Libros
Libros recomendados da semana
VV.AA.
A poética da febre
Abrasador poemario
Oriana Méndez
Unha sensación de calor moi intensa e dolorosa producida pola sede é o significado ao que nos remite As asuras, o novo título do prolífico poeta lugués Luís Valle. Péchase así un ciclo de vinte e cinco anos de escrita lírica que están marcados polos galardóns, o recoñecemento crítico e, en definitiva, un rigoroso e altamente interesante traballo de linguaxe poética. Segundo podemos ler na contracapa do libro, editado por Barbantesa, “As asuras é un poema sobre a epilepsia e a derruba do edificio psíquico. poesía nos lindes do desposuimento, a febre e o tremor.”
Dentro, recíbenos unha cita do Talmud evocadora e significativa, pois afonda no sentido do título cun valor catafórico: “Todos os soños seguen a boca”. O sentido do gusto abafado ou desecado é o universo sensorial que nos arrodea. A arquitectura formal destas asuras caracterízase por unha singularidade notable, posto que o que se desenvolve é un único poema que poderiamos chamar o particular Bloomsday de Valle, pero infernal. Un día no inferno con paradas ou estacións marcadas polo rexistro horario.
libro comeza, entón: “00:00 [Catorce de xullo de mil novecentos setenta e sete, xoves]. Nacer á morte tal día coma hoxe. As pálpebras alasan fatigadas pola luz. Só o galo canta, e só canta unha vez”. E conclúe, dando unha volta exacta: “00:00 [Alguén ladra. A eternidade non é a forma]. Repousan alegres e vivas nos meus ollos, as doce cores do baleiro.” Polo medio, perséguese un inventario áxil e mesmo vertixinoso de caseque cada minuto dun día que se abre á escuridade. Percepcións, reflexións que atordan o espírito e constitúen o edificio poético coma coidadísimo mapa con multitude de referencias históricas e literarias que se vinculan coa devastación. É o territorio da doenza desde os pródromos á discrasia, pasando polas tomas dos medicamentos coma o Tegretol. Escrita febril e acelerada que leva a unha lectura sen descanso dun poemario abrasador que indaga os límites do corpo e do espírito.
Aposta pola calma
Toda unha lección
María Navarro
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka veñen de conceder o XVI Premio Internacional Compostela para Albums ilustrados 2023 a Núria Figueras e Anna Font polo seu proxecto A visita, do que destacaron, entre outros aspectos, a perfecta construción do relato e as múltiples lecturas que ofrece.
Cando a súa nai sae da casa ,a raposiña recibe a visita de Silencio: con el merenda, baila e aprende a escoitar os latexos do seu corazón, a convivir coa calma e a interiorizar a importancia dos sons que van máis alá do que ven os ollos.
Nunha sociedade coma a actual onde o ruído trata de imporse á tranquilidade ou ao sosego porque é máis doado destruír ca (re)construír, as autoras do volume merecente do citado Premio fan unha aposta clara pola calma, polo repouso que ofrece a reflexión ou a abstracción para afrontarmos os retos que a vida cotiá vai deixando a cada un de nós e que deberemos sortear ou abordar coa maior das firmezas, sexa cal sexa a idade ou a condición do individuo.
Para transmitir tal idea tanto texto como imaxe atópanse en total harmonía a tal punto que permiten e/ou propician varias interpretacións que teñen que ver coa intención e o propósito que guían a posta en escea das personaxes e os referentes extralingüísticos que se derivan do procesamento da información de forma que o plantexamento do relato, sinxelo e coidado e froito dun pensamento meditado que amosa madurez, é ampliado polo trazo que expresa liberdade, que suxire cordialidade e que esboza desexo, é correspondido pola cor que o inunda todo para acabar producindo unha sensación de benestar moi efectista para o lectorado, pequenos que han de percibir a esencia do compromiso co outro. Toda unha lección!
Fonda e humana
Crónica do agradecemento
Xosé Feixó
Delphine de Vigan (Boulogne-Billancourt, 1966) é unha autora gala de temática tráxica e triste, fonda e humana, que parte da súa propia experiencia persoal, como así o poñen de manifesto algunhas das súas obras, dada a anoxeria nerviosa que padeceu na adolescencia (Jours sans faim, 2001) ou o internamento da súa nun psiquiátrico por padecer un transtorno bipolar (Rien ne s’oppose à la nuit, 2011), por exemplo.
A súa última e interesante novela, Les enfants sont rois (2021), trata o problema da exposición dos nenos ás redes sociais, e a penúltima, que hoxe comentamos, As gratitudes (2019), é moi triste, realista, evocadora, reflexiva e apaixonada. Trata sobre a gratitude, e arredor dela constrúese unha fermosísima historia que fará recapacitar o lector sobre os seus comportamentos coas persoas ás que debe mostrar gratitude, cousa que normalmente no se fai, como dar as grazas a todas aquelas persoas que dun xeito ou outro nos axudan ou axudaron na vida.
Ao perder un ser querido, xa tarde, pensamos ás veces canto lle debemos e que pouco lle fixemos ver o agradecimos que estábamos; pensamentos como “Sen esa persoa eu non estaría aquí”, “Canto a boto de menos!”, “Que mal a tratei!” ou “Puiden tratala moito mellor”, “Que importante foi para min!”, “Débolle tanto!”, “Fun suficientemente agradecido?”, “Pedoaríame que non a tratase tan ben como merecía?”, “Estiven ao seu lado cando me necesitou?”... Neste caso trátase dunha anciá, internada nunha residencia os últimos meses de vida, deteriorada e que vai esvaecendo cada vez máis, pero á que dúas persoas agradecidas, que traballan na residencia, lle renden gratitude por cousas do pasado. Lectura moi recomendable.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes