A vida na serra
Museo Etnográfico Louzã Henriques, Lousã

Vista exterior do museo / Arquivo do museo
Moi preto de Coímbra, e porta de entrada ás “Aldeias de Xisto”, Lousã, ademais da magnífica serra que lle dá nome, conserva un burgo histórico con monumentos e edificios de interese. Un deles vén resultar o da propia Câmara Municipal: un proxecto de João de Moura Coutinho, realizado segundo o gusto da arquitectura do século XVIII e construído entre 1930 e 1934. Próximo ao consistorio atópase o actual Museo Etnográfico Louzã Henriques, que mostra os traballos e mais os días da vida campesiña de outrora. As pezas están formadas pola colección do propio médico e da recompilación municipal.
Manuel Louzã Henriques (1933-2019), que dá nome ao museo, foi médico psiquiatra, escritor, político, músico, pensador e etnógrafo, gran comunicador cheo de sabedoría cultural e científica que foi recoñecida en vida. Fillo ilustre do concello, en Lousã tiña o seu refuxio, xa que adquiriu unha casa no centro e unha propiedade na aldea de Xisto de Candal onde pasaba tempadas. A Câmara Municipal adquiriu o inmoble na vila e reconverteuno en museo etnográfico –inaugurado o 24 de xuño de 2005– ao que lle deu o seu nome para acoller unha parte significativa do seu acervo de cariz etnográfico, formado por coleccións únicas de cestería, arados, xugos ou carros de bois, entre outros obxectos de interese. Ademais de profesor na facultade de Medicina de Coímbra e escritor, Louzã Henriques era todo un experto en cultura popular, apartado no que foi figura habitual de congresos e encontros. Escribiu do tema, fixo as súas propias compilacións e estivo moi unido á liña de investigación etnográfica de nomes como Ernesto Veiga de Oliveira, Jorge Dias, ou Michel Giacometti, entre outros.
En 2020 o edificio foi obxecto de reformas para facelo máis accesible e dotalo de ferramentas multimedia que permiten unha inmersión plena no percorrido museístico. Sistemas de realidade aumentada e virtual, audioguías en varios idiomas e audiodescripción, así como vídeos e imaxes forman parte das novas ferramentas de comunicación con todos os públicos. Doutra parte, o proxecto museístico asenta no concepto “terra”, articulado en dous eixos: “transformar” e “significar”. O primeiro inclúe a sementeira, o ciclo agrícola ou a cría de animais. O segundo engloba o calendario campesiño, así como festas, ritos ou tradicións. O edificio ten tamén unha galería de exposicións temporais, actualmente dedicada á agricultura lusitana. O período da matanza, a elaboración de cerámica, a cociña serrana, a obtención do pan, do aceite, os labores do liño ou oficios como os de ferreiro ou zapateiro son algunhas das seccións que se poden coñecer.

Manuel Louzã Henriques (1933-2019) / FdV
Mais Lousã conta con outro espazo museístico que leva o nome doutro fillo ilustre, Álvaro Viana de Lemos, (1881-1972), pedagogo, profesor, escritor e coleccionista e impulsor do museo municipal no que poden verse libros, moedas, estampas, obxectos artísticos e curiosidades que se van sumando ás doazóns dos propios lousanenses.

Pezas expostas nas diversas salas / Arquivo
Trátase tamén dun espazo de exposicións temporais de pintura, escultura, fotografía e outras formas de arte. E é así mesmo a porta de entrada e centro de recepción das “Aldeias de Xisto” no que se dá información detallada do que é un dos grandes reclamos turísticos do municipio: trátase as poboacións que conforman a paisaxe monumental e paisaxística da Serra de Lousã a través de pequenas casas rurais construídas coa típica pedra serrana. A Rede de Aldeias engloba 27 localidades, cinco delas no propio concello. Son Candal, Cerdeira, Talasnal, Casal Novo e Chiqueiro despregadas nun territorio que conserva arte, tradición, gastronomía e natureza.
Suscríbete para seguir leyendo
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Cae un balcón de un tercer piso en la plaza de Compostela, junto al mercadillo de Navidad: «Pudo haber sido una desgracia»
- Un accidente de moto acaba con la vida del hijo del concejal del PP de Cangas José Luis Gestido