Entre o retrato e o costumismo
150 anos de Álvarez de Sotomayor

«Abuela y nietos», de Fernando Álvarez de Sotomayor, obra incluída na exposición da Fundación Barrié da Coruña.
A exposición Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960), que conmemora o 150 aniversario do nacemento do artista, permite unha achegamento a unha figura central na arte galega do pasado século mais que xogou un rol importante no contexto español, onde chegou a ser director do Museo do Prado, e no hispanoamericano, cunha estadía en Chile onde deixou unha pegada fonda no cultura do país.
Nas primeiras décadas do XX Sotomayor destaca pola calidade do seu traballo e por ser representante dunha opción academicista que se move, tematicamente, entre o retrato e o costumismo idealizado, moi do gusto burgués. Significativamente, Sotomayor acabou sendo retratista do franquismo e baluarte das posicións estéticas máis inmobilistas.
Antes da Guerra Civil era un artista de prestixio recoñecido que practicaba un naturalismo historicista, apoiado na tradición realista española, con referencias italianas e inglesas. Sotomayor interesábase, en sintonía co ambiente intelectual noventaiochista español, pola captación de temas con valores etnográficos, sen renunciar á idealización: Segador galego. Montaña de Arzúa, Galicia (1907), presente na mostra, é un exemplo perfecto desta temática.
No pintor ferrolán abundaban tamén os retratos decorativos e mundanos na liña da grande retratística europea e americana desta altura (Whistler, Sargent, Tissot, Boldini...). Un bo exemplo é o Retrato do pintor Alfredo Helsby (1908-1909). Son obras que xogan cos contrastes lumínicos, captan ambientes refinados, elegantes, cosmopolitas e sofisticados, que nos fan lembrar os de Gainsborough. Nesta liña atinxe unha notábel altura nos traballos da primeira década do pasado século, cunha dicción elegante, refinada e cosmopolita, influído polo luminismo sorollesco e polo encadramento fotográfico, aspecto este último que xa se percibe xa en obras realizadas nos Paises Baixos nos primeiros anos desa mesma década.
Os devotos. Saída de misa (capela do Pazo de Mende) (1907) ou Comida de voda en Bergantiños (1916-17) son perfectos exemplos das composicións de temática popular galega do pintor. Estamos diante de traballos que se sitúan nun contexto que corresponde coa Galicia da crise agraria, co mundo labrego en plena loita antiforal. Fronte a iso, en cadros como os que comentamos, Sotomayor somete os temas, convencionalmente galegos, aos moldes da tradición realista española, con escenas de personaxes populares que semellan saír dunha representación teatral, adobiados con pormenores ideais de trazos románticos.
A resposta de Sotomayor á crise é, pois, antagónica respecto a que vai desenvolver Castelao no álbum Nós e ten certas semellanzas coa dada por un escritor como Antonio Noriega Varela no plano literario. O poeta d’O Ermo (1920) situaba o mundo galego nun marco ideal, nun locus amoenus, contraposto á dura realidade que se vivía, chea de carencias, emigración e conflitos, un ambiente que comezaba a manifestar con clareza a ruptura do mundo agrario e mariñeiro tradicional, un mundo que iniciaba un proceso xeral de desarraigamento, típico da modernidade.

«Pescaderas», de Fernando Álvarez de Sotomayor. / .
Un ollar estetizante
É evidente que a pintura de Sotomayor responde a este cadro xeral cun ollar estetizante. Parte dunha postura dun enxebrismo que admira o modelo de vida tradicional e que responde a unha visión de distanciamento paternofilial a respecto dos temas representados, nunca un tratamento entre iguais.
Trasládanos a esa Galicia ideal vista como unha sociedade en plena harmonía (no pasado) na cal conviven, en equilibrio coa natureza humanizada, labregos, fidalgos e eclesiásticos. Un mundo, polo tanto, ben afastado daquel que o movemento agrarista tentaba organizar e levar á plena modernidade. Unha Galicia filla dunha saudade do Antigo Réxime, unha Galicia reducida a linguaxe, conformada nas regras de xogo e no imaxinario dese «representador» que é o pintor, que co seu ollar paternal disecciona a partir dun sistema binario todo o que se encontra fóra dese ámbito: mundo urbano, conflito, pobreza... Galicia é «tradicional», «primitiva», «rural» e «ideal».
Sotomayor defende, pois, a pintura como vehículo para unha visión idealizada, con moito de decorativa e utiliza en moitas ocasións a tradición para concibir teatralmente escenas típicas, porén faino, nos mellores momentos da súa produción, antes da Guerra Civil, cunha notábel calidade formal que irá perdendo enerxía nas últimas décadas de vida creativa, algo ben visíbel nunha mostra que, tendo exemplos magníficos da mellor obra do pintor, adoece dunha montaxe ateigada que non permite que os cadros respiren e dun espazo que favorece moi pouco a contemplación da pintura.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Hallan un cuerpo colgado de un árbol frente a la Diputación de Pontevedra
- Condenan por intrusismo a un falso médico que atendió 9 días en Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Educación abre una investigación en un colegio de Vigo por acoso a una niña de 5 años
- Vigo acogerá el próximo desfile del Día de las Fuerzas Armadas