Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Libros

Contra o machismo

Acertado debut

Detalle da ilustración de portada de "Non temerás os coches amarelos".

Detalle da ilustración de portada de "Non temerás os coches amarelos". / Francisco Martínez Bouzas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Francisco Martínez Bouzas

Estamos diante dun novo debut dunha xornalista na narrativa de formato longo. Refírome a Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973), finalista e galardoada en varios certames de relatos curtos. Non temerás os coches amarelos é a súa primeira novela, ganduxada con varias fías narrativas. O capítulo 22 que repite o título da novela encerra boa parte dos miolos da mesma: Dina, autora implícita, que traballa como bolseira nun xornal, regresa de noite ao seu fogar, cando un vello coche amarelo se detén onde ela se atopa. Dous mozos asoman polas ventás do seu lado. Un deles baixa e diríxese a ela; agárraa do antebrazo e tira dela para erguela. Dina non se resiste, mais, malia o tremor da man, abre a cremalleira do seu bolso e saca un mango metálico, aperta o resorte e sae o fío do coitelo que lanza cara á garganta do mozo. A rabia que sente despraza o medo. Pero o fío do coitelo no pescozo do mozo foi a súa salvación. Neses intres todo o tempo estivo repetindo: “Xamais serei unha vítima”.

Un capítulo que salienta o fincapé da novela na descrición e na condena das posturas machistas, explotadoras e a violencia de xénero da sociedade galega. Un tema que renace varias veces no relato salientando o pavor con só pensar o que pasaron tantas mulleres hai anos, e aínda hoxe é algo que se repite: se un home mata a súa muller era algo que a ninguén lle importaba xa que era algo da súa propiedade. Todo iso sen ter en conta o macromachismo económico que impera no xornal. Mais a protagonista Dina non renuncia á violencia para erradicar a violencia machista, xa que a violencia aniñara nela na súa nenez.

A acción narrativa, a cadea coherente de acontecementos rexida pola lei da sucesividade e da causalidade, bascula entre a actividade de Dina no xornal no que traballa, a súa vida sentimental e sobre todo a súa loita contra a violencia de xénero, e o apego á vida rural da que se considera a última xeración á que se atopa ligada por pertencer a unha familia de labregos que xa viu a tecnificación, se ben tamén lembra o trato con tratantes ou o apaño das patacas. Sen ser unha novela lineal, e malia as moitas secuencias anacrónicas internas, entre elas o escuro negocio das minas de volframio, onde traballara o avó, a vida do pai nas plataformas de petróleo, a fame e as necesidades que se pasaba no tempo dos avós, as rifas dos pais cada mañá que Dina vivira na súa nenez, a galerna de 1961, a análise crítica sobre o oficio de xornalista, que non forman parte da trama principal, cómpre recoñecer que non estorban, xa que ademais de se leren con pracer contextualizan a cerna temática de novela.

  • Non temerás os coches amarelos

    Marta Villar
    Xerais, Vigo, 2023, PVP. 18,52 €

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents