Paula Mayor: «A verdadeira Rosalía dista moito da imaxe que se nos ten mostrado»
En Rosalía Oculta, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, e que acaba de publicar Galaxia, Paula Mayor afonda na obra de Rosalía de Castro para descubrir a muller real que hai detrás da imaxe que todos coñecemos.

Paula Mayor, ilustradora e deseñadora / Fdv
–Cando obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada, o xurado destacou o peso que lle dá Vde., nesta novela/biografía gráfica, á faciana humana de Rosalía de Castro. Por que reparou nesta opción?
–A miña intención foi amosar unha Rosalía afastada dos tópicos, da nai da patria, da esposa entregada, da escritora triste e agochada na súa casa, moi lonxe da verdadeira. Tentei mostrar a nena cunha infancia alegre, unha moza rodeada de amigos que loita polos seus soños, unha muller valente que ese enfrenta aos prexuizos da socidade do século XIX contra o pobo galego e o seu idioma e loita polos dereitos da muller.
–Hai varios retratos “tópicos” de Rosalía e outros que son bastante descoñecidos. Que criterios aplicacou para debuxar e retatar a súa Rosalía?
–Busquei todos os retratos e fotos de Rosalía, incluso os das súas fillas coas que nalgunha ocasión a confundiron pero, para afastarnos da imaxe establecida, non podía empregar o retrato típico, quería que o lector se achegara ás súas vivenzas dunha forma diferente, que conectase con ela. Non quería facer unha biografía ao uso.
–Como era Rosalía como persoa?
–Penso que a verdadeira Rosalía dista moito da imaxe que durante tanto tempo se nos mostrou. Temos a súa narrativa, a súa poesía, pero moitas das súas verdadeiras palabras que nos achegarían a súa personalidade foron borradas. Apenas temos unhas poucas cartas escritas da súa man e algunhas referencias dos que a coñeceron onde podemos entrever o seu carácter. O tesón que tivo para afrontar os obstáculos da súa vida foi abraiante: filla de nai solteira, pai sacerdote, unha muller independente que pelexou para ser escoitada, para escribir poesía en galego, cando ninguén o fixera, e que describiu os problemas da emigración galega, da violencia de xénero e a destrución da natureza, entre outros. Aprendeu a tocar varios instrumentos, debuxo, francés, lía autores europeos, tiña unha capacidade impresionante para escribir aínda sendo nai de familia numerosa e cunha enfermidade ás costas. Penso que era un muller incrible, forte e moi sensible coas inxustizas do seu entorno.
–A que fontes recorreu?
–Lin todo e que puiden tanto da súa obra e biografías como da socidade e sucesos históricos do século XIX. Teño documentación sobre o censo da poboación en Galicia, copia da cartilla da inclusa do Hospital Real en Santiago, o catecismo que escribiu a que seguramente foi a súa profesora en Padrón, Lucía Gifford, textos sobre a educación feminina, información dos medios de transporte que tiña Galicia… Localicei xornais onde aparecían os seus artigos ou que recollían noticias sobre ela ou eventos dos que puido ser testemuña. Tamén están os recursos gráficos. Hai que buscar fotografías e mesmo debuxos da época para recrear como eran o mobiliario, a vestimenta, as localidades onde estivo, entre outras moitas cousas. Fixen fotografías a varios dos lugares por onde pasou, como algúns dos seus fogares e, por suposto, a Casa da Matanza en Padrón. Visitei o mosteiro de Santo Agostiño, que fora sede do Liceo da Xuventude, onde nos amosaron moi amablemente as instalacións e puiden imaxinar o que tería sido para unha Rosalía moza estudar e vivir alí. Por suposto recorrín ás obras dos seus biógrafos, entre outros Bouza Brey, Marina Mayoral, Carvalho Calero, María Xesús Lama, Catherine Davies, María Pilar García Negro, “Cartas a Murguía” de Xose Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos, Anxo Angueira, a Revista Follas Novas, artigos tanto de autores españois coma estranxeiros...
–Cal dos seus poemas é o seu preferido?
–Non podería decidirme por un só pero si podo dicir que un dos que máis me impactou foi «A xustiza pola man», do que fixera o ano pasado unha recreación en banda deseñada para Viñetas desde o Atlántico e que incluín nesta edición de Rosalía Oculta. A crudeza dos acontecementos que narra e a forma en que o fai remexe por dentro.
–Pédese dicir sen tapadeiras que Rosalía foi unha das pioneiras do feminismo en Galicia?
–Rosalía foi unha pioneira na denuncia e reinvindicación dos dereitos das mulleres. Na súa época considerábase que a muller tiña que ser un ser sumiso e fráxil, non se concibía que escribira novelas, temas paixonais ou problemas sociais. Rosalía rebelouse contra o establecido, falou da violencia que sufrían as mulleres dentro e fóra do matrimonio, non so físicas se non tamén psicolóxicas. Así o reflicte nas súas obras Las hijas del mar, Las literatas, Flavio e moitas máis.
–De verdade coida que era tanta a tristeza que tiña cando tivo que trasladarse a vivir unha tempada a Madrid?
–Rosalía parte para Madrid no 1856, cando Galicia tiña pasado recentemente pola fame do 1853, tamén vivira o cólera que entrara nese mesmo ano por Vigo. Ademais, os aldeáns, famentos, acudían ás cidades coma Santiago, onde ela vivía, en busca de axuda. En España estaba a vivirse un momento político moi tenso cunha poboación descontenta, con contínuas algaradas. Súmase tamén a desastrosa comunicación da nosa terra tanto a nivel interno como co exterior. Isto tivo que deixar unha fonda pegada nunha Rosalía adolescente. Penso que a oportunidade de marchar a Madrid tivo que ser un sopro de aire fresco para ela, unha nova etapa chea de oportunidades.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las clases se suspenderán en Galicia por alerta roja por temporal o naranja por nieve
- La Xunta activa la alerta naranja por temporal costero en toda Galicia y suspende la actividad deportiva federada
- Hallan armas y munición durante la desokupación de un edificio en Vigo en la que participó Dani Esteve y su empresa
- Alfonso Rueda responde a las quejas de Jorge Cadaval sobre las lluvias en Andalucía y su referencia a Galicia: «Es lo que hay»
- Parece Japón pero está en Galicia: el paraíso termal al aire libre que te trasportará al país asiático en una experiencia única
- El hachazo de la LaLiga contra la piratería salpica a los hogares gallegos: «Cuando emiten fútbol hay cosas que no funcionan en mi casa»
- Así es el nuevo zoo de Vigo: un paraíso para los animales... y los niños
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida