Xerar expectativas

Unha interesante perspectiva

Detalle da portada

Detalle da portada / Xosé Feixó

Xosé Feixó

O monstro, agora en galego en edición da editora compostelá Hugin e Munin, é una novela curta de 1898 da autoría do norteamericano Stephen Crane (1871-1900), que orixinariamente se publicou xunto con outras historias, coa que foi a derradeira colección da súa obra que se publicou en vida. Nesta trata o tema das diversas tensións sociais por causa, principalmente, do racismo da época. Desenvólvese na cidade ficticia de Whilomville (inspirada en Port Jervis), Nova York, onde o protagonista, Henry Johnson, é un cocheiro elegante. Nunha ocasión, por causa dun incendio, ao querer salvar a vida do fillo do doutor Trescott, queda moi desfigurado polo lume, e daí o nome da historia. Polo seu valor, o doutor fai todo o posible por salvarlle a vida, cousa que consegue e á que moitos se opoñían, se ben coas consecuencias que xa dixemos, e tamén, en agradecemento, acólleo e cóidado, o que provoca que a comunidade o rexeite e o exclúa da vida social, tal e como habitual a finais do século XIX nos Estados Unidos, amosando a máis cruel intolerancia.

A narración, desde o punto de vista omnisciente, elixe a divulgación ou non dos acontecementos da trama, xerando un patrón de expectativa e interese do lector polo desenvolvemento dos acontecementos. O autor usa ademais con bastante asiduidade imaxes e figuras cargadas de simbolismo, e metáforas sobre a falta de vista, principalmente en realación coa falta de visión dos habitantes da cidade, tanto de xeito literal e real como moral, xogando co concepto de monstro, para facer aparecer máis coma tal o inmoral que o físico, e os que provocan o sufrimento máis que a vítima que os padece. Unha lectura con perspectiva interesante.

Monstro

Portada do libro

O MONSTRO (2022): Stephen Crane, Santiago, Hugin e Munin, PVP.14€

Suscríbete para seguir leyendo