Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Da aldea para o mundo

Cando o gravado viaxa

Fragmento de «Figuras», de Albino Fernández (1951), peza presente no Museo do Gravado de Artes.

Fragmento de «Figuras», de Albino Fernández (1951), peza presente no Museo do Gravado de Artes.

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), fundado no ano 2001, foi unha aposta do coleccionista Javier Expósito Paradela polo mundo rural como fonte de cultura, mais o universal, como ben se di, non é máis que o local sen muros, sen fronteiras. E así o Museo estivo sempre aberto á colaboración con institucións, coleccionistas e museos, que para recibir préstamos, quer para facilitar a exposición de obras de fondos propios. En consecuencia, nos últimos anos, contando co importante pulo do director do museo Xoan Pastor Rodríguez Sanatamaría, as súas coleccións viaxaron por Galicia, polo estado español, por América (Costa Rica, México, Arxentina, Nova York, Chicago, Miami, Washington D.C., Portugal…). E esta é a tendencia que segue a día de hoxe.

Estamos a falar de series de Picasso, Miró, Dalí, Castelao, Colmeiro, Ukiyo-E (gravado xaponés), alén das exposicións que agora expostas como o XVI Premio Atlante de Gravado e o I e IV Simposium Internacional de Offet de Arte e de series que ten ou terá en difrentes mostras até finais de ano no Museo do Gravado de Artes: Carmen Hermo: A pegada sensible; Rosa García: Lugares habitados; Homenaxe aos gravadores galegos: Lodeiro; Alcogravado e Yolanda Carbajales: Homenaxe a Isaac Díaz Pardo.

Proba deste dinamismo é a cesión de fondos a nivel internacional. Así até marzo de vindeiro ano estarán fondos do museo no Centro Cultural e de Investigão do Funchal ( Madeira ) coas coleccións Salvador Dalí: Pantagruel , Fábulas de La Fontaine e O Quixote. Tamén en Portugal se puido ver até setembro deste ano a colección de puntas secas de Manuel Colmeiro no Museo da cidade da Guarda.

A preseza do museo en Europa é de grande relevo. Así, a Fabbrica del Vapore de Milán presentatá desde o 23 de outubro a mostra I Tre Grandi di Spangna. Dalí, Miró, Picasso e o Museo Storico della Fanteria de Roma permitirá contemplar Il linguaggio delle iddee. Picasso até o 25 de xeneiro. Ao mesmo tempo, e até o mes de febreiro, o Museo del Grabado de Santa Marta de Tormes en Salamanca ten cedida a serie La tauromaquia de Franciso de Goya.

Complétase esta presenza coa exposición no Kunstsammlunen & Museen de Ausburgo, en Alemaña, titulada «Seht wie Wüerdevoll!». Spanische Meistergrafik von Goya und Dalí («Miren que graves». Mestres gravadores españois de Goya a Dalí) que se poderá ver até comezos de novembro.

En Galicia esta intensa actividade leva obra do Museo do Gravado de Artes ao Museo Provincial de Lugo, onde se pode ver Os Homes de Castelao na colección «Roberto Taboada» e ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde se presentará no mes de novembro e ata xaneiro A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga.

Doazóns

Fundamentais para enriquecer os fondos do Museo do Gravado son as doazóns recibidas desde que Xoán Pastor Rodríguez Santamaría asumiu as súas funcións como secretario do Padroado da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e como director do Museo do Gravado.

Entre estas doazóns están as series do artista alemán Detlef Kappeler, expostas en Artes en 2022. Julio Zachrisson, panameño-español, está presente na colección do museo mercé á xenerosa doazón da súa familia temén en 2022, sendo exposta a colección tanto no Museo como en Salamanca.

O artista arxentino, de orixe galega, Albino Fernández, mediante a doazón das súas fillas e fillo, tamén está presente nos fondos do Museo, obra que foi exposta tanto nas salas de Artes como no Museo Provincial de Lugo en 2021-2022 e 2023.

Outro doador importante é Doroteo Arnáiz, quen legou varias series en 2024. Recibiu tamén, entre catálogos e libros de arte, dous libros de artista, un de Pepe CÁCCAMO e outro de Baldo RAMOS en 2025. Son exemplares únicos ilustrados (unha soa unidade). Tamén este ano 2025 acrecentou os fondos coa doazón da familia de Juan Navarro Ramón (1903-1989), nacido en Altea (Alacante) e presente na Exposición Universal de París en 1937. Son 33 obras litográficas e augafortes.

Tamén ten outra recente doazón dun particular do cartafol Aniversario 25 do Taller Experimental de Gráfica da Habana, dos anos 80, con xilografías de 23 artistas cubanos de renome internacional.

Neste momento o museo está a tramitar o traslado da doazón doutro importante artista barcelonés, Lluis Pessa (1929-2024) cuxa doazón de 30 litografías realizadas entre os anos 1957 e 1994 pasarán aos fondos do Museo.

Para esta insitución, recibir as doazóns de grandes artistas é fundamental non só polo que representan para aumentar os fondos de obras de arte, senón para a conservación do patrimonio cultural e a preservación de artistas, así como para a promoción e coñecementos de artistas que facilita o intercambio cultural entre distintos países e diferentes culturas.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents