Desde Roma ao MARCO

Arredor de Processi 148

No MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, pode verse até o mes de febreiro a exposición "Processi 148. Artistas e investigadores en residencia na Real Academia de España en Roma". A mostra, con curadoría de Enrique Bordes, reúne un conxunto moi variado e atractivo de obras e proxectos desenvolvidos polos 21 artistas que, na promoción 2020-2021, residiron no complexo conventual de San Pietro in Montorio, sede da Academia de Roma.

Proxectos das máis diversas disciplinas, da pintura ao deseño de moda, pasando polas artes escénicas, fotografia, gravado, videoarte, literatura, música, mediación artística, escultura e gastronomia, reúnense nunha mesma exposición. É o froito de meses de traballo, concepción de ideas retroalimentadas e experiencias compartilladas como resultado do programa anual de bolsas convocado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Enxergadas no seu conxunto, as diferentes propostas están inseridas moi conscientemente no ámbito cultural local romano e teñén maioritariamente uns puntos de referencia especificamente clásicos. Este aspecto non resulta sorprendente nun contexto como o romano porque a idea clásica é elemento substancial e rexe boa parte da identidade cultural da cidade que acolle os artistas; ao mesmo tempo, é tamén un medio flexíbel e plenamente moderno. Este substrato clasicista abranxe desde a Antigüidade romana até o Renacemento e a súa prolongación, coa arquitectura, pintura e escultura locais inzadas de valores cos que dialogar ou mesmo alterar profundamente, mais partindo deses referentes de equilibrio, serenidade, harmonía, pureza, claridade e ideal, unha retótica do clasicismo que pode ser alterada desde as distintas percepcións e intereses de artistas e investigadores.

Exposición Processi 148 no MARCO de Vigo

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor

Suscríbete

¿Ya eres premium? Inicia tu sesión aquí

Eli Regueira

O resultado expositivo, moi marcado polo período da Covid cos seus illamentos e encerramentos, podería ser definido como unha multiplicidade de desarranxos, nun proceso que non se constitúe nunha simple afirmación ou negación da herdanza, senón que permite establecer unha tensión, da que xorden as variadas estratexias dos artistas, ligadas á análise histórica, cultural e social ou mesmo orientadas cara a aspectos ben difrentes como unha captación sensual dos aspectos físicos do obxecto artístico.

Desde Roma aoMARCO

Desde Roma ao MARCO, unha peza da exposición. / Eli Regueira

A teor do observado na mostra do MARCO destaca o contacto dos artistas cun medio tan marcado como é o romano. O resultado presentado é un interesante mosaico de certos aspectos da arte actual, en que abundan traballos que parten do documento; os espazos de vida e traballo como marco relacional e creativo; as referencias temporais ao pasado e futuro e, finalmente, as imaxes co individuo como centro do discurso.En xeral, a captación do temporal e a súa visualización no ámbito plástico, un terreo de enormes suxestións ao longo da historia da arte e nas expresións artísticas contemporáneas, está moi presente na mostra que nos transporta a sensacións como fugacidade, ambigüidade, emocións intensas ou circunstancias vitais.

Desde Roma aoMARCO

Desde Roma ao MARCO, vista dunha das pezas expostas. / Eli Regueira

Estamos, xa que logo, perante unha exposición que consegue propiciar a reflexión sobre aspectos ben variados e ao mesmo tempo permite percibir o peso da tradición da cal o Tempietto de San Pietro in Montorio, sede da Academia, é modelo e compendio.

[object Object]

Fundada en 1873, o obxecto principal da Real Academia de España en Roma, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, é contribuír á formación artística e humanística a través da creación e a investigación.

Despois de 149 anos de vida, segue a renovarse como centro de produción artística e de xeración de coñecemento. Estamos perante un espazo de encontro para creadoras e creadores que desenvolven os seus proxectos mergullados entre a tradición do seu conxunto monumental (o complexo conventual de San Pietro in Montorio) e a innovación constante dunha sociedade global e tecnolóxica. De feito máis de 1.000 residentes conviviron en Roma e xeraron relacións nunha retroalimentación permanente que constitúe un dos seus sinais de identidade.Desde hai oito anos conta con axudas á produción da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Desta forma convértese nunha das residencias artísticas máis importantes do estado, semellante a outros centros de creación de referencia internacional.

Por medio das convocatorias anuais a Academia foi abríndose a novas disciplinas e actualmente están a levarse a cabo unha serie de melloras que sitúan os artistas e investigadores da Academia como protagonistas da institución, co obxectivo de converter a Academia nun centro de referencia en produción artística e en investigación.

Título: Processi 148. Artistas e investigadores en residencia na Real Academia de España en Roma.

Artista: Varios artistas.

Comisario: Enrique Bordes.

Produción: Agencia Española de Cooperación Intternacional para el Desarrollo (AECID) e Real Academia de España en Roma.

Local: MARCO, Museo de Arte contemporánea de Vigo.

Até o 5 de febreiro de 2023.

Suscríbete para seguir leyendo