Dende o alto
Galicia, comunidade de castelos: viaxe por Soutomaior e Rocha Forte

Castelo de Soutomaior. / Eli Regueira
O poder tende a ter orientación vertical. Capricho divino, humano ou natural, o poder olla de arriba abaixo, sexa no espectáculo das altas torres do Nova York mercantil, nos antiquísimos zigurats escalonados até a divindade ou no pórtico dunha igrexa, coa ollada abraiada ao alto transcendente. É tanto así que arquitectos contemporáneos como o brillante Manuel Gallego Jorreto decidiron que estruturas feitas para o poder, véxase, por exemplo, a residencia do presidente da Xunta en Montepío, foran dunha horizontalidade insistente, feita de madeira exquisita e pedra pulida. Un xeito de horizontalizar ou «comunalizar» aquel poder, neste caso, o político.
O poder en Galicia ten, así, esa oscilación entre o lugar alto e o feito comunal. Desconfiamos da súa ostentación no ético e no estético. Somos a comunidade dos castelos vixiantes, pero tamén a das árbores cívicas, algo máis próximas ao ollo e á aperta do ser humano no seu tronco. Somos tamén a comunidade dos castelos, algunhas veces xa ausentes e comestos polo tempo; como lembraba Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia, son «a osamenta da paisaxe». Un caso de castelo vixiante, presente e bastante chamativo pode ser o de Soutomaior, ergueito, reconstruído, firme, no concello homónimo da provincia de Pontevedra. Un caso ausente podería ser o castelo da Rocha, en Santiago de Compostela. Este foi recuperado por iniciativa dos seus veciños, reunidos nunha impecable asociación que traballa arreo na divulgación da súa historia. Este último xacimento arqueolóxico é o dun castelo do que só conservamos del os basamentos, algún acceso subterráneo, a orografía do foxo e o comezo, moi a ras de chan, do que foi a torre da homenaxe. Un sitio, a ollos de quen escribe, que ben merecería máis atención por parte do goberno local, xa que hoxe precisa máis mantemento.
O castelo de Soutomaior, lugar de poder nobiliario e militar, está inscrito na historia de Galicia. Semella ergueito, concorda a historiografía, por Afonso VII e encónttrase a 119 metros por riba do nivel do mar, na coroa do Monte Viso. Amén de dar nome ao concello, esta fortaleza foi, séculos máis adiante, escenario da vida de don Pedro Madruga (tamén coñecido como Pedro Álvarez de Soutomaior), defensor de Xoana de Castela na súa contenda contra Isabel, tamén de Castela, «A Católica». Foi don Pedro quen ampliou e reconstruíu as partes da fortificación que foran destruídas no conflito Irmandiño. Reconstruíu o castelo no alto, mellorouno e, neste xogo de poder, introduciu as armas de fogo en Galicia. O que reconstruímos e como o mantemos tamén fala do que deixamos para despois, e coñecemos gran parte do facer da fidalguía galega daquel tempo grazas a exemplos coma este.
Outro enorme símbolo de dominio, o castelo de Rocha Forte, ergueuse nas saias da cidade compostelá. Construido no ano 1240 polo arcebispo Xoán de Arias, Rocha Forte foi tamén lugar de poder da mitra compostelá, malia estar nos nosos días case atravesado pola liña da Renfe. Outrora residencia do arcebispo de Santiago, tamén foi espazo de poderío militar, xa que vixiaba a entrada na cidade do reino a través do río Ulla ou dende a ría de Arousa.
Pero falabamos de arquitectura do poder; neste caso, o poder entre quen? Se Soutomaior foi lugar de tensión na desputa polo trono de Castela, debido á posición do seu dono, Álvarez de Soutomaior, partidario da «Beltraneja», o castelo de Rocha Forte foi pola súa banda un punto nodal nas eternas tensións entre o poder civil de Santiago e o seu poder eclesiástico, ben lembrada é a revolta da corporación local do ano 1320. O 13 de setembro daquel ano, a corporación trasladouse ao castelo para negociar co arcebispo, Berenguel de Landoira, frear o enfrontamento polo cal a burguesía, partidaria da Coroa, e o poder eclesiástico se desputaban o goberno da cidade. Berenguel pechou as portas e cortou os pescozos da corporación. Lugares de poder, fortalezas de ventás estreitas e salóns de reunión. Lugares no alto e, entre as silvas e excavacións arqueolóxicas, unha arquitectura de espazos que, pola presenza ou pola ausencia, decidiron a nosa historia.
Para achegarnos ás fortalezas
Para os interesados en castelos como este, o ciclo expositivo «Os nosos castelos», promovido polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta), ofrece nestes días unha mirada á historia das fortalezas galegas como espazos onde o poder, o territorio e a memoria se entrelazan. A exposición, interesante para os seguidores da arquitectura e do patrimonio, detense no castelo de Soutomaior que foi testemuña de séculos de alianzas, conflitos e reconstrucións, símbolo dunha historia tamén con heráldica de seu, xa que aquelas casas pertencían e, nalgúns casos fortuitos, aínda pertencen aos descendentes dos seus fundadores. A mostra, aberta no centro Multiúsos de Arcade, moi preto do castelo entre o 11 de novembro e o 2 de decembro, reúne paneis sobre a evolución arquitectónica da fortaleza e as liñaxes nobiliarias asociadas, a partir das investigacións coordinadas por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. O proxecto complétase con obradoiros de Heráldica para escolares e unha páxina web que recolle materiais e contidos sobre este patrimonio arquitectónico galego.
Suscríbete para seguir leyendo
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Cae un balcón de un tercer piso en la plaza de Compostela, junto al mercadillo de Navidad: «Pudo haber sido una desgracia»