Para acabar en cinza

Miguel Mosquera na Fundación Laxeiro

Para acabar en cinza: a visión de Miguel Mosquera sobre a catástrofe dos incendio forestais na Fundación Laxeiro

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor

Suscríbete

¿Ya eres premium? Inicia tu sesión aquí

Elías Regueira / Pedro Fernández

O espazo expositivo da Fundación Laxeiro presenta unha mostra de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), un artista que se achega no seu traballo á catástrofe dos incendios forestais -en concreto os que asolaron o sur de Galicia en outubro de 2017- como medio preferente para as súas pescudas a respecto da condición humana e do contexto material e vital da nosa contemporaneidade.

A exposición componse de tres elementos ben diferenciados. Primeiramente, imaxes de mapas dalgúns dos territorios afectados, nas cales foron sobreimprimidas mensaxes obxectivas, referentes a datas, hectáreas e localizacións, e mensaxes poéticas, ou reflexivas, que expresan algunhas das ideas básicas que, para o artista, son causa ou efecto deste fenómeno, alén de imaxes, ás veces sobre os mapas, de elementos definitorios dese territorio, como froitos ou follas de árbores, e outras veces, elementos definitorios da extinción de incendios, como siluetas de helicópteros, sinalización de lume, etc.

Un segundo nucleo está composto por tecidos pendurados con impresións fotográficas de imaxes da paisaxe forestal despois de ser queimada. Complétase o proxecto con caixas de cartón, instaladas en mesas que, a modo de poema-obxecto, mais tamén de proba pericial, conteñen cinzas ou outras probas materiais do acontecido, envasadas ao baleiro e catalogadas co lugar e a data da recollida, acompañadas dun mapa de localización e un poema, asinado un grupo de colaboradoras e colaboradores.

A interacción destes tres elementos principais consegue articular unha retórica que apela á concienciación do público, sen perder o seu interese artístico que, neste caso, podemos encontrar no xogo de mudanzas contextuais dos obxectos e dos documentos cartográficos, intervidos cunha linguaxe próxima á publicidade e tamén, á dimensión poética das caixas de cartón, en que, unha vez abertas, asistimos a un despregue de sentimentos expresados coa palabra e o obxecto físico.

  • Título da mostra: Proxecto incendios

    Artista: Miguel Mosquera

    Comisariado: Javier Pérez Buján.

    Local e data: Fundación Laxeiro, Vigo. Até o 2 de xullo de 2023.

A exposición exemplifica de forma nítida as liñas principais do labor do artista: a pormenorizada organización inicial do proxecto e o laborioso e metódico traballo de campo, que sempre procura integrar na imaxe resultante o fondo social e a presenza política do contexto. Con este tipo de traballo Miguel Mosquera constrúe un discurso visual intensamente autorreflexivo e entende a actividade creativa ligada a unha forte dualidade, marcada pola tensión entre a experiencia vital e o seu contacto co contexto natural, que é tamén político-cultural, incidindo na maneira en como o medio pode ser degradado. Para ese propósito segue estratexias de produción artística baseadas na instalación entendendo o seu uso como unha práctica que posibilita pór en cuestión os diferentes ámbitos de ligazón co espazo concreto, apostando pola análise do impacto no contexto social específico. Na obra de Mosquera a expresión do efecto da problemática ambientalista e político-social é froito dunha actitude reflexiva en que o importante é patentizar a vontade analítica, diseccionando os mecanismos de actúan sobre a nosa sociedade. Esta denuncia faise inserindo diferentes xogos de relación con intenso sentido crítico.

  • Las 49.000 hectáreas quemadas y las cuatro vidas segadas en solo tres días de octubre de hace dos años han actuado como punto de inflexión para reformular la lucha contra los incendios y rediseñar el modelo de extinción

O traballo de Miguel Mosquera parte, pois, no esencial dunha dialéctica entre o espazo, obxecto e a imaxe, complementándose cunha importancia relevante dada á planificación e ao aspecto procesual da obra, con ese fluxo entre o interior -en que está en cuestión a mensaxe e a compoñente emocional- e exterior -en que se subliña o que está exposto ao público-. O resultado tamén ten unha certa carga esteticista, lembremos que desde Plinio temos testemuño da singular atracción que a catástrofe provoca nos seres humanos, esa especial sedución que a contemplación da traxedia instaura como algo que nos lembra e transporta a ámbitos abisais da nosa condición. Unha concepción que foi elevada no século XVIII, coa estética do sublime, a elemento conformador da contemplación e da elaboración artística. Proxecto incendios, coa captación da vaga de incendios do 2017, combina o documento social e unha indiscutíbel ligazón cunha tradición estética ligada á contemplación da ruína.

Suscríbete para seguir leyendo