A arte de viaxar
Turistas, flâneurs, paseantes

Viaxeiros do século XVIII durante o «Grand Tour».
Mentres que hai persoas que din que viaxan para perderse, outras afirman que viaxan para encontrarse. Tamén sinalan que viaxan para descubriren a natureza; outras para conquistaren unha cidade, para fuxiren de algo ou de alguén ou tal vez para escapar de si mesmas. Tampouco faltan as que viaxan para contar que viaxaron. Hai quen quere mirar as cousas doutro xeito e quen quere mirar cousas distintas e, por iso, hai quen viaxa para ver e hai quen o fai para ver o que quere ver. Pero tamén hai quen viaxa continuamente porque non queren chegar a ningunha parte e quen viaxa, como meu pai, para poder regresar.
Pero hai quen quere camiñar a historia nun vagar na busca da inspiración axeitada. Esas persoas románticas senten latexar o seu corazón con máis intensidade cando pensan que tocan aquilo que tocou un conquistador, un rei angustiado ou un heroe apaixonado ou que lles emociona respirar o mesmo aire que respirou Gauguin ou Napoleón. Todos os destinos son posíbeis para estes viaxantes que perciben voces ancestrais dende a néboa da Bretaña aos desertos de Agafay e dende Persépolis a Sibiu, de Atenas a Copenhague e de Guiza a Tánxer e, de alí, a Machu Picchu. Outros, non menos románticos, viaxan a través das obras dos que viaxaron, e van á China que observou Paul Theroux ou ao Brasil dende as imaxes pintadas na expedición holandesa de Frans Jansz Post e Albert Eckhout.
Hai viaxes menos horizontais porque a verticalidade dos camiños eleva os viaxantes a outros mundos preto da loucura e, ás veces, estas travesías duran anos, como a de Jung plasmada no Libro Vermello. Unha viaxe ao infinito do incosciente, transformadora do ánimo con visións extraordinarias e ás veces terroríficas. Unha travesía que, segundo o psiquiatra, é necesaria para atravesar o inferno das paixóns e poder así controlalas.
Tamén os viaxantes se diferencian no seu atrevemento. Están os que atravesan as fronteiras nacionais para instalarse no conflicto alleo con consecuencias incontrolábeis pero tamén existen os que se atreven coas fronteiras culturais, algunhas especialmente perigosas como as do inconsciente, ás que chegan a través de bebidas psicoactivas atávicas de lugares tan remotos para nós como a Amazonia, buscando espiritualidade e tendo que conformarse cuns vómitos que mercan como «depurativos», está claro que nisto das viaxes non se consola quen non quere.
Hai viaxantes que percorren pequenas distancias no espazo para visualizaren a viaxe social. Baudelaire, tan afeccionado a facer da vida unha obra de arte, caracterizou o «Flâneur» neste deambular na cidade, indo dun sitio a outro para non atoparse en ningún lugar. Este perderse é unha boa metáfora do camiñar da arte, estado necesario para promover o despego que aniña na creación. No seu errar, Baudelaire atopa algo que lle desperta interese, sempre acaba no límite da cidade no encontro co extraño, o tolo ou o marxinal. Un encontro interesante que remite ao presente, xa que o turista tamén confronta coa carencia, porque ten tanta actualidade o turista como o refuxiado, dúas figuras que viaxan: un por pracer e o outro por obriga.
A rutina mata a curiosidade e volve invisíbel as cousas simples e necesarias, mentres que o novo nos esperta. Pode que por iso nos guste tanto viaxar aínda que, como toda conduta humana, non atopa explicación en causas únicas. A ausencia do familiar resúltanos inquietante, pero o familiar para nós é inquietante para outros. Hai xente que se sorprende por tanta chuvia, pero ela explica moitas cousas. A xente estráñase pola cantidade de festas no verán ou por tantos faldóns que teñen os tellados; por que hai tantos muros de pedra ou pola cantidade de bares. O necesario para uns vólvese curioso para o viaxante.
A viaxe libera sempre dunha condición inauténtica da vida. Tal vez sexa tan estimulante por un recordo ancestral nómade que nos impulsa ou pode que porque somos seres simbólicos e a viaxe sempre é metáfora da vida, xa que en realidade un sempre se está indo.
Suscríbete para seguir leyendo
- La plaga británica de pulpos entra en la campaña navideña del sector pesquero
- Hallan un cuerpo colgado de un árbol frente a la Diputación de Pontevedra
- Condenan por intrusismo a un falso médico que atendió 9 días en Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro
- «No solo me arrancaron la pierna, me arrancaron la vida»
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Educación abre una investigación en un colegio de Vigo por acoso a una niña de 5 años
- La parcela de la antigua estación de bus de Vigo será un espacio de encuentro social
- Adiós a un clásico de Samil: Vigo rechaza prorrogar la concesión de la cafetería Di San Remo