Ética e política
No centenario de Manuel Sacristán

Acto do PSUC en Barcelona (1980).
Unha das consecuencias da ditadura franquista (como de calquera outra ditadura, sexa do signo que sexa) foi a limitación do pensamento libre. Máis concretamente, se este se instalaba no ámbito do marxismo. A filosofía, mentres non pasase do papel, era tolerada; pero cando alguén pretendía pasala á acción, os atrancos eran moitos.
Foi o que lle sucedeu a Manuel Sacristán, de cuxo nacemento agora conmemoramos cen anos. Nacido en Madrid, en 1939 trasladouse a Barcelona coa súa familia, identificada co bando vencedor na guerra. Ben axiña tivo conciencia social e colleu compromiso afiliándose ao sector xuvenil de FET y de las Jons. Un feito que sempre foi un pequeno cadáver no seu armario persoal.
Porén, ben axiña rachou co partido-movemento do franquismo cando xa na universidade, onde estudaba Dereito e Filosofía, con dous compañeiros do SEU quixo contactar con círculos anarcosindicalistas clandestinos. Circunstancia que foi considerada unha traizón por parte de falanxistas extremistas que o ameazaron de morte (co resultado do suicidio doutro compañeiro) segundo algunha fonte; pero, por confesión propia, viría condicionada polas torturas a que camaradas seus someteron a Francesc Vicens, daquela estudante de Dereito e co tempo, dirixente do PSUC.
Rematados brillantemente a súa carreira universitaria, obtivo unha bolsa para estudar Lóxica con Heinrich Scholz en Münster. En Alemaña contactou con traballadores alemáns e españois e ao seu regreso a España en 1956, ingresou no PSUC-PCE e comezou a súa carreira docente como profesor de Filosofía na universidade de Barcelona. Apenas tres anos despois, e por presión dalgúns colegas e cabe que do arcebispado tamén, foi trasladado á nova facultade de Económicas como PNN.
Padeceu dúas expulsións entre 1965 e 1976. Cando en 1962 se presentou á cátedra de Lóxica da universidade de Valencia, a súa condición de pensador marxista impediulle obtela malia ser o candidato mellor preparado. Unha circunstancia que o condenou a unha vida relativamente precaria.
Como filósofo, algúns consideraron que a súa obra foi limitada e que a súa carreira estivo lastrada pola súa tarefa de tradutor e como o que hoxe chamamos prescriptor. No entanto, a súa capacidade de síntese permitíalle presentar as súas ideas sen o aparato textual de outros filósofos, incluso se se situaban no pensamento de esquerdas.
Sen deixar o toro central do pensamento marxista, Manuel Sacristán explorou outros retos da sociedade moderna como a ecoloxía ou o rigor á hora de formular propostas sociais. Para este filósofo, o marxismo era ferramenta necesaria para vertebrar racionalmente, coa maior cantidade de coñecementos e análise científicos, un movemento liberador. Neste senso, afastábase da consideración do marxismo como ciencia -como defendía Louis Althusser- ou do estrito economicismo.
Sacristán -membro activo da dirección do PSUC- sempre tivo a necesaria unión de ética e de política como bandeira. Adoitaba repetir que «a política sen ética é politiqueo e que a ética sen compromiso político é narcisismo». E defendía a necesidade do coñecemento como antídoto para que a política, no caso da esquerda, evitase caer no adanismo ou no radicalismo de salón (xa denunciado por Lenin cando falaba do esquerdismo como doenza infantil do comunismo). Un antídoto que hoxe se atopa en falta coa recente deriva da esquerda á esquerda do socialismo orgánico, incomprensiva fronte á deriva do antes chamado complexo científico-técnico.
Animou diversas publicacións para dotar de ferramentas ao pensamento de esquerdas, como Nous Horitzons, Materiales e Mientras tanto. Revistas que condicionaron que o ámbito comunista e de esquerdas catalán fose menos dogmático que o seu equivalente español.
Contra o rigor dos puros
Atribúen a Paulo de Tarso, nunha das cartas aos corintios, a expresión «cómpre que haxa herexes». O exercicio militante da ética pode conducir ao rigor e, de aí, á intolerancia. Velaí o caso de Robespierre. A militancia antifranquista -de base comunista na súa maioría- esixía moitas veces un comportamento disciplinado e ausente de frivolidades. Dalgún xeito, e por razóns de seguridade na clandestinidade, era un apostolado.
Cando Jaime Gil de Biedma se postulou para ingresar no PSUC en 1965, petición que presentada a través de Luís Goytisolo, foi rexeitada. Correu o rumor que o responsable foi Manuel Sacristán, arquetipo do comunista eticamente puro, aínda que hai quen defende que quen se opuxo con toda firmeza foi Miguel Núñez.
Emporiso, naquel ano este dirixente comunista estivo na cadea desde 1958 a 1967. Segundo un sobriño de Gil de Biedma, foi Sacristán seguindo a recomendación de Lenin respecto da debilidade dun homosexual en caso de detención. E é que daquela non era fácil ser comunista nin homosexual (con certa notoriedade) e menos aínda as dúas cousas xuntas. Non era homofobia activa (presente en boa parte da sociedade, incluso na esquerda) senón estritamente clandestinidade. Con todo, Jaime Gil de Biedma aceptou sen protestar e sempre foi «compañeiro de viaxe» do PSUC.
Suscríbete para seguir leyendo
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Cae un balcón de un tercer piso en la plaza de Compostela, junto al mercadillo de Navidad: «Pudo haber sido una desgracia»
- Un accidente de moto acaba con la vida del hijo del concejal del PP de Cangas José Luis Gestido