II Internacional e comunismo
O anticapitalismo (e IV)

Traballadoras téxtiles en San Petersburgo (1917).
Alfredo Iglesias Diéguez
O socialismo herdeiro das teses defendidas por Marx no seo da I Internacional (1864) e que —malia os intensos debates internos relacionados coa «cuestión da muller», o imperialismo ou o colonialismo—chegara unido até as portas mesmas da I Guerra mundial (1914-1918) veuse escindindo en dúas correntes que non volverían encontrarse: dunha banda, o socialismo reformista, do que é herdeira a socialdemocracia —o social-liberalismo dos nosos tempos— e, doutra, o socialismo revolucionario, do que é herdeiro o comunismo e que nos nosos tempos por veces semella socialdemocracia.
A I Guerra Mundial (1914-1918) e a bancarrota da II Internacional. En 1915 os sectores situados máis á esquerda reivindicaban as teses subscritas pola II Internacional (Basilea,1912), nas cales se falaba de «axitar o pobo», «empregar a crise» —a guerra— para precipitar a caída do capitalismo, inspirarse nos exemplos da Comuna de París para promover un movemento insurreccional..., e denunciar a «traizón» —o incumprimento dese deber revolucionario— por parte de partidos socialistas que abdicaran fronte as burguesías nacionais— velaí a Union Sacrée francesa e mais a Burgfriedenspolitik alemá—, aos que cualificaban de socialchauvinistas ou socialpatriotas.

Desembarco de Gallípoli (1915). / Arquivo
Neste contexto, e cando os horrores da guerra, malia a censura imperante, deviñan evidentes (lembremos as batallas de Ypres, Tannenberg, Gallipoli...onde morreran máis dun millón de soldados) e logo de que as mulleres socialistas, convocadas por Clara Zetkin, acudiran a unha conferencia pacifista en Berna no mes de marzo de 1915, a dirixencia deuse unha nova oportunidade en Zimmerwald (setembro de 1915), subscribindo un manifesto (presentado por Trostki) no que se mostraba unha actitude crítica fronte a guerra..., pero pouco efectivo para o sector máis internacionalista da conferencia, liderado por Lenin, quen presentara para o debate un texto no que falaba de «transformar a guerra imperialista nunha guerra civil» (O socialismo e a guerra, 1915), nunha loita de clases do proletariado contra a burguesía que puxese fin ao imperialismo e mais capitalismo.
Esa esquerda internacionalista reuniuse de novo en Kiental. Nesta ocasión, de novo coa presenza de Lenin, o manifesto final, subscrito por todos os asistentes, reclamaba a «paz inmediata e sen anexións», xa que «esta guerra, pobos traballadores, non é a vosa, aínda que vós sodes as vítimas...» A consigna era clara: a única saída posible da guerra radicaba na revolución; velaí as folgas na cidade de San Petersburgo que fixeron caer o tsarismo en febreiro de 1917, esoutras dos metalúrxicos alemáns no mes de abril de 1917 e tamén aqueloutras dos metalúrxicos franceses a finais de 1917... e, a de maior transcendencia, a revolución de Outubro en Rusia.

Lenin en Zimmerwald (1915). / Arquivo
A revolución de Outubro (1917) e o comunismo. O 23 de febreiro de 1917 (8 de marzo, no calendario gregoriano establecido tras da revolución) as traballadoras das fábricas téxtiles de San Petersburgo botáronse á rúa esixindo «pan, paz e república». Foi o inicio dunha revolución que, despois de derrocar a monarquía tsarista, avanzou cara a construción da primeira república socialista soviética en outubro de 1917: a Rusia bolxevique presidida por Lenin, que a partir de 1923 daría paso á URSS.
No transcurso dese proceso, o fracaso da II Internacional converteuse en ruptura: o socialismo reformista (socialdemocracia) e mais o socialismo revolucionario (comunismo) tomaron camiños diverxentes. A socialdemocracia renunciou ao socialismo para abrazar un imposible capitalismo con rostro humano. Da súa parte, o comunismo explorou diferentes camiños para superar o capitalismo e construír a sociedade de libres e iguais.
En democracia
En abril de 2021, no marco da celebración do centenario da súa fundación, o PCE aproveitou o aniversario da súa legalización tras o franquismo —o 9 de abril de 1977— para difundir unha campaña baixo o lema «comunismo é democracia»; unha afirmación á que Isabel Díaz Ayuso, en plena campaña electoral, transformou en «comunismo ou democracia».
Ora ben, son antagónicos comunismo e democracia? Para a maioría da xente —incluídos moitos políticos, tamén a maioría dos que se din progresistas, politólogos e analistas de diferentes procedencias, opinólogos...—, si son antagónicos. Tamén é certo que algunhas experiencias construídas en nome do comunismo non foron moi democráticas..., do mesmo xeito que tamén é certo que o PCE foi o partido que máis loitou pola recuperación da democracia nos tempos do franquismo.
Neste sentido, en tanto que o comunismo supón a superación do capitalismo —que coexistiu coas máis crueis ditaduras: dende a nazi até ás militares do Cono Sur, entre outras— e a construción dunha sociedade igualitaria e baseada na liberdade, resulta obvio que o comunismo só pode ser democrático.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota