Luís Prego Fernández, estudoso e investigador do folclore tradicional galego, músico e docente en disciplinas como o baile, a gaita, o acordeón, a percusión ou o canto, e home altamente coñecedor da nosa tradición e, por suposto e desde hai moitos anos, do legado que nos deixaron Aida e Rosa. Así, despois de moito documentarse e recoller en primeira persoa sobre as dúas mulleres, vén agora de publicar Aida e Rosa, cantadeiras de Moscoso, un libro-CD autoeditado no que nos achega a biografía e cancioneiro das irmás Aida e Rosa Garrido e no que se contemplan esas perto de mil coplas de recopilación do cancioneiro de Moscoso, setenta partituras do seu extenso repertorio e un CD con gravacións directas e recopiladas das recolleitas que lles fixeron desde os anos noventa. Coas transcricións musicais de Manuel Díez Pernía e con fotos que nos levan a aqueles tempos nos que a música tradicional do noso país latexou e sobreviviu nas veciñanzas, o libro fainos reflexionar sobre o valor incuantificable de toda esa xente que, como Rosa e Aida, foron quen de manteren viva unha cultura e uns coñecementos que hoxe son biblia cultural, musical e etnográfica de todo un país.
Tamén nos fai pensar no momento actual e dos medida do éxito popular dunha música tradicional galega que vive nun estado de efervescencia tan único e exemplar e cunha sorte de activismo e militancia que fai dela o paraíso que é. Este libro-cd conforma, entón, unha homenaxe ás irmás de Moscoso ao tempo que se converte en bibliografía indispensable para calquera persoa que sinta amor pola nosa tradición ou queira achegarse a ela e dar fé da riqueza musical de Aida e Rosa, de Moscoso e do país cunha obra cargada de criterio, coñecemento e respecto.

Os membros de The Homens / FdV
The Homens
Voltan os The Homens e esa é unha gran nova para a escena pop e rock deste país. Igual porque os tempos son chegados para o xénero, segundo vaticinan algúns gurús con pouca fe no poder incontrolable das boas guitarras eléctricas, dos baixos ben remexidos e profundos e do ritmo espelido e trepidante. Voltan e fano a raias e cargados de melodías certeiras e letras que cantarás entre dentes e nas que, ademais de asubiables, abofé tamén nos darán algo que pensar se algo de neurona activa nos queda por aí dentro.
Os The Homens son para gozar, para mirar e para abanear a cabeza e os pés. Un grupo de power pop con carburadores rockeiros que non achantan en ningunha batalla. Agora voltan, despois dun parón de ben anos, pero igual nunca deberon marchar. Será o momento de descubrilos para quen non os puido ver antes e de valoralos na medida que nos toca para quen xa os viramos moitas veces. Para poñerlles medallas e ser xustos, hai que dicir que con eles algo mudou, no seu día, dentro da escena do pop rock en galego con aqueles I, II, III e Cuarta Potencia. Xa sabedes, «mírame, quero ser un calamar e pasear polas Marianas. Es experto en radiestesia, es un puto electroimán». Grazas por voltardes, rapaces. Miraremos os cartaces dos próximos concertos e alí estaremos
Suscríbete para seguir leyendo
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Cae un balcón de un tercer piso en la plaza de Compostela, junto al mercadillo de Navidad: «Pudo haber sido una desgracia»