Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Libros

As leccións da Historia

Detalles e coloquialidade

Detalle da ilustración de portada de "A batalla de Rande".

Detalle da ilustración de portada de "A batalla de Rande".

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

María Navarro

A temática histórica resulta sempre atractiva, é o máis parecido a unha máquina do tempo: viaxamos á época que queiramos, atrapa o noso interese, recrea a mente e/ou enriquece a visión do mundo. Se a isto engadimos que se presenta baixo o formato de novela gráfica o feitizo aumenta ao conxugar tanto a parte visual coma a intelectual o que supón un exercicio interpretativo interesante que os lectores han de valorar moi positivamente.

A batalla de Rande, texto excrito por David Braña e ilustrado por Pablo Prado que vén de publicar a editorial Galaxia, é unha boa mostra do que acabo de describir no que a historia da ría de Vigo é, en palabras de Damian Troncoso Saavedra, impresionante xa que ademais de ser habitada pola orde do Temple, de sufrir o ataque do corsario Francis Drake e de ser habilitada como lazareto para enfermos no século XIX e como campo de concentración ao finalizar a Guerra Civil no XX, foi escenario nos primeiros anos do século XVIII dunha cruenta batalla naval nas que se enfrontaron as coalicións angloneerlandesa e a hispanofrancesa no contexto da Guerra de Sucesión española e que pecha a día de hoxe un misterio digno de ser abordado.

O detalle, a actualidade e a coloquialidade coa que os autores tratan o tema son quizais os piares sobre os que se constrúe a historia narrada e que facilitará a comprensión dunha parte do relato da contorna da cidade olívica que é un espazo tamén na actualidade impregnado de especulacións acerca do que sucedeu hai máis de tres séculos e que se converte, en virtude das imaxes, dos breves textos que a acompañan e dos referentes actuais nun volume no que a historia cobra vida e aniña no corazón de quen se achega a ela coa intención de entender o presente.

  • A batalla de Rande

    David Braña (Pablo Prado, ils.)
    Galaxia, Vigo, 2023, PVP. 17 €

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents