Cherchez la femme!
Das artes, da literatura e do amor
Non hai unanimidade á hora de situar a orixe desa frase tópica que sostén que detrás dun gran home hai sempre unha gran muller. E tópica porque houbo grandes homes sen parella feminina, do mesmo xeito que houbo grandes mulleres con compañeiros sen sona. Pero postos a procurar nos casos nos que eles e elas andaban igualados a méritos, habería que aplicar aquela máxima, da policía francesa cando, perante un crime, buscaba unha presenza feminina: cherchez la femme.
Se nos situamos na nosa contorna cultural, o primeiro caso dun home e mais unha muller de mérito intelectual que viviron unha historia de amor é o de Abelardo e Eloísa no século XII. Nacida ela dunha relación entre unha dama de Champaña e un senescal de Francia, viaxou a estudar a París, onde namorou do seu mestre Pedro Abelardo. Castigado este (castrado) por uns sicarios do tío dela, cóengo da catedral, a parella separouse pero as cartas que se cruzaron constitúen un dos cumios da literatura medieval. Do seu lado, a lírica provenzal situou no cumio a muller (midons) mentres a galego-portuguesa fixo da coita á senhor o seu motivo. Dante Alighieri e Francesco Petrarca, con Beatriz e Laura, cantaron abertamente as mulleres que lles serviron de inspiración.
Temos que saltar ata a Idade Contemporánea para atopar mostras dabondo de parellas formadas por artistas. No Romanticismo, tal vez a que máis sona colleu foi a formada polo compositor polaco Fryderyk Chopin e mais a escritora francesa George Sand, que o atendeu na súa fráxil saúde. E sen saír dos ambientes franceses daquel século, teriamos o caso do escultor Auguste Rodin e da quen foi alumna, musa e colaboradora súa Camille Claudel.
Xa no século XX e no campo da pintura, unha das parellas máis célebres foi a da pintora Frida Kahlo co muralista, tamén mexicano, Diego Rivera. Compartiron unha vida que non foi doada tanto polos problemas físicos que ela padecía como polos mutuos maltratos e infidelidades del. Malia todo, ela converteuse nun auténtico símbolo pop e feminista. Outras mulleres que tamén participaron do surrealismo quedaron eclipsadas polos homes cos que viviron: Jacqueline Lamba por Breton; Dora Maar, por Picasso; ou Gala Éluard, por Dalí. Uns casos semellantes aos de Kandinsky e Gabriele Münter, ou Jackson Pollock e Lee Krasner.
O mundo do cine e da música foi proclive ás unións entre artistas. Non sempre foron estables nin xeradoras de inspiración mutua pero cando na pantalla coincidían, todo era posible. Sería o caso de Humphrey Bogart e Lauren Bacall, ou Richard Burton e Elizabeth Taylor. Ou cando estaban a lado e lado da pantalla, como Woody Allen e Diane Keaton; Roman Polansky e Sharon Tate; ou Sofia Loren e Carlo Ponti. No campo da música, teríamos a John Lennon e Yoko Ono; Serge Gainsbourg e Jane Birkin ou, entre nós, Ana Belén e Víctor Manuel.
Xa nas letras, as parellas formadas por Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí; Carles Riba e Clementina Arderiu; Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir; os nosos Rosalía de Castro e Manuel Murguía; Scott e Zelda Fitzgerald; ou Ramón Menéndez Pidal e María Goyri. Entre o teatro e mais o cine temos a Arthur Miller e Marilyn Monroe. Iso sen esquecermos nas ciencias o matrimonio de Marie e Pierre Curie, e no da fotografía Robert Capa e Gerda Taro.
No caso de escritores lonxevos e en ausencia de parella por separación ou morte, adoitan aparecer candidatas, moitos anos máis novas, para o papel de viúvas eternas. Evidentemente, danlles un alento renovado na súa vellez e tal circunstancia dá un extra de folgos para alongar unha carreira fecunda. Serían os casos de Rafael Alberti (viúvo de María Teresa León) con María Asunción Mateo; José Saramago e Pilar del Río; Jorge Luís Borges e María Kodama; ou o de, non exento de conflitos posteriores, Camilo José Cela e Marina Castaño. Mulleres con méritos, sen dúbida, pero que tal vez non acadarían sona como a que obtiveron de non ser por eses matrimonios.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- La Audiencia aconseja a un matrimonio de Vigo vender la residencia familiar ante el fracaso de la casa nido
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- La tajante decisión de Antena 3 después de que Cristina Pedroche y Chicote se colarán en las Campanadas de TVE: así zanjaron la broma
- Un pasajero que subió al tren con destino a Vigo en la estación de Vilagarcía agrede a una revisora de Renfe