«Cuidado com o cão», Alberto Ardid no Espazo SVT
A mostra poderá visitarse en Vigo ata o próximo 7 de febreiro
![Alberto Ardid en el Espazo SVT](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/d6f3f5db-bd23-406b-9ae3-4aa6faf8ca29_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Obras de Ardid expostas en Vigo /
Alberto Ardid (Vigo, 1986) ofrece no Espazo de Arte SVT a súa nova obra so o título de Cuidado com o cão. Estamos perante un tipo de pezas e unha montaxe que salienta pola multiplicidade de enfoques, que van desde o pictórico até creación de traballos marcadamente obxectuais. Con todo, dentro dun conxunto de obras aparentemente desemellantes podemos achar un común fío no feito de presentar unhas creacións plásticas que se posicionan seguindo un camiño moi autorreflexivo, con prácticas que o emparentan co minimalismo e o conceptual, e que entende a actividade creativa ligada a unha intensa dualidade, marcada pola tensión entre a experiencia vital e creativo e o seu contacto co contexto político-cultural, incidindo nunha lectura fluída con materiais industriais que agachan a man do artista como fonte de creatividade e de reflexión. Para ese propósito segue estratexias de produción artística que parten da experimentación coa ensamblaxe dos materiais entendéndoas como unha serie de prácticas que posibilitan pór en cuestión as estruturas xerárquicas, apostando por unha lectura cultural desde o signo que a leva a un mundo cultural en certo sentido afastado de connotacións puramente estéticas. Alberto Ardid centra o seu interese, xa que logo, máis no uso de formas e obxectos para finalidades conceptuais que en intencións estéticas ou documentais.
Un exemplo evidente desta maneira de traballar está no referente citado no título como motivo de reflexión conceptual e formal: un simple obxecto banal de consumo que propicia unha actitude irónica e tamén se liga co mundo do consumo ou a cultura do cotián.
Estamos, por tanto, perante un tipo de preocupacións que se sitúan en sintonía con algúns dos fenómenos do noso presente e que ten como punto de ligazón común o feito participar dunhas redes de información compartidas. Cómpre lembrarmos que a relación entre a transferencia, o intercambio, os fluxos de comunicación espazo-temporais e a arte é unha ligazón natural, como a que se establece en calquera outro ámbito da actividade humana en que a realidade da comunicación é unha presenza constante e, en certo sentido consubstancial.
Outra cuestión, de extraordinaria importancia para entendermos este feito, é a vinculación que se establece entre a presenza dos procesos de transferencia no ámbito estético, a súa utilización na creación artística e a recepción social que favorece.
- Título: Cuidado com o cão.
- Autor: Alberto Ardid.
- Curadoría: Ángel Cerviño.
- Local: SVT Espazo de Arte, Sirvent, Gran Vía, 129, Vigo.
- Até o 7 de febreiro de 2025.
Ironía e crítica
É evidente que historicamente os obxectos susceptíbeis de múltiples ligazóns foron «representados» e que esta «representación» implicaba unha asimilación e/ou unha xustificación das cadeas de relacións. Desde as representacións prehistóricas ou as imaxes de poder ligadas a calquera ámbito de comunicación e dominio, a arte non fixo máis que transmitir os feitos sociais xa dixeridos e asimilados como manifestacións culturais, en certo sentido lexitimando a obxecto representado.
Coidamos que este fondo de ideas e conceptos está presente na vontade creativa de Alberto Ardid. A exposición, pois, móstranos algúns dos percorridos transitados pola arte desde que a cultura de masas se converteu en materia creativa, e como consecuencia a manipulación crítica da mesma se fixo realidade, percibíndose nas obras unha vontade de deconstrución do discurso por medio da utilización e creación do obxectos que pretenden pór en cuestión os mecanismos que dominan a nosa realidade global, sen faltaren olladas sobre a nosa sociedade, desde os seus aspectos máis banais e cotiáns –a linguaxe máis superficial– até o sentimentos máis fondos e universais, que nos fan ver a través do espello da imaxe consumida e de reprodutividade xeneralizada.
En conclusión, estamos perante unha concepción que entende a obra como discurso e como rexistro, nunha estrutura envolvente, crítica e irónica, que articula todo o proxecto expositivo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma