A primeira movida
50 aniversario de Zeleste
A mocidade emerxente dos derradeiros anos do franquismo procurou novos camiños que desbordasen as estreitas marxes que o réxime impoñía. O emprego das linguas territoriais (Els Setze Jutges, Voces Ceibes) axudou a redefinir unhas sociedades fragmentadas e co castelán como único idioma posible. Pero tamén era preciso rachar esas pequenas conquistas con propostas alternativas como as que apareceran en Europa e Norteamérica. E unha delas callou, no caso catalán, no Grup de Folk (desde 1967). No seu seo había dúas correntes, unha das cales –que personificaban Jaume Sisa e Pau Riba— definíase como galáctica ou onírica. Riba publicou os dous discos de Diòptria (1970 e 1971), considerado pola revista Enderrock como o mellor álbum da discografía catalá.
Esta dualidade de estilos entre a Nova Cançó e mais as novas correntes do rock en catalán tivo unha primeira manifestación nos dous festivais celebrados en Canet de Mar: as Sis hores de Cançó (1974), cunha asistencia de 60.000 persoas, e Canet Rock (desde 1975), cun éxito semellante, organizado polos promotores da sala Zeleste, inaugurada un ano antes en Barcelona, que foi filmada por Francesc Bellmunt.
Agora hai cincuenta anos da apertura desta sala nun antigo negocio téxtil da zona histórica de Barcelona. Modificou o ambiente do barrio de Santa Maria del Mar, con restaurantes como o Senyor Parellada, e agora podemos facer balance do que tal feito significou para a renovación cultural catalá e, por extensión, española. Unha primeira constatación foi que os promotores de Zeleste non só abriron novos camiños ao rock e mais o jazz senón que recuperaron músicas para unha mocidade que tamén quería diversión como sempre se fixo: bailando. No primeiro apartado estaban grupos com Ia & Batiste (procedentes de Els Tres Tambors, del Grup de Folk), Màquina! (co seu álbum Why!) ou a Companyia Elèctrica Dharma, que souberon combinar o rock coa música tradicional e de sardanas, que anos despois popularizaron como himno «La presó del rei de França». No outro grupo estarían Ricardo Solfa (heterónimo de Jaume Sisa) coa Orquestra Plateria (liderada por Manel Joseph, de Dos+Un, tamén do Grup de Folk), o químico Jordi Farràs metido a cantante de música cubana como La Voss del Trópico ou Gato Pérez, arxentino de ascendencia española que, despois de estar no grupo Secta Sònica, renovou a rumba catalá.
A mocidade daqueles anos bailaba co novo rock e co rock de sempre, cancións de Bonet de San Pedro ou ritmos caribeños, vindicando a Antonio Machín ou Pérez Prado, secuestrados anos atrás pola cultura franquista. Daquela xeira podíanse bailar chachachás, boleros ou cancións melódicas, renovando os bailes de festas maiores sen a rixidez das orquestras tradicionais. Pero en paralelo, non podemos esquecer a aparición de publicacións como en 1974 Ajoblanco e Userda (1977, en catalán) que encetaron as reivindicacións polo feminismo, o medio ambiente, as opcións LGTBI, pola saúde mental ou o urbanismo sostible.
Un conxunto que serviu para que callasen novas propostas no momento en que caía o dique do franquismo agonizante. Unha situación ben distante da que, case con fórceps, tivo lugar uns anos despois nun Madrid que necesitaba, como auga de maio, unha modernidade que non tivera desde os anos da Segunda República. Uns fórceps –fronte á absoluta espontaneidade barcelonesa- que tivo o apoio oficial desde o concello de Enrique Tierno Galván («Madrid me mata») ata diversos programas de radio (Moncho Alpuente), xornalistas (Paco Umbral en El País) ou salas como Rock-Ola. Os grupos que emerxeran daquela tiñan o punk como perpiaño e o movemento non foi callar ata 1981, cando se celebrou un concerto en homenaxe a «Canito», membro de Tos (futuros Los Secretos).
Aires vigueses
Á situación política e social xeral, en Vigo confluía unha crise industrial cuxa expresión máis dura foi a folga xeral de 1972. A mocidade viguesa precisaba respostas e estas chegaron desde un galeguismo que por primeira vez non era ruralista e por un sentimento urbano que, malia expresarse en castelán, non estaba de costas ao país.
Foi sorprendente pero non casual a aparición de grupos como Siniestro Total, Semen Up, Aerolínieas Federales, Golpes Bajos ou Os Resentidos, con Antón Reixa á cabeza. Locais como <em>El Kremlin</em> (en Coruxo), entre outros, acolleron aquela emerxencia insólita de grupos de calidade máis ca salientable. Esta circunstancia foi o motivo para que ben axiña fosen chamados a Madrid para que reforzasen (Madrid sempre se apropia do alleo) a movida que alí aparecera.
A cousa tivo posibilidade de callar nun serodio (1986) tren que irmandase as movidas das dúas cidades («Madrid se escribe con V de Vigo»), proxecto que finalmente acabou da peor maneira no pazo de Castrelos. Sería que a guía política sobraba e que como recordaban The Refrescos (co vigués Bernardo Vázquez), en Madrid non hai praia. Vaia, vaia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- La Audiencia aconseja a un matrimonio de Vigo vender la residencia familiar ante el fracaso de la casa nido
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma
- Un pasajero que subió al tren con destino a Vigo en la estación de Vilagarcía agrede a una revisora de Renfe