Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Videoxogos en galego

Tecnoloxía e identidade

Cartel da exposición «O videoxogo en galego»

Cartel da exposición «O videoxogo en galego»

Judith R. Iglesias

«Creatividade, tecnoloxía e identidade lingüística». Esta é a premisa da que parte a exposición itinerante O videoxogo en galego, inaugurada o pasado 1 de outubro no IES Politécnico de Vigo. Con arredor de 28 títulos na nosa lingua, achegámonos ao que, en palabras de Óscar Ferreiro Vázquez, conforma «un ámbito cultural en expansión». Deste xeito, o profesor da Universidade de Vigo e comisario da mostra, xunto a Ramón Méndez González e José Yuste Frías, refírese a un piar do entretemento capaz de chegar ata os máis novos e converterse nunha ferramenta única de aprendizaxe.

Diferentes centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra serán o escenario que, polo menos ata decembro, acollerán éxitos internacionais como o Minecraft (2009) e propostas orixinais de Galicia, que van desde O misterio das 7 pezas (2000) ata The Waylanders (2022) ou A aventura máxica de Merliño. Sen esquecer, por suposto, divertidas iniciativas como o Wordle galego (2021).

Ademais, o proxecto expositivo conta coa «inestimable colaboración» dun grupo de antigos estudantes universitarios que elaborou un xogo en liña para facerlle preguntas ao alumnado relacionadas coa nosa cultura. «Está tendo moi boa recepción», asegura o comisario. «Se xuntas xogo e lingua, aos rapaces éntralles mellor polo ollo». Así, Lois Denís Agrelo Arxóns, Ana Doval Fernández, María Herrero Prado, Paula Regueiro Fajín, Leticia Robles Soneira e Elena Valle García participan coa súa creatividade e cinco deles forman parte agora do programa de doutoramento en Tradución & Paratradución.

A mostra está organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, o grupo de investigación Tradución & Paratradución, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, o Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV); e conta co patrocinio da Deputación pontevedresa, precisamente, co fin de pór en valor a importancia deste sector na dinamización cultural e lingüística.

Falamos dunha industria que facturou 1.425 millóns de euros no ano 2023, segundo a última edición do Libro Blanco del desarrollo español de videojuegos. O seu peso económico é incuestionable, mais está vencellado a un potencial moito máis amplo. «O videoxogo tamén pode transcender a súa dimensión de ocio e converterse nunha ferramenta socialmente transformadora, orientada á inclusión, ao avellentamento activo e á creación de experiencias interxeracionais», recolle o catálogo da exposición, producido pola Editorial Galaxia. Así, atopámonos cunha «imaxe de Galicia asociada á creatividade e á modernidade», que amosa a súa lingua, costumes e tradicións.

É o que sucede, por exemplo, no caso do xogo The Waylanders, unha experiencia de «rol táctico onde te mergullas nunha Galicia fantástica da Idade Media, chea de maxia e onde as lendas xa case ninguén as recorda». O mellor é a posibilidade de percorrer aldeas inspiradas no patrimonio galego e dialogar con personaxes baseados en figuras reais, como Breogán.

Este videojuego habla chino, francés, castellano, ruso, alemán... y gallego

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor

Suscríbete

¿Ya eres premium? Inicia tu sesión aquí aquí

Vídeo “The Waylanders”, de Gato Salvaje

«Cada vez hai más presenza da lingua galega, tanto nos videoxogos como nos xogos en liña», prosegue o investigador. «É verdade que se nos comparamos, por exemplo, co catalán, estamos un pouco afastado. Pero iso non quita que cada vez hai máis produtos traducidos». Con todo, un dos grandes problemas do sector é que, en moitas ocasións, non aparecen nos créditos os nomes de moitos colaboradores. «Por iso creamos os Premios ETIV, para visibilizar os tradutores e obrigar á industria a mencionar a todos os participantes».

Nun contexto cada vez máis globalizado, a presenza das linguas minoritarias e minorizadas vai alén da cuestión puramente estética para ficar nunha realidade de peso: o dereito cultural e de supervivencia simbólica que representa, neste caso, o galego como vehículo de conexión a través dos videoxogos.

Entre as 28 propostas que podemos atopar ao longo da exposición, é de especial interese o título de Tintín Reporter: Os Cigarros do Faraón (Pendulo Studios, 2023). Este traballo foi lanzado hai poucos anos como unha aventura gráfica, perfecta para aos amantes das viaxes, das historias detectivescas e, por suposto, das películas e cómics de Tintín. «É un videoxogo potente, moi interesante», afirma o profesor e investigador Óscar Ferreiro Vázquez.

Agora ben, a súa importancia para mostra estriba na tradución ao galego realizada por Paula Regueiro e Lois Agrelo, baixo a revisión de Ana Doval. Así, achegámonos a unha historia cargada de matices arredor do reporteiro de ficción máis famoso do mundo, sempre acompañado do seu inseparable cadelo Milú.

A exposición O videoxogo en galego, promovida desde a Universidade de Vigo a través do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), constitúese como unha aposta pioneira coa que entender as infinitas posibilidades dos videoxogos. Alén de crear conexións arredor dun momento enteiramente lúdico, estes medios permiten aprender e lembrar o noso patrimonio desde o entretemento dixital.

A tradución

Entre as 28 propostas que podemos atopar ao longo da exposición, é de especial interese o título de Tintín Reporter: Os Cigarros do Faraón (Pendulo Studios, 2023). Este traballo foi lanzado hai poucos anos como unha aventura gráfica, perfecta para aos amantes das viaxes, das historias detectivescas e, por suposto, das películas e cómics de Tintín. «É un videoxogo potente, moi interesante», afirma o profesor e investigador Óscar Ferreiro Vázquez.

Agora ben, a súa importancia para mostra estriba na tradución ao galego realizada por Paula Regueiro e Lois Agrelo, baixo a revisión de Ana Doval. Así, achegámonos a unha historia cargada de matices arredor do reporteiro de ficción máis famoso do mundo, sempre acompañado do seu inseparable cadelo Milú.

A exposición O videoxogo en galego, promovida desde a Universidade de Vigo a través do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), constitúese como unha aposta pioneira coa que entender as infinitas posibilidades dos videoxogos. Alén de crear conexións arredor dun momento enteiramente lúdico, estes medios permiten aprender e lembrar o noso patrimonio desde o entretemento dixital.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents