Psiquiatría

Memorias de Conxo

Manicomios, psiquiatría e sociedade (e II)

Fachada do Sanatorio de Conxo.

Fachada do Sanatorio de Conxo. / Cipriano Luis Jiménez Casas

Na España dos anos 60/70, os manicomios dependían do Ministerio da Gobernación, a través do Padroado Nacional de Asistencia Psiquiátrica (PANAP). Era o caso do de Leganés, dirixido por J. A. Vallejo-Nágera, no que traballei entre 1966-1968, ao tempo que facía a especialidade na Escola Profesional de Psiquiatría da UCM ao coidado de López Ibor. No manicomio os pacientes estaban clasificados en función da súa situación socioeconómica: “sucios”, beneficencia e privados. Os tratamentos organicistas utilizábanse de forma masiva e indiscriminada: electroshocks, insulinoterapia ou aversivos para os alcohólicos. Nesa altura aparecen os primeiros fármacos neurolépticos (largactil), para os enfermos con esquizofrenia.

En Galicia, a psiquiatría 60/70, xiraba tamén arredor dos manicomios: Conxo, Toén, Castro de Ribeiras de Lea, O Rebullón, e sanatorios privados en Santiago, Vigo, Lugo e A Coruña. O de Conxo foi inaugurado en 1885, quince días antes da morte de Rosalía de Castro quen se refería a ese espazo en termos de “fermoso retiro coas súas verdes frescuras, o seu claustro e o seu silencio”. Catro anos antes Rosalía publicara El primer loco”. Erixido mosteiro por Xelmírez no 1106, a Mitra Compostelá sería a responsable deste paradigmático manicomio galego, superando os cárceres na miseria, amoreamento, fame, suicidios e morte dos enfermos mentais. En 1941 morrereu nel a terceira parte dos internos por mor da fame e mais a gripe. O manicomio nacera, entre outros motivos, como un bo negocio que se foi ampliar desde 1891. As estancias eran abonadas por Institucións Publicas e mais as propias familias. O número de prazas aumentou de 300 a 600 e chegou ata 900. En 1971, o manicomio acadaría 1.575 prazas.

Cun crédito autorizado por Roma, as obras do novo manicomio, nas que interviron accionistas composteláns, rematan en 1902. O cardeal Quiroga Palacios, despois de comentar con Franco en Meirás a situación do manicomio, xestionou a venda deste por 51 millóns de pesetas en 1969. Neste momento o manicomio producía uns beneficios de mais de un millón de pesetas ao mes, distribuídos entre accionistas e mais a propia igrexa, que tentou que non se repartisen, cuestión que foi rexeitada polos accionistas.

A deficiente comida, a cativa limpeza, os dormitorios superpoboados, catro retretes para 600 enfermos e o baño cada quince días mantíñanse como norma aínda en 1972. Cadanseu louco levaba unha tatuaxe no brazo que mostraba o número da súa historia clínica, e era visto polo psiquiatra unha media hora ao ano. Xa en 1927/1932 os Dres. Villamil e Lois denunciaran as condicións calamitosas dos pacientes, sen que se lles dera resposta.

"A década dos 70 supuxo para Conxo varios proxectos de reforma"

A década dos 70, supuxo para Conxo, una serie de proxectos de reforma, que xa tiveran lugar en 1966, no manicomio de Asturias e foran suprimidas despois dunhas folgas en 1970/1971. Os profesionais que iniciaran as mudanzas en Oviedo foron requiridos para Conxo, e con eles deu inicio un proceso complicado de reformas e contrarreformas, por parte da Deputación de A Coruña. Xa 1973/1974, Conxo acadou sona de progresismo, atraendo traballadores doutros lugares do Estado. Duplicáronse os médicos e auxiliares, coa participación de todo o persoal, atenendo observacións criticas como a do Dr. Emilio González para quen “estaba de costas á propia realidade galega, non tiña para nada en conta a situación socio-económica, o número de pacientes, distribución xeográfica, lingua, cultura...” A reforma foi criticada e en paralelo, en 1974, comezou o ataque á mesma por lles dar liberdades aos loucos, deixalos saír a Santiago ou permitirlles relacións sexuais, ao tempo que se suprimiron as asembleas de traballadores así como as comisións de docencia. En 1975, coa promulgación do decreto antiterrorista e da lei antifolga, a administración do manicomio foi despedida. As medidas autoritarias e represivas regresaron. A experiencia progresista chegara ao seu fin.

Memorias de Conxo

Roberto Nóvoa Santos (1885-1933). / Cipriano Luis Jiménez Casas

[object Object]

En Galicia, os profesores Roberto Nóvoa Santos (1885-1933), e José Pérez L. Villamil (1904-1996) non foron alleos ás correntes das escolas de Viena, Berlín ou París, no campo da medicina e a psicanálise. Novoa Santos cita a Freud no seu libro Manual de Patoloxía Xeral (1916) e nas obras Physis e Psiquis (1922) e Cuerpo y espíritu (1930). Villamil mantivo correspondencia con Freud en 1933 que xa comentamos -16 de marzo de 1990- neste mesmo xornal.

Nóvoa Santos, coñecedor da psicanálise no apartado sobre patoloxía das sensacións xerais, fai referencia á necesidade e mais ás perversións sexuais, aludindo á Escola freudiana, da cal recolle os conceptos sobre a sexualidade infantil, complexo de Edipo, autoerotismo, narcisismo, exhibicionismo, fetichismo ou sadomasoquismo. No discurso inaugural do curso académico 1920-21 da USC, Nóvoa elixiu un tema filosófico, “o problema do mundo interior”, facendo mención á organización psíquica freudiana. Escoitouse así falar publicamente de preconsciente, consciente e inconsciente. Para o profesor de Anatomía e director do manicomio de Conxo, Barcia Caballero, o discurso fora sincero e imparcial; para o cardeal Xosé Martin de Herrera tratábase dunha palestra modernista que levaba ao panteísmo, prohibindo a súa lectura e instando a quen tivese exemplares a que os entregue para a súa posterior destrución.

Suscríbete para seguir leyendo