Dandis: cando vestir é opinar
Vestimenta e liberación

Dandis negros a comezos do século XX. / FDV
Román Padín Otero
A figura do dandi, e mais o movemento cultural que xira arredor de empregar o corpo coma un lenzo en branco, non deixou de estar de actualidade dende o século XVIII deica aos nosos días.
Se ben que falamos do «primeiro dandi» da historia cando nos referimos a Beau Brummell, un cabaleiro inglés a cabalo entre os séculos XVIII e XIX, xa consta, porén, a presenza de suxeitos empregando unha indumentaria extrema como código de conduta e xeito de opinión dende a antigüidade. Así, é posible citarmos a Alcibíades na Grecia clásica e a Xulio César na Roma republicana ambos como dandis.
Dende logo, temos así mesmo cabaleiros vestidos fóra da convención nas cortes italianas do Renacemento e aínda na hedonista corte de Luís XIV en Francia. En España, o chamado «petimetre» aparece dende o século XVIII. Na Inglaterra dese mesmo século, o cabaleiro vestido con demasiado esmero e altas perrucas era chamado «macarroni».
Na Francia do Directorio apareceron os «incroyables» e mais as súas parellas as «merveilleuses» que non viñan resultar outra cousa máis que mozos e mozas empregando a indumentaria como soporte da súa ideoloxía contracorrente. Na España de Pepe Botella toma forza o xeito de vestirse como «majos» e «majas» para poñer de manifesto unha conciencia política e cultural.
Xa adentrados no século XIX, os escritos de Charles Baudelaire e Jules Barbey d´Aurevilly incorporan ao imaxinario da figura do dandi elementos como o de pertencer á burguesía, ser un suxeito urbanita, actuar cunha certa indolencia, manifesarse manierista ou amanierado, nalgúns casos ser vítima da moda e, noutros, vítima igualmente das súas manifestacións públicas. En xeral, ese dandi era un ser solitario e decadente malia a refulxencia dos seus modos e modas.
Os aristócratas aparecen na escena dandi con dous persoerios de natureza real e literaria: o conde de Montesquiou-Fézensac, velaí un dandi, escritor, poeta, filántropo e inspirador do personaxe do barón de Charlus en A procura do tempo perdido de Marcel Proust. E o marqués de Bradomín, alter ego do escritor Ramón María del Valle-Inclán, quen alcanzou a mímese de realidade e novela cando lle foi concedido o título de marqués ao escritor galego de xeito póstumo.
Mulleres dandi
Hai donas dandi como a condesa Greffuhle, quen inspirou a Proust o personaxe da duquesa de Guermantes, e que vestía sempre de xeito extraordinario ademais de ser unha gran filántropa. Asemade a marquesa Luisa Casati, célebre polas súas exóticas festas no seu palacio Venier dei Leoni en Venecia (o que logo habería de ser o museo Guggenheim). A pintora Romaine Brooks, famosa por vestir con traxe xastre.
Máis recentemente a periodista de moda Anna Piaggi marcou os anos setenta do pasado século cos seus chapeus e bastóns. A relaciones públicas Susanne Bartsch vestía nos anos oitenta e noventa coma unha raíña da noite nos eventos de club que convocaba. E tamén nos anos oitenta o creador Leigh Bowery trascendeu o xénero imaxinando os máis transgresores atuendos nun limbo de arte, moda e cultura de club.
A novidade dos estudos de moda tróuxonos no 2009 o libro de Mónica Miller titulado Escravos da moda: dandismo negro e o estilo da identidade negra na diáspora. O libro inspira a mostra de moda do Museo Metropolitano de Nova York deste ano. A exposición segue a liña do movemento «As vida dos negros importan», incorporando ao poder difusor da moda a mensaxe política e social de denuncia dos abusos dos que é vctima a poboación negra en Estados Unidos de América, mesmo no século XXI.
Estilo sartorial
O dandismo negro baixo o título Superfino, o estilo sartorial nos negros, é o lema da exposición no Instituto do Vestido no Museo Metropolitano de Nova York este 2025. É sabido que esa mostra anual vai acompañada dunha alfombra vermella onde se dan cita todas as estrelas da moda, do cine e da música, lucindo as máis rechamantes roupas e peiteados. É un dos eventos máis mediáticos do ano pois reflicte o enorme poder de convocatoria que a moda ten no século XXI.
Vestirse con elegancia extrema era para os negros escravos ou criados no século XVIII un xeito de converterse nun obxecto. Daquela retratábase un cabaleiro branco co seu criado negro, vestidos ambos con elegancia, subliñando a natureza de sumisión do criado.
Pasados os séculos, os negros en América empregaron o estilo extremadamente elegante para vestir como xeito de autoafirmaren a súa liberdade, status, poder, relixión ou ideoloxías.
A mostra reúne pinturas, fotografías, indumentarias e modas dende o século XVIII até a actualidade percorrendo o camiño de liberdade que supuxo a moda na poboación masculina negra. É a primeira volta que se poden ver traxes únicos que reflicten un sentimento colectivo de liberdade e importancia na poboación negra en América.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Trabajo solo por encargo, y tengo una lista de espera de casi dos años»
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Murió de un infarto a las dos horas de que lo atendieran y le diagnosticaran gastroenteritis
- Cazan a un trabajador vigués jugando al pádel en horas de trabajo y contrataca denunciando impagos
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Un grupo de 45 afectados demandará a una tienda de Vigo de productos veganos