Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Eduardo Esteban Presidente da Asociación «Colón Galego»

“O Colón galego saíu reforzado no documental de RTVE”

Malia que, aparentemente, a tese da orixe galega resultase descartada no documental Colón ADN. Su verdadero origen, emitido por RTVE, Eduardo Esteban considera, polo contrario, que a teoría galega non só gañou en difusión senón que, probabelmente, amosou que é a que máis se achega á verdade histórica sobre o berce do Descubridor

Eduardo Esteban Meruéndano, en Pontevedra.

Eduardo Esteban Meruéndano, en Pontevedra. / Gustavo Santos

–Cabe preguntarse: E agora que? A asociación que Vde. preside vai adoptar a actitude de que “aquí non pasou nada”?

–É que eu non acredito que, tanto no documental como na investigación, a teoría do Colón galego resultase descartada. De feito, cando ollei o documental, quedei encantado, cáseque contendo a emoción, porque se ben é certo que as demais teorías si quedaron, se non descartadas, bastante perxudicadas, non ocorreu o mesmo coa tese galega. É máis: a verdade é que eu penso que nós saímos moi beneficiados. Considero que con esta investigación se abriu una vía de amizade e de colaboración, como asi mo fixo saber o doutor Lorente, quen me admitiu que hai una serie de feitos sobre o Colón de Poio polos que aínda debe ser tida moi en conta a nosa teoría.

–Pero non me negará que hai un antes e un despois desta investigación.

–Pois claro que os hai, iso xa o sabiamos. Pero cando nos convidaron, decidimos participar porque o noso principal obxectivo era a divulgación da nosa teoría galega en case todo o mundo. E iso coido que o conseguimos.

–Quizais o erro foi apostar demasiado forte pola la tese da identificación de Colón con Pedro Madruga?

–Nós, como asociación, non falamos nunca de Pedro Madruga en concreto, sobre todo cando existen certos documentos que certifican que Pedro Álvarez de Soutomaior finara anos antes do Descubrimento (outro asunto é que eses documentos sexan certos). A asociación, o que considerou é que era moi factible unha relación entre os Colón e os Soutomaior, porque estes eran os nobres donos destas terras, pero quen en realidade tiñan os cartos, eran os do gremio dos Mareantes. Nese senso, moitos documentos avalían esta relación entre os Soutomaior e os Colon, e estes últimos eran navieiros, formaban parte do colectivo dos Mareantes, e acobadábanse tanto coa nobreza como co clero da época. Polo tanto, a nosa aposta era, e continúa a selo, a relación entre os Colón e os Soutomaior, pero non concretada en Madruga, e por iso se examinaron os restos mortais de persoeiros desta familia, porque era unha posibilidade que había que contrastar científicamente.

Colón ADN, su verdadero origen foi criticado dende moitos puntos de vista. Para empezar, arguméntase que o ADN non pode determinar que unha persona fose xudía ou non. Porén, Vdes. si que incluso aceptaron que puidera ser xudeu, dato recollido nas súas investigacións.

–Asi é. O documental tivo en conta as nosas teorías segundo as cales Colón puido ser xudeu, e tamén adianta que, malia que o Descubridor non fose un dos Soutomaior, ben puidera ser un xudeu galego doutra familia, e así o recoñeceron, tal e como se recolle na tese galega. Ou sexa, que esa vía quedou aberta diante do deterioro dos ósos dos restos mortais da familia Colón no cemiterio de Poio.

–E en Galicia había varias xuderías naquela época.

–Si, claro. Estaban as de Pontevedra, Tui, Ribadavia, Betanzos… Pero, se nos centramos en Pontevedra, sabemos da importancia que tiña, porque xa desde os primeiros escritos de Celso de la Riega figura unha pontevedresa chamada Susana Fonte Rosa como nai de Cristovo Colón. O ADN pode descubrir os ancestros, pero non a terra de nacemento. Neste senso, o estudo pode avaliar as orixes xudías de Colón, mais, segundo todos os indicios que temos, o noso Colón era cristián, aínda que puidera ser que fose xudeu converso. Tamén manexamos documentación na que se fala del como un cristián e ata cabe a posibilidade que o fose dende o seu nacemento.

–Que casualidade! A nai xenovesa ten por apelido Fontanarrosa.

Sobre isto teño a sensación de que, en realidade, os italianos copiaron da teoría galega, entre outros este dato descuberto por Celso de la Riega e atopado en documentación do século XV, para adaptalos á súa comenencia.

–E nunca asinou como Colombo?

-Non, todos os seus escritos están asinados como Colón ou “de Colón”, nada de Colombo, tal e como tamén figura nas Capitulacións e de xeito moi reiterado.

–As dúas teses portuguesas saíron moi mal paradas. Non se foi demasiado inxusto con elas? Pensa que hai incluso unha maneira de compatibilizar a tese galega coas portuguesas?

–Nós levámonos moi ben con eles e, si, é certo que as dúas teorías poden ser compatíbeis. Deume mágoa a descalificación tan tallante que se fixo das súas teses, porque eu confirmei que eles son xente moi ben preparada e coñecen a teoría galega porque saben que ambas as teorías son permeabéis entre elas. De feito, botei en falta que se afondase máis nas bases históricas que sustentan as dúas teorías portuguesas

–O documental recoñece que a orixe queda moi aberta, pero acredítase que os restos da catedral de Sevilla si son os de Cristobo Colón. Vdes. cren que iso é xa irrefutable?

–Eu non me podo permitir o luxo de dubidar desta conclusión, porque non son un científico nin podo falar dos métodos técnolóxicos empregados, que axiña tamén se darán a coñecer. O que che podo dicir é que os restos do fillo si que estaban en boas condicións, pero é moi importante que se descartase o «irmán», Diego, e que se identificase como un parente lonxano, posiblemente un curmán segundo ou terceiro do Almirante. Pero isto corrobora aínda mais, precisamente, a teoría galega segundo a cal non se coñecían irmáns de Cristobo Colón, de feito nós non puidemos demostrar, e agora compróbase que tamén neste caso que tiñamos razóns. Por outra banda, os restos da catedral de Sevilla estaban moi contaminados, e isto lévame a pensar que as mostras compartivas se fixeron nunha gran porcentaxe coas do ADN do fillo

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents