Anticapitalismo e comunismo
Pensamentos alternativos (V)

Intento de golpe de estado na URSS (1991).
Alfredo Iglesias Diéguez
O 26 de decembro de 1991 anunciábase a disolución da URSS e, xa que logo, o fracaso da experiencia comunista, aínda que quedaban en pé as experiencias chinesa e cubana, a vietnamita e aínda algunha máis. Con todo, apenas uns anos despois, xurdían novas perspectivas: a primeira, o levantamento zapatista do 1 de xaneiro de 1994; máis tarde, o ascenso ao poder de Chávez e o movemento bolivariano; a «batalla de Seattle» a finais de novembro de 1999..., que semellaban ter superado o comunismo. Xurdía o movemento antiglobalización altermundista.
O colapso do comunismo
Durante o goberno de Gorbachev (1985-1991), que se caracterizou pola introdución de cambios significativos na xestión do poder político e na economía, na Unión Soviética, sucedéronse unha serie de acontecementos que levaron á súa disolución sen que o pobo soviético loitase pola continuidade. Era a mostra máis evidente do «fracaso» do comunismo como alternativa ao capitalismo e aos sistemas democráticos do «mundo libre», que levou á marxinalidade dos partidos comunistas occidentais.
A vía chinesa ao comunismo
É un tópico denunciar o carácter socialista da experiencia chinesa, sobre todo entre xentes de esquerdas. Non obstante, pódese sinalar que o xiísmo (2012-) representa o «socialismo con peculiaridades chinesas na nova era», que se fundamenta nas 14 perseverancias de 2017, coas que se pretende modernizar economicamente o país, garantir a protección social e a redistribución da riqueza (lémbrese que 600 millóns de persoas saíron da pobreza nestes anos de modernización), perseverar nos valores socialistas e garantir a plena soberanía do pobo chinés..
O xurdimento de novas experiencias «anticapitalistas»
O 1 de xaneiro de 1994 un grupo de guerrilleiros do Exército Zapatista de Liberación Nacional tomaban militarmente varios concellos de Chiapas (México) e facían pública a Declaración da Selva Lacandona, na que sinalaban que loitaban «polo traballo, a terra, o teito, a alimentación, a saúde, a educación, a independencia, a liberdade, a democracia, a xustiza e a paz». Abríase un novo horizonte de loitas.
Da súa parte, o 6 de decembro de 1998 gañaba as elección venezolanas Hugo Chávez, quen convocaba unha Asemblea Constituínte en 1999; os eixes desa nova Constitución son a xustiza social, a liberdade e a participación política da xente, a defensa da soberanía (antiimperialismo) e a defensa do patrimonio nacional (antineoliberalismo). Dalgún xeito a revolución bolivariana inspirou outras experiencias políticas exitosas: o movemento cidadán en Ecuador, o traballismo brasileiro da man de Lula da Silva, o movemento ao socialismo de Evo Morales en Bolivia... Todos eles cun factor común: o rexeitamento do modelo de globalización imposto pola OMC, o BM e o FMI en América Latina, polo que desenvolveron políticas desenvolvementistas (mesmo extractivistas), soberanistas e redistributivas, pero sen saír das marxes do capitalismo.
Neste contexto, no que o espertar de América Latina semellaba marcar o camiño a seguir, xa que mostraba unha nova forma de facer política, a dos movementos (municipalismo, indianismo, campesiño, antirracismo, feminismo, ecoloxismo, LGBTIQ+...), irrompe nos EEUU e mais en Europa o movemento «indignado», que expresaba o malestar fronte as políticas neoliberais que -despois de ensaiarse con éxito en América Latina nos anos 90-, comezaban causar estragos entre os segmentos máis precarizados das sociedades occidentais; non obstante, a expresión política deses movementos indignados (Syriza, Francia Insubmisa, Podemos...) mantívose dentro dos estreitos límites do capitalismo.
Quere iso dicir que non hai alternativa ao capitalismo? Se o rexurdimento da extrema dereita é a resposta, semella que non.

Subcomandante Marcos. / .
Utopías
Os feitos semellan indicar que o comunismo morreu. Non obstante, a pregunta vén resultar estoutra: pode morrer a paixón igualitaria, a idea de xustiza, o compromiso coa liberdade, a vontade de romper calquera sistema de opresión...?
É certo que todas as sociedades post-neolíticas dos últimos 10.000 anos están atravesadas por sistemas de opresión de clase, de xénero, de raza...; pero tamén o é que se na actualidade superamos algunhas das estratexias de dominación despregadas por eses sistemas de opresión (escravismo...), foi precisamente por mor da pulsión igualitaria que inspirou todas as loitas sociais ao longo da historia.
Neste sentido, cómpre sinalar que o mundo no que vivimos é o froito da loita dos ninguén movidos pola utopía comunista, a utopía da sociedade sen clases e igualitaria, e cada vez que na correlación de forzas o horizonte utópico esvaece no ar -como na actualidade-, as clases populares son as grandes prexudicadas.
É posible que nunca alcancemos ese horizonte utópico, pero, como nos ensinou Berri a través de Galeano, a utopía serve para camiñar, para avanzar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- «Trabajo solo por encargo, y tengo una lista de espera de casi dos años»
- Murió de un infarto a las dos horas de que lo atendieran y le diagnosticaran gastroenteritis
- Cazan a un trabajador vigués jugando al pádel en horas de trabajo y contrataca denunciando impagos
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»