Pablo Carreiro presenta o seu novo libro: «Xirarei!»
Unha oda a Galica en BD
Raquel López
Co Nadal ao virar a esquina, Pablo Carreiro fainos o seu propio agasallo. O autor vigués, que consegue publicar unha obra case cada ano desde 2019, sorpréndenos desta volta cunha segunda novela gráfica. E agora, e por primeira vez, redactada en galego. Quizais isto se convirta nunha nova tradición á que mirar sen quedarmos cegos.
Pablo Carreiro dálle un pequeno descanso ao seu soado personaxe Berto, protagonista dos catro volumes das andanzas autoficcionadas de Chico!, e publica Xirarei!, unha oda á «galeguidade» que será a envexa da publicista da campaña de… [inserir aquí o nome dunha famosa cadea de supermercados]. En 2021 tróuxonos, baixo o selo Editorial Libros Indie, Ukiyo!, unha obra tan didáctica como tenra e divertida sobre a cultura xaponesa, que o propio autor define como «un canto de amor» a Xapón; deste xeito, o «xaponismo», como el cualifica constitúe un dos vectores clave que conforman a personalidade de Carreiro. A estas alturas case todo o público debería saber tamén que outros dous son as Spice Girls e Sailor Moon, pero esta triada é unha mesa coas patas mal distribuídas se deixamos fóra un eixo esencial: Pablo é e seéntese moi e moito galego. E aínda que non sempre o demostre, porque ás veces esa paixón por Xapón ocupa demasiado espazo, por fin escoitou a súa cadeliña Vega, e decidiu render unha homenaxe á súa terra.
A viaxe arranca cunha breve introdución de Isaac Pedrouzo (Ourense, 1981), para dar paso a un «descubrimento» cada vez que pasas a páxina. Desde Ana Kiro ou a Santa Compaña ata o Grupo Nós ou a eterna rivalidade Celta-Dépor, pasando polo club Xabarín, a torre de Hércules, Luz Casal ou o Entroido, entre moitos moitos outros. Xirarei! vén resultar así un percorrido emocional e emocionante polos enclaves físicos, culturais e históricos de Galicia. Unha guía exprés que recolle retallos da tradición popular, musical, gastronómica, literaria e folclórica e crea unha manta de mil cores que resume os grandes «hits» desa cultura que tanto admira. Así é como explica Pablo Carreiro Galicia ao mundo, co seu particular estilo entrañable, cheo de humor alegre e falangueiro, mestura de retranca e tenrura, moita anécdota e moita faísca, deixándose acompañar, como sempre, por pequenas historias persoais e a súa contorna máis próxima. Pablo Carreiro celebra a identidade galega desde un profundo agarimo e respecto, pero narrada cunha proximidade que dá moita calidez á experiencia.
Para esta divertida aventura estréase na editorial Cuarto de inverno, a editorial independente de David Cortizo e Andrea Jamardo que, dende 2019 e dende Arzúa, dá cabida a proxectos diferentes e arriscados coma este.
Pablo Carreiro descubriu o seu amor pola banda deseñada comenzando polo manga cando era ben pequeno, algo que definiu o seu futuro porque desde entón soubo que o que o facía feliz era debuxar. Licenciado en Psicoloxía, con experiencia no campo de Recursos Humanos, decidiu pechar esa porta e abrir outra completamente diferente cando a súa empresa pechou hai uns anos. Na persecución do soño, pasou anos buscando o seu estilo e pasando por cursos de debuxo, tendo entre os seus profesores a artistas da talla de Norberto Fernández (Pontevedra, 1967). É consciente de que o mellor compañeiro do talento é o esforzo, confesa que «a debuxar apréndese dedicando un anaco cada día. Non hai máis segredo que ese. Debuxar e debuxar moito». E iso é exactamente o que fai, por iso leva xa publicados Chico! #1 (Librospuntocom, 2019), Chico! #2 (Editorial Libros Indie, 2021), Ukiyo! (Editorial
Libros Indie, 2021), Chico! Los que van detrás de la fila (Editorial Siete Islas, 2022) e Chico! Lo que me gusta del verano (Editorial Siete Islas, 2024). Xirarei! é a súa sexta novela gráfica.
Bonos Activa Comercio
Os Bonos Activa Comercio, coñecidos en anteriores anos como Bonos Cultura e cun valor de ata 50€ por aquel entón, reactívanse para a campaña de Nadal.
Cunha partida orzamentaria de 2,5 millóns de euros, o luns 9 de decembro arranca esta nova reedición, xa que na primeira se esgotaron en apenas unhas horas. Novas usuarias e usuarios poden solicitalo, e persoas que non gastaron os bonos con anterioridade poden recuperar o importe non utilizado; tamén novas tendas non incluídas poden adherirse nesta secuela, cuxa validez terá ata o 31 de decembro.
Cada persoa poderá facerse cun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar nos distintos establecementos comerciais adheridos ao plan (identificados cunha pegatina ou póster coa imaxe da campaña), a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: 5€ en compras de 20 a 30€, 10€, de entre 30€ a 50€ e 15€ en compras superiores a 50€.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma