As aventuras de Segurant o Pardo
O rei Arturo ten un novo cabaleiro

Segurant loitando co dragón (Biblioteca do Arsenal, París). / Arquivo
Todas as sociedades precisaron de modelos a seguir. Se nas literaturas aurorais os poemas épicos narraban os feitos dos heroes (Aquiles, Ulises, Eneas, Roldán, Sigfrido, Rui Díaz), coa aparición da novela -con Chrétien de Troyes-, os protagonistas pasaron a representar os valores do momento o do lugar. Nas obras do escritor champañés, había unha progresión, desde Ivain, Galván e Lancelot, que culmina con Perceval, chamado a ver o Grial pero imposibilitado de facelo -na presenza do Rei Pescador- polo seu adulterio coa raíña Xinebra. Será o seu fillo Galaad quen o consiga pero sen ter que pasar ningunha proba.
As novelas medievais, especialmente a partir de Robert de Boron ou do ciclo da Vulgata, popularizaron as historias do mago Merlín e do rei Arturo e os seus cabaleiros, reunidos a carón da Mesa Redonda. Unha traxectoria de amor e aventuras -xa sen o misterio inicial- que culminou con heroes como Amadís de Gaula, Tirant lo Blanc e coa parodia de Don Quixote da Mancha, cumio paradoxal de tal traxectoria. Agora contamos cun novo heroe nese elenco: Segurant. A recuperación deste cabaleiro -esquecido durante séculos- foi posible grazas á tenacidade de Emanuele Arioli, un investigador italiano novo, que vén de publicar Segurant, el caballero del dragón (Folioscopio). Un resultado obtido, a partir dunha certa dose de azar, cando hai dez anos consultaba As profecías de Merlín na Biblioteca do Arsenal de París. Arioli non lle deu importancia a este cabaleiro ata que, como quen colle cereixas, foi na procura de diversos manuscritos (uns vinte e oito), en sete países, que tamén recollían a súa peripecia de maneira parcial. Manuscritos esquecidos cando non -como o de Turín- afectados por un incendio. Despois de publicalo no francés antigo orixinal, agora dispoñemos da tradución castelá.
O primeiro que cómpre dicir é que -en tanto que o libro é un obxecto- a edición é magnífica. Outra cousa que sorprende -malia o número de manuscritos consultados- é que a peripecia deste Segurant o Pardo (que así poderíamos verter ao galego o seu alcume «le Brun») non ten autoría coñecida. En relación a novelas coetáneas, participa tamén dunha presentación plana dos heroes artúricos, aínda pendentes do achado do Santo Grial, pero xa desprovistos da marabilla que tiñan as novelas de Chrétien de Troyes. Esta novela do cabaleiro do dragón está dominada polo asombro, pola esaxeración (hipérbole) á hora de falar de reis e cabaleiros, recurso destinado a sorprender o público ouvinte (ao longo da narración son frecuentes as marcas de lectura a viva voz).
Malia a abundante presenza de raíñas, damas e doncelas, o amor está ausente a prol da aventura, dos combates e, incluso, do inmediato temporal, como cando di que «o Papa vén visitarvos. Foi elixido esta mañá». Os combates son dunha violencia inusitada. En linguaxe de hoxe, cabería cualificala de propia dos cómics. Ao cabo, tamén nós acreditamos no insólito e nos heroes dos nosos días.
Sinala Arioli que unha parte dos manuscritos se limitaban a uns poucos capítulos, como se as aventuras narradas funcionasen de maneira autónoma. Tal vez estas circunstancias fosen a razón -os gustos literarios evoluíron- pola que o Segurant pasase a quedar esquecida. En consecuencia, e na medida en que sabemos que as máis das copias proceden dos séculos XIV e XV, a súa lectura pode ilustrarmos sobre os gustos do público ouvinte naqueles anos e tamén por que non pasou a imprenta, como si que sucedeu con Thomas Mallory e a súa Morte de Arturo, que abandonaba o romance de aventuras para constituírse en novela moderna.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
