“A movida dos 80 puxo a semente da industria musical galega”

En Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground (Galaxia) Fernández Rego racha coa tópica visión de que a “movida” dos 80 estivo en Galicia absolutamente protagonizada pola cidade de Vigo e fai un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia

Fernando Fernández Rego.

Fernando Fernández Rego. / Matías Fernández

Lourdes Varela

–Era unha cuestión de xustiza contar que, en realidade, o que houbo foi precisamente unha “movida galega” e non estrictamente viguesa? Foi acaso esa unha das principais razóns que lle motivaron a escribir este libro?

 –Non, de feito sigo a pensar que o de Vigo foi foco principal dos 80, e non só a nivel musical, senón tamén noutros eidos como a poesía ou as artes plásticas. O que pasa é que, até este, non había ningún libro que englobase os 80 en Galicia conectando varias das “movidas” que xurdiron naquela década, e foi desa idea da que partín para escribilo. E aconteceume que, mentres o escribía, fun descubrindo que ainda había moitas máis cousas por contar do que pensara e que aquedaran ao marxe, incluídos os contextos sociais, políticos e económicos daquela época.

 –Á marxe da música, de todas as expresión artísticas que se manifestaron en Galicia nos 80, cales destacaría hoxe e que quizais pasaron mais desapercibidas naqueles anos?

 –Hai varias. O audiovisual dos 80, por exemplo, non é moi coñecido, e ahí temos aos Xavier Villaverde, Antón Reixa, Teo Abad…con obras que aínda continúan vixentes e argallando conexións coa música. Tamén están os fanzines e otras publicacións underground, das que eu cheguei a catalogar máis de un cento en toda Galicia. Asemade, está a plástica co movemento Atlántica e, sobre todo, a poesía, a que eu deico un capítulo que inclúe aos colectivos Rompente e Ronsel, ambolos dous tamén da pioneiros das perfomances en Galicia.

 –E poderíase engadir a moda.

 –Si, claro, pero preferín centrarme naquelo que tiña unha vertente contracultural.

 –Xurxo Souto está a presentar un documental sobre o bravú. Cales cre que foron as principais aportacións do bravú ao panorama musical e cultural galego daquela época?

 –A retranca e o costumismo xa entrararan non rock, nomeadamente con Siniestro Total e Os Resentidos, e na miña opinión o bravú recolleu ese “legado” e fixo que a lingua galega entrase de pleno no rock e, ademáis, dende fora das ciudades: daquela, en cada vila pequena, xurdía un grupo destas características. Digamos que encheron de orgullo galego a esa música: co bravú por fin tiñamos unha ligua e unha temática propia do rock, e ademáis pódese decir que ata inventaron un novo xénero porque no bravú é todo galego

 –Un fenómeno moi curioso foi o de Los Suaves. Sabíase que os seus concertos enchían de xente salas e ata pabellóns no só en Galicia, senón en toda España. Por qué se tardou tanto tempo, alomenos mediáticamente, en recoñecerlle os seus méritos?

 –Ao igual que lle pasou a moitos otros grupos, Los Suaves tiveron que “picar moita pedra” para obter recoñecementos. E, efetivamente, malia que eran moi seguidos por moita xente, nos grandes medios non se lles comezou a prestar a atención ata mediados/finais dos 90. Facer o que eles facían, apostar polo hard rock naquela altura era moi complicado, e mais en Galicia, entre outras razóns porque, a diferencia dos da movida, eles carecían de conexións con Madrid, unha chave que daquela era imprescindíbel se o que querías era ter repercusión mediática. Eu incluíno neste libro porque, malia a súa por aquel entón “invisibilidade” mediática, son imprescindíbeis en calquera relato dois anos 80.

 –A que grupos e artistas sinalaría como pioneiros do rap en Galicia?

 –A primeira xente que fixo rap en Galicia estaba dentro ou no entorno dos Siniestro Total, ata o punto de que de ahí naceron os Def con Dos, que se convertiu nunha banda de referencia a nivel estatal. E despois tamén hai que falar de Lugo, onde a finais dos 80 xa había unha conexión importante co breakdance, e dese núcleo xurde Charly J, que edita un disco con Sons Galiza que se considera un dos primeiros discos de rap galego xunto co dos xa citados Def Con Dos. Iso, nos 80,porque o que veu despois xa o habería que enmarcar na década seguinte, os 90.

–Tamén nos 80 déronse os primeiros pasos do cine en galego. Se non fora por aqueles pioneiros, o prestixio actual do que goza o audiovisual galego actual podería ter sido posible?

 –Houbo grandes figuras, como as que citei antes, que abriron un camiño e incluso axudaron a argallar a etiqueta Novo Cinema Galego, na que hoxe en día identificanse moitos cineastas de noso. Pero o dos 80 foi moi importante porque hai que ter en conta que os videocreadores galegos desa época despois acadaron premios a nível internacional e, por enriba de todo, un recoñecemento importante na industria audiovisual española.

–Por que no libro descartou incluir a eclosión do Novo Folk Galego que, ainda que floreceu nos 90, en realidade xestouse nos 80, e tamén do jazz, que naquela altura daba os seus primeiros pasos en Galicia?

 –Porque quixen centrarme fundamentalmente dende unha perspectiva máis achegada ao punk, ao rock e ao pop, mais que nada porque creo que esa posmodernidade contracultural dos 80 non tiña que ver, nomedadamente co folk,no senso de que co folk xa se viña traballando dende os anos 70: era, xa que logo, unha movida anterior: velai estaban os Milladoiro, Doa…

–Na película “A vida de Brian” faise a célebre pregunta de “¿Qué fixeron os romanos por nós?" Daquela, facendo un balance: ¿Qué fixo á “movida” dos 80 por Galicia?

–A movida puxo no mapa de España a música feita en Galicia e a todo luxo, sobre todo con Siniestro Total, Golpes Bajos ou mesmo Semen Up que acadaron un recoñecemto moi importante pero, sobre todo, a partir de ahí Galicia empezou a contar cunha emerxente industria musical: fundanse os primeiros estudos de gravación, ábrense salas de concertos, constúense, os primeiros selos discográficos…digamos que se poñen as pedras do que é a industria musical galega que, ao mesmo tempo, prendeu nos medios de comunicación, que emprendenron mais polo miudo o seguimento da actualidade cultural do país.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents