Entrevista | Lara Dopazo Ruibal Escritora
“A América profunda é máis grande da que non o é”
En Contos gringos (Galaxia) hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, mortes inesperadas e moito, moito frío. Dopazo (Marín, 1985) amósanos unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos sobrenaturais, bestas animais e bestas humanas: a realidade e a fantasía mestúranse, ata que é imposible distinguilas

A escritora Lara Dopazo. / DISTRITO XERMAR
–Como xurdiu a idea de escribir Contos gringos e por que elexiu este espazo xeográfico concreto?
–Veu un pouco dado. A verdade é que non hai que atribuílo á miña inventiva senón a unha circunstancia da miña propia vida. Eu fun vivir dous anos a Iowa, que é algo así como estar no medio da nada en Estados Unidos, ou sexa, a iso que chaman a América profunda, e os contos foron escritos prácticamente todos alí. Dáquela o contexto e o escenario fóronme dados.
–Á marxe do espazo xeografico, que teñen en común os contos que reúnes neste libro?
–Pódese decir que aproveitei esa circunstancia da miña vida para escribir uns relatos “americanos”, pero incorporando uns elementos propios da miña escrita:_o sobrenatural, a natureza ferida, os animais humanizados, os humanos animalizados, a violencia... e até cousas que non se pode explicar porque son inexplicábeis. E hai tamén un elemento que atravesa todo o libro, que é a sensación de estraneza, que está moi relacionado co lugar, porque eu, como autora, coloquei aos meus “narradores” para que reflectiran esa estraneza que eu sentía. Por iso quen os lea seguraente apreciará unha sensación dede outredade, é decir, de que quen está contando cada historia é un ser alleo a esa terra.
–É coma se un estranxeiro ven a Galicia e escribe sobre as meigas, os trasnos, a Santa Compaña...
–Salvando a distancias, algo semellante, si. Estes contos proceden de toda esta tradición popular que citas mais tamén dos contos de mitade do século XX_nos que o fantástico e o sobrenatural fíltranse na realidade e, de súpeto, as almas viaxan en corpos de animais, “aparecen” desaparecidos…en fin. Eu bebo desas fontes, dese tipo de fantasía, malia que, neste caso, trasládoa a outro lugar.
–Pretende ser este libro un retrato ou un achegamento a iso que se chama a “América profunda”?
–Todos estes contos xurdiron dunha maneira orgánica, pero malia que me alimento moito do que vivín en Iowa, a miña intención non era o de facer un retrato da América profunda, porque sairíame un retrato un pouco perverso, xa que eu ficaba nun lugar moi concreto nun momento moi concreto, de maneira o que o que podía acadar se acaso era unha mirada moi parcial.
–Un dos elementos que están presentes nalgúns destes contos son os fenómenos sobrenaturais. Para Vde, recorrer á fantasía é a mellor ferramenta para contar a realidade?
–Coido que si… Eu incorporo estes elementos fantásticos, algún ata desacogaugante, porque é algo que a min me presta; e préstame escribir así porque me resulta moi divertido, moi interesante e, nomeadamente, moi nutritivo dende o punto de vista literario. Porque todos eses elementos axúdanme a sementar dú bidas, a decantarme por finais abertos, a facer que os personaxes non sexan nin bos nin malos… Se acaso, en Contos gringos o que abonda son os personaxes escesivos, o cal a min faime cuestionar se acaso todos seriamos un pouco escesivos se nos puxeran diante uns elementos obsesivos, ou se serimos un pouco bestas se nos ubicasen nun contexto «bestial». Daquela, a resposta a túa pregunta é afirmativa:_Si, si que me sirvo de todo iso para escribir...e describir.
«Contos gringos» son relatos “americanos”, pero aos que incorporo os elementos propios da miña escrita»
–Por que lle interesa tanto a animalidade ata o punto de que os narradores dalgunhas destas historias non son seres humanos senón animais?
–É algo que xa experimentara nalguns relatos do meu libro anterior. A min gústame xogar literariamente con iso ata o extremo de que, en Contos gringos, hai narradores que non son nin humanos nin seres vivos. Iso paréceme un exercicio creativo moi interesante.
–Ata que punto o que coñecemos de Estados Unidos a través do cine e da televisión coincide coa realidade da vida e da xente de alí?
–Eu creo que, desde fora, sempre temos unha idea do relato que nós queremos ver ou do relato que nos venden. E o que pasa en EEUU é que é un país enorme, xigante, co cal xeralizar ou intentar crer que podes entendelo e coñecelo ben paréceme case que unha ficción, algo inacadable. Se a min Galicia xa me parece diversa, pois imáxinate esa sensación multiplicada por cen ou por mil.En xeral, penso que a imaxe que nos chega a nós de Estados Unidos e das súas xentes é unha versión dese país digamos que esaxerada e potenciada polo marketing, no que eles son moi expertos.
–Unha curiosidade, xa que estamos a vivir unha «semana Trump»: percibiu Vde. que en Estados Unidos a xente fala moito, pouco ou nada de política?
–Non podo respostar e esta pregunta con rotundidade nin xeralizar, pero si que a min, dende logo, pareceume un país moito máis conservador do que nos acreditamos. Malia que, todo hai que decilo, eu fun precisamente a dar cun sitio que é moi, moi conservador. O que si apreciei é que a política, e os políticos, o mesmo que aquí, tamén están alí moi presentes ma vida cotiá, sobre todo nestes tempos de polarización. De todos os xeitos, eu cheguei á conclusión de que a América profunda é moito máis grande que a América que non o é; de feito, alí ainda xurden debates sobre asuntos que, en Europa, xa temos moi superados dende hai moitos anos. O malo é que, no senso negativo, hai cousas que pasan alí, e que logo suceden aquí, e estou a falar, por exemplo, de asuntos como a privatización da sanidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Detenido el capitán de un pesquero gallego por esclavitud a bordo
- El temporal deja ya vientos de casi de 180 km/h, vuelos desviados y más de 600 incidencias en Galicia