Nudistase vexetarianos
Pensamentos alternativos (III)
Alfredo Iglesias Diéguez
O naturismo, como forma de vida alternativa baseada na práctica do nudismo social non sexual en público, bateu en máis dunha ocasión coa intolerancia da Igrexa, como ben saben os catorce nudistas da Coordinadora Nudista Ecolóxico Radical que no verán do ano 1983 foron detidos por membros da Garda Civil na praia de Baroña (Porto do Son).
Nas orixes do naturismo: o socialismo utópico: Nun momento no que a industrialización e a urbanización estaban a alterar profundamente a sociedade europea do século XIX, algúns pensadores utópicos -como Fourier e Owen -promoveron a idea de fuxir do mundo para construíren espazos de liberdade e igualdade, como os falansterios, que se fundaron en diferentes lugares de Europa e América nos anos centrais do século XIX. Anos despois, a idea das comunidades utópicas foi recollida e reformulada por pensadores anarquistas como Elisée Reclus, quen inspirou a creación de comunidades como a Clairière de Vaux, que permaneceu en funcionamento entre 1902 e 1907, onde se puxo en marcha un experimento de comunismo libre no que «cada quen produciría segundo as súas capacidades e cada quen consumiría segundo as súas necesidades». Así mesmo, ademais promoven a igualdade de xénero, a liberdade sexual, a abolición do diñeiro e a educación en igualdade, así como o vexetarianismo e o nudismo, que consideran dúas formas de volver recuperar o estado natural propio da humanidade. Esta primeira experiencia, dirixida por Georges Butaud e Sophia Zaïkowska, inspirará outros proxectos, como a cooperativa Terre Liberée, dirixida por Louis Rimbault, que defenden o desenvolvemento dun modo de vida non violento e naturista.
En Alemaña tamén se difundiu un importante movemento naturista vinculado ao movemento anarquista por eses mesmos anos, pero paralelamente desenvolveuse un importante movemento naturista vinculado a correntes médicas hixienistas, que promovían un retorno á natureza mediante o nudismo. A chegada ao poder de Hitler no ano 1933, mostrou unha difícil relación do naturismo co nazismo, xa que nun primeiro momento o nudismo, entendido como unha forma de culto ao corpo foi vinculado coas doutrinas euxenésicas nazis, polo que foi defendido polas autoridades, que o consentiu o naturismo en espazos retirados.
O naturismo na actualidade: No ano 1953 fundouse a Federación Naturista Internacional, que é a organización que agrupa a todas as asociacións naturistas do mundo. No Congreso celebrado en Agde (Francia) no ano 1974 estableceuse que o naturismo é «unha forma de vida en harmonía coa natureza caracterizada pola práctica do nudismo coa intención de fomentar o respecto propio, o respecto aos demais e ao medio ambiente».
Na actualidade, o naturismo exprésase de diferentes formas... xa non hai aquel pulo de comunismo libertario ou de anarco-comunismo..., efectivamente segue habendo comunas máis ou menos autoxestionadas, pero en moitos casos a experiencia nudista redúcese á práctica do nudismo en praias, encontros deportivos -fundamentalmente de natación-, sendeirismo..., polo xeral actividades ao aire libre que fomenten un contacto pleno coa natureza.
Non obstante, segue a haber figuras, como Margaux Cassan, que defenden unha radical diferenza entre nudismo -que pode ser un acto de protesta política, velaí as accións de Femen- e naturismo, que consiste en vivir o máis preto posible da natureza, en comunidade, facer curas de auga e sol, alimentarse de pratos vexetarianos, fuxir da cidade, defender unha contracultura na que a nudez permite recuperar o propio corpo desprovisto do desexo que outros proxectan sobre os corpos ‘téxtiles’, como sostén no libro Vivir al desnudo (Plankton, 2024), no que sinala tamén as vinculacións do naturismo coa espiritualidade -fundamentalmente o hinduísmo-, así como con outros estilos de vida.
De veganismo e animalismo
A orixe do vexetarianismo sitúase na antiga India védica, hai máis de 2500 anos; dende aí semella que se espallou até a Grecia clásica, onde o vexetarianismo tamén estaba asociado a movementos de carácter relixioso. Así mesmo, o cristianismo primitivo proliferaron movementos vexetarianos que vivían en harmonía coa natureza, especialmente os animais. Sobre estas bases, ao longo do século XIX o vexetarianismo enriqueceuse con reflexións nutricionais e médicas, argumentando que a carne era prexudicial para a saúde. Fronte ao vexetarianismo, no ano 1951 xurdiu a Vegan Society, que define o veganismo como unha filosofía e forma de vida que pretende excluír calquera forma de explotación e crueldade cara os animais, xa sexa para alimentación (carne, peixe, ovos, leite...), vestido (coiro, la, peles...) ou calquera outro fin (zoos.., experimentación...), polo que se considera un estilo e unha filosofía de vida. Neste sentido, o veganismo coincide co obxectivo animalista de pór fin ao especismo ou discurso ideolóxico que lexitima a discriminación animal, e de defender os dereitos dos animais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma