Creativa: o festival das ideas
Unha nova aposta pola expansión cultural
Judith R. Iglesias
En Vigo están a pasar cousas: exposicións, charlas, talleres, presentacións de libros... ,palabras dando voltas á rutina e mais os días, entre o 18 de abril e o 5 de maio, marcados nas axendas. Pero retrocedendo unhas cantas páxinas no calendario, todo comezou cunha idea: facer algo arredor do Día Internacional da Creatividade (21 de abril). Nace así o festival Creativa, impulsado pola revista Dot e a Galería Maraca, como punto de encontro onde arte, ilustración, música, deseño ou moda se abren camiño nunha nova forma de lecer cultural.
“Maraca abarca moitas disciplinas, e o nexo de unión entre todas elas é a creatividade”, sinala Raúl Bermúdez, comisario da galería e fundador da revista Dot. Así, o evento, que conta co patrocinio de Cervexas Alhambra, alberga durante máis de dúas semanas a presenza de case corenta creadores, para amosarnos o seu traballo e reflexionar sobre o panorama artístico actual. O discurso de Creativa artéllase arredor de catro espazos: o Museo Marco, La Contenedora, o Espazo Río Lagares e mais a propia Galería Maraca; para conformar un evento que, como expresan desde a revista Dot, “procura achegar a cultura a novos públicos, expandindo os seus límites, tanto espaciais como conceptuais”.
Deste xeito, na Galería Maraca podemos descubrir o traballo de Álvaro P-FF, deseñador e ilustrador coñecido polas súas portadas e carteis para artistas musicais como Joaquín Sabina, Bunbury, Ozzy Ousburne ou Luz Casal, a través da exposición Radio Blitzkrieg; así como tamén esoutro do artista urbano Basket of Nean, que presenta Playing in Vigo, coa súa característica técnica de mosaico. A elas súmase este 29 de abril, e desde o Espazo Río Lagares, Videoclub’92, unha mostra do ilustrador Daniel Diosdado, coa que nos fai rememorar a Exposición Universal de Sevilla no seu trinta aniversario.

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor
Suscríbete¿Ya eres premium? Inicia tu sesión aquí aquí
Eli Regueira/ FdV
Así e todo, Creativa vai máis alá e tórnase un escaparate para a visibilidade de multitude de traballos, contados coa voz dos seus creadores. Talleres, charlas, mesas redondas, presentacións de libros e concertos enchen esta primavera en Vigo de diversidade cultural. Conta Raúl que a idea foi “traer persoas que non adoitan vir e que, por algún motivo, se atopan no seu momento, para termos un cartel amplo, novidoso, actual e, desde un principio, paritario”. Así pois, contaremos con presentacións de libros como Dibujo, luego pienso de Javirroyo (Lumen Gráfica, 2023) ou Vivir del diseño de Ana Gea (Gràffica, 2021). Tamén é importante, sinala, a presenza de creadores galegos, como o estudo publicitario As Peaky Branders, a poeta Lúa Mosquetera, o taller da artista do collage Lara Lars ou a maioría dos participantes nas chamadas “Charlas Maracas”: isto é, micro-presentacións nas que nove creativos amosan o seu traballo en sete minutos e co apoio de vinte diapositivas. “Non somos un congreso. Somos un festival”, comenta Raúl, “esta é unha palabra elixida a conciencia porque queremos ser un modo de ocio no que se consuma cultura como se fai no 2023, dunha forma distendida e non excesivamente pesada ou técnica”. Así, como aconteceu no Día da Creatividade, este 27 de abril celébrase o Día Internacional do Deseño, da man da revista Gràffica e as “Charlas Maracas” de autores como Raúl Camañas, infografista no xornal La Vanguardia, a deseñadora gráfica Anais Fernández ou o estudo de deseño de interiores Lusquiños.
“Todos os espazos que participamos nesta primeira edición estivemos de acordo en que hai unha necesidade cultural e vivimos un momento no que é posible cubrila”, afirma Raúl
Deste xeito, La Contenedora, concept store e centro de eventos e exposicións, acollerá o 2 de maio unha charla sobre “Músicas Galegas Ilustradas”, proxecto de Laura Romero, e unha mesa redonda sobre “As mulleres na industria cultural”, encabezada por catro figuras femininas con cargos importantes dentro do noso panorama creativo, como Cristina García, directora de comunicación de Esmerarte ou Tamara Noboa, directora da revista cultural A Movida Vigo. A programación culminará coa proxección no Museo Marco da película documental Bienvenido Mr. Banksy o vindeiro 4 de maio, que contará coa presencia do seu director, Carlos A. Quirós.
A nada como punto de partida
O 21 de abril de 2018 celebrouse o primeiro Día Internacional da Creatividade e a Innovación, co obxecto de fomentar o pensamento creativo para darlle forma a un futuro sostible. A cultura, en continuo movemento, é un reflexo da nosa realidade e un portal para visibilizar os silencios, abrindo camiños de sons.
O festival Creativa vive así a súa primeira primavera, recollendo o testemuño dos creadores. O 26 de abril, Carlos Galán, CEO e fundador da principal compañía discográfica independente de España, Subterfuge records, pasou pola Galería Maraca para contar a súa traxectoria, desde o seu primeiro fanzine ao éxito de grupos como Dover ou Samantha Hudson. Así o fixeron tamén, no Día da Creatividade e en formato de “Charlas Maracas”, a ilustradora Bea Gregores, os fotógrafos Arancha Brandón e Lino Escuris e mais a ceramista Paula Ojea, entre outros. “Cando comezamos a traballar en Creativa”, lembra Raúl Bermúdez, “queríamos facelo sobre o concepto de cultura independente, aínda que é un termo raro porque a independencia é relativa”.
En Vigo están a pasar cousas: exposicións, charlas, talleres, presentacións de libros... Ideas que primeiro foron... espazos en branco.
Suscríbete para seguir leyendo
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
