Libros
Sombras que soñan unha vida
Retratos de mulleres

Detalle da cuberta de "Retratos en branco e negro".
Pilar Ponte
Abonda con ler o primeiro conto desta última entrega da coruñesa Charo Pita para decatármonos de que estamos diante dunha escritora e contacontos cunha capacidade fabuladora extraordinaria. Os catorce relatos que conforman este libro comparten características comúns sen perderen en ningún momento a súa autonomía.
O primeiro que debemos salientar é que están protagonizados todos eles por mulleres, mulleres do século XX e comezos do XXI, vellas que asan castañas na lareira contándolles contos ás súas netas, mulleres que proban o branco vestido de voda antes da cerimonia ou que lembran paisaxes nevadas da Telefunken Pal Color da súa casa da nenez, estas que buscan polo mundo adiante botellas con mensaxe á beira do mar ou aqueloutras que soben fotografías a Facebook.
Segundo imos avanzando na lectura, asistimos a unha mestura constante entre realidade e ficción ata o punto de, moitas veces, non sabermos en que lado estamos. Pantasmas e seres que se arrastran por este mundo e o alén buscando o seu lugar e son quen de romper a barreira entrambos os dous cunha presenza constante e normalizada do extraordinario e do máxico.
Unha outra característica que une esta presada de contos consiste na presenza constante da tradición oral na diversa temática que nos ofrecen, polo tipo de lingua, inzada de expresións orais, diálogos curtos e pola exposición maxistral dos escenarios e das personaxes cunha linguaxe clara e directa. Alén disto, a autora quere darlle unha solución de continuidade ás historias sen que perdan a súa independencia. Conségueo mediante reaparicións fugaces das personaxes protagonistas nos outros relatos configurando unha mesma realidade. Achamos seres errantes que aparecen en varias historias ou mesmo obxectos, como a bolsa azul “desas que daban nas froitarías”; e mesmo hai un conto no que viaxan nun tranvía varias personaxes de historias pasadas.
Podemos gozar, xa que logo, dun compendio de relatos onde Charo Pita quixo poñer en primeiro plano o recoñecemento das mulleres botando man, maxistralmente, da tradición oral que é quen de levarnos a ese “punto sen retorno onde conto e realidade se confunden ata o arrepío”.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia