Leiro, académico
De noso e do mundo

O escultor Francisco Leiro no seu taller de Cambados. / Iñaki Abella
Román Padín Otero
O escultor Francisco Leiro (Cambados 1957) vén de entrar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, nun acto solemne celebrado o pasado domingo, 19 de outubro. Trátase dun recoñecemento para o seu traballo e tamén un agradecemento á súa aportación intelectual á cultura da derradeira parte do século XX e o que vai do XXI. Leiro entra na Academia cun discurso que leva por título «Roteiro, mi viaje visual en busca de la escultura». Sendo respostado polo tamén escultor Juan Bordes Caballero.
Os actos na Academia están cheos de toda a pompa que cómpre nunha circunstancia de tal altura. O cal é de agradecer nos tempos marabillosos que vivimos de alleidade a toda tipoloxía de protocolo e formalidade. As formas tamén alimentan o intelecto e son inherentes ás cuestións estéticas. E desas formas, e de como quebralas ou amelloralas, sabe moito Francisco Leiro, que leva dende os anos 80 protagonizando a vida artística e cultural de Galicia, de España e de América do Norte.
Oriundo daquela época de expectativas ilimitadas da Transición e a Movida (viguesa e madrileña), Leiro presentaba dende o inicio da súa carreira un interese pola imaxinería ou, dito doutro xeito, unha atracción cara á figuración.
Neses anos nos que se presentaban as primeiras edicións da feira ARCO, a arte contemporánea non andaba ao refugallo do mercado, mesmo o mercado éralle indiferente á arte. Daquela creábase con señorío, con rotundidade, con convición, con ganas fondas de expresar o que eran as crenzas e sentimentos de cada artista.
Aínda vivía Maruja Mallo, quen se movía con certa incredulidade polos recén creados centros de arte contemporánea que comezaron a poboar todas as comunidades autónomas. Daquela Warhol visitaba Madrid; Golpes Bajos dicía «no mires a los ojos de la gente» e Leo Castelli visitaba tamén a capital esspañola para presentar unha retrospectiva de Robert Rauschenberg.

Mostra de Leiro no MARCO de Vigo. / Eli Regueira
E Leiro estaba na portada da revista Lápiz cunha das súas imaxinerías, unha Eva ou Venus con faciana perplexa que ía cubrindo o seu sexo nun acto reflexo. Daquela chegara a Madrid ao Palacio de Velázquez unha mostra titulada Origen y visión: nueva pintura alemana, un repaso pola obra de dezasete artistas que se adscribían ao chamado novo expresionismo. E a realidade era que en Galicia había asemade un novo expresionismo desa corda, e aquí estaba Francisco Leiro, como rapaz moderno que respira o Zeitgeist, facendo exactamente o que se celebraba na escena internacional, a expresión na arte e nos materiais. A forza da pedra e da madeira, a celebración con certa distancia dos oficios tradicionais e a comunicación por parte dos artistas dun berro tan cheo de ledicia coma de anoxo polo pasado recente.
Na Galería Trinta de Santiago de Compostela, tivo mostras Leiro, era un enderezo no que acontecía cáseque todo o da arte en Galicia naqueles anos. Logo viaxa a Nova York e monta estudo aló e ten tamén estudo en Madrid.
Os éxitos de Leiro son máis que coñecidos, celebrado en cada edición de ARCO con senlleiras instalación temáticas. Activista coas súas esculturas en memoria do Prestige. Erudito cando retrata metamorfoses ovidianas nas súas madeiras e nas súas pedras. Ademais, Leiro é un conversador moi docto en moitas materias literarias, históricas e artísticas e tamén está moi cheo de sentido do humor. En definitiva, Leiro xa era académico antes de entrar na Academia pero agora ten o recoñecemento protocolario e formal dos compañeiros das artes e do mundo oficial.

O escultor Francisco Leiro no seu taller en Cambados / Iñaki Abella
Xardín en Cambados
No centro de Cambados ten Leiro a súa casa estudo. Accedemos de primeiras a un gran xardín cheo de esculturas en pedra que podería recordar o Bomarzo de Mújica Lainez ou ben podería ser uns dos universos pantagruélicos de Álvaro Cunquerio.
Neste xardín as mitoloxías que parecen devorar o home conviven con historias inventadas polo artista nas que se mestura retranca con intelecto. E hai tamén un gran taller con polea e polipasto. Xunto aos artefactos para mover pezas de gran formato, atopamos una colección de colosos típicos do universo leiriano, homes que avanzan, una balea que leva un Xonás enorme ou un travesti que leva tacóns e posa espido en contraposto.
No piso superior está a vivenda e tamén una gran colección de escultura en madeira e debuxos. Recíbenos Don Quixote nun leito. Están as figuras retortas sobre bancos de patas con todas as ordes da arte. Están os tres graciosos, tres homes moi xeitosos que evocan as musas. Está toda a memoria de Leiro.
Non lonxe deste estudo, na estrada á Illa de Arousa, ten outro xardín de esculturas e taller, aí sempre se vai mirar pedras monumentais que, aínda conservando a súa magmática orixe, levan incorporado o sinal de civilización coa man firme de Leiro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Hallan un cuerpo colgado de un árbol frente a la Diputación de Pontevedra
- Condenan por intrusismo a un falso médico que atendió 9 días en Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Educación abre una investigación en un colegio de Vigo por acoso a una niña de 5 años
- La parcela de la antigua estación de bus de Vigo será un espacio de encuentro social
- Vigo acogerá el próximo desfile del Día de las Fuerzas Armadas